Novas Deporte Escolar

Aliméntate Ben

"Vive o Rural"

Corazón de Carballo

Alumnado de 1º Ed. Primaria.

O pasado martes 28 de maio de 2024, os alumnos e alumnas de 1ºEP visitaron a granxa escola de Corazón de Carballo. Foi un gran día de convivencia gozando do horto, animais e talleres moi divertidos.

Grazas á Deputación de Pontevedra e o “Programa Vive o Rural” puidemos desfrutar desta experiencia.

Deporte na escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs Animados de Atletismo

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 23-24

Venres 24 de maio de 2024

 O pasado venres, día 24 de maio de 2024 teivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

Unha xornada na que participamos en lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreira de 60m, carreira de 500m  e proba de relevos.

Grazas a Agrudebam pola organización.

AgruDeBaM | Tomiño

Actividades no Medio Natural

Paseo  fluvial polo rio Miño

d@s nen@s de primeiro.

O pasado mércores día 22 de maio de 2023, o alumnado de 1º de Educación Primaria, realizou unha viaxe en barco polo Río Miño, no Cabo Fradera, grazas á Comandancia Naval do Miño. Unha actividade de achegamento ao entorno natural, que fixo as delicias dos máis cativos. Aprenderon dos deportes de auga, das plantas e da fauna do mesmo.

Moitas grazas a Comandancia Naval do río Miño por darnos a posibilidade de vivir o río dende dentro.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 23-24

O pasado mércores día 8 de maio,  tivo lugar a derradeira xornada de competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos e das medallas que gañamos. Parabens a tódol@s participantes, tamén atoparán máis información na web: Agrudebam

Milla Diver-xente

A Milla

Abril 2024

ODS 12,13 e 16

Biodiversidade

O Amieiro en Galicia.

Durante o mes de abril de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario. Neste caso recibiron as medallas do noso proxecto correspondentes ao ODS 12,13 e 16. 

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de maio coñecemos o ODS 12,  ODS 13 e ODS 16. Con actividades relacionadas as normativas.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. As madeiras son recollidas de restos de podas ou caidas.

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.


Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 23-24

O pasado mércores día 24  de abril,  tivo lugar a primeira xornada de competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe, na que participaron alumnado de 3,4º,5º e 6º. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos e das medallas que gañamos. Parabens a tódol@s participantes, tamén atoparán máis información na web: Agrudebam

Aliméntate ben

ROTEIRO E CATA DE PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES.

O pasado martes 23 de abril, tivemos o roteiro e cata de plantas silvestres comestibles con César Lema, doutor en Bioloxía pola Universidades de Vigo e  Máster en Agricultura Biolóxica e Goja Dmitrenko,  herborista clínica. Os dous son profesores en Academia de Plantas.

@yggdrasil_3_raices 

Aprendemos moito sobre a  gran variedade de plantas que temos na contorna e as súas propiedades alimenticias, curativas e medicinas.Xa eran empregadas polos nosos antepasados, pero hoxe en día, estase  perdendo esa tradición ancestral de facer remedios caseiros para tratar enfermidades. 

Ao rematar o roteiro tivemos unha cata de exquisitas receitas: doces, salgadas, bebidas, zumes, cremas, pizzas... feitas con plantas silvestres.

Moitas grazas pola vosa participación nesta actividade!! 

@yggdrasil_3_raices @voznatura #alimentateben #biodiversidsdedeplantassilvestres. 

 

Aliméntate ben

SACOS AROMÀTICOS DE LAVANDA.

o día 16 de abril de 2024 cada alumnx levou para a casa un saquiño aromàtico.

Os nenxs de 4⁰A e 2⁰B estiveron traballando os ODS 12 e 13.  Decidiron centrarse  nas propiedades das plantas aromàticas e medicinas e animarvos a todxs a empregalas máis, desde xeito podemos aforrar en ambientadores, xarabes, xabóns... coidando así do medio ambiente.

Estás son algunhas das actividades que levan facendo nestas últimas semanas:

-Elaboraron un libro de plantas medicinas para cada aula.

-Recolleron lavanda e menta da Horta.

- Pediron colaboración às familias para que trouxeran arroz e plantas ( moitas gracias, era moi importante para eles a vosa axuda).

- Fixeron 390 saquiños aromàticos de lavanda,  grazas  a "O Cruceiro do  Monte" por regalarnos a tela para elaboralos, familia dunha nena de 4⁰,  e grazas tamén a todos os que nos axudastes a montar saquiños, foi un bo traballo en equipo.

-E como remate, hoxe tivemos a visita de Dori, unha antigua profe do cole e avoa de alumnos que nos contou lendas interesantes sobre algunhas plantas, entre outras cousas, moitas gracias Dori.

Animádevos a cultivalas na horta ou en macetas, podemos facer moitas cousas con ellas.

voznatura #Diver-xente #ODS #voznatura #biodiversidade #ODS12  #ODS13 #sacosaromàticos #biodiversidadedeplantas

ELABORACIÓN DE XABÓN CON ACEITE

 

TALLER DE ELABORACIÓN DE XABÓN NATURAL

 

 Cómo hacer jabón casero: el truco de las abuelas para reciclar el aceite  usado

O 20 de marzo e o 4 de abril o alumnado de 6º e 4º de primaria tiveron un taller de elaboración de xabón empregando  aceite reciclado.

Esta foi outra actividade do programa Ponte a Zero do CEIDA, na que ademáis de elaborar xabón con aceite e plantas aromáticas da nosa horta, aprendemos como se pode reducir a contaminación substituindo produtos de limpeza comúns por outros máis respectuosos co medio ambiente coma o vinagre, o limón ou o bicarbonato.

Animádevos a dar un pequeno gran cambio nos vosos fogares!! 

 

 

 

Deporte na Escola

Carreira Popular de San Telmo 24

Sábado 6 de Abril 2024 ( Tui ).

             O pasado sábado de San Telmo, día   de Abril de 2024, a partires das 11:00h, tivo lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as  e adult@s  que se animaron participar. A proba estivo organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada. A nosa noraboa a tod@s   @s participantes, familias e sobretodo á fantástica organización.

 

Aliméntate ben

Merendas saudables do mes de abril e maio.

O alumnado de Educación Infantil e Primaria, segue coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de abril e maio. 

Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de abril e maio recomendamos receitas e merendas con Plátano, néspera, acelgas espinacas e tomates.

 

Aquí vos damos conta do saudable que merendan @s alumn@s do CEIP Nº2 de Tui. Noraboa rapazada.

A Milla Diver-xente

A Milla

Marzo 2024

ODS 10 e 11

Biodiversidade

O Piñeiro en Galicia.

Durante o mes de marzo de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de febreiro coñecemos o ODS 10 e ODS 11.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. As madeiras son recollidas de restos de podas ou caidas.

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Deporte na Escola

Xornada de Loita Escolar.12 de Junio Día Mundial contra el Trabajo Infantil. Gifs animados

C.E.I.P Nº2, C.E.I.P N°1, C.E.I.P Randufe,  C.E.I.P Guillarei, C.E.I.P Rebordáns de Tui e C.E.I.P Sobrada de Tomiño.

Hoxe venres día 22 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada de loita escolar na que participarón o alumnado de 4° de Educación Primaria do noso centro.  Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas!.

Preme na seguinte imaxe para ver os resultados e o video da proba.

 

A MILLA. BIODIVERSIDADE ARBÓREA

A MILLA

Biodiversidade arbórea da contorna.

 

O noso alumnado está a realizar millas a diario no patio do cole. O obxectivo é percorrer moitas millas e lograr a colección de medallas dos ODS que están elaboradas coa madeira de diferentes tipos árbores típicas da zona. Deste xeito coñecen a biodiversidade arbórea da contorna e as súas propiedades, os distintos ODS, ao tempo que fan deporte. 

Cada mes reciben unha carta da mascota da biblioteca, "Bit", que os invita a percorrer as millas para ir conseguindo as medallas de todos os ODS. Ademáis, cada mes propón que se investigue sobre un tipo de árbore diferente, xa que as medallas van feitas desas madeiras. 

Neste mes de febreiro conseguiron as medallas dos ODS 8 E 9, que están elaboradas con madeira de piñeiro.

Estas son as árbores que levamos coñecito ata o mes de marzo:

  • En novembro foi o eucalipto. Medallas para presentar os ODS 1 e 2  feitas de madeira de  eucalipto. 
  • En decembro foi o castaño. Medallas para presentar os ODS 3,4 e 5 feitas de madeira de   castaño.
  • En xaneiro foi o loureiroMedallas para presentar os ODS 6 e 7 feitas de madeira de   loureiro.
  • En febreiro foi a sobreiraMedallas para presentar os ODS 8 e 9 feitas de madeira de   sobreira.
  • En marzo foi o piñeiroMedallas para presentar os ODS 10 e 11 feitas de madeira de   piñeiro.

 

 

Ademáis da carta con información sobre a árbore, cada clase recibe as follas de rexistro mensual, nelas recollen as  millas que fan cada día. 

No panel do corredor central, vanse  rexistrando as millas de cada clase e as medallas que cada clase consigue.

 

Deporte na Escola

Xornadas Multideportivas.

C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.I.P Goián de Tomiño.

14-03-24

O pasado xoves día 14 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 3ºA e 5ºA do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas

 

Distribuir contido