Skip to Content

Decembro 2021

Campo a Través

Carreira Castro San Miguel Oia I Memorial Alejandro Gómez.

San Miguel de Oia Dec 2021

O pasado fin de semana celebrouse a Carreira de Campo a Través Castro San Miguel, este ano coa adicatoria ao atleta Alejandro Gómez.

Co Club Atletismo Tui participaron Elena e Violeta de 3ºC, alumnas da nosa escola, que quixeron compartir con nós os seus éxitos. Noraboa campionas e noraboa ao Club Atletismo Tui polo seu gran traballo.

 

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Día da discapacidade

10 de decembro de 2021.

 

O día 3 de decembro, celebrouse o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós, o venres 10 de decembro Gustavo Rodríguez e Aida Valiño.

O alumnado de 1º e 4º tivo a oportunidade de visualizar, como calquera persoa pode participar nos Xogos olímpicos. Gustavo falounos das distintas categorías que podemos realizar en tríatlon. Contounos que xunto a Héctor Catalá estiveron en Tokio acadando a medalla de Prata. Falamos da natación, da bicicleta e da carreira a pé.

Moitas grazas por deixarnos tan boas sensacións e tantas gañas de practicar deporte.

Seguimos o deporte

I Torneo de Fútbol de San Benito.

Gondomar.

06/12/21

O pasado luns, día 6 de decembro de 2021, tivo lugar o I  Torneo de Fútbol de San Benito, no Concello de Gondomar. Neste torneo participou Mateo Freiría de 3ºC co seu equipo, o Atios. Xogaron moitos partidos e pasáronno moi ben, mostra diso foi a medalla que gañou o seu equipo.

Mateo quixo compartir este momento deportivo cos seus compañeiros de clase, así que nos falou da xornada e truxo a medaia para ensinárnola.

Moitas grazas Mateo e Noraboa campión!.

Discamino

Discamino

O soño de facer o Camiño de Santiago.

2 de decembro de 2021.

O día 3 de decembro, conmemórase o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós os membros da asociación Discamino.

O alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de visualizar, como persoas con parálise cerebral, xordas, xordo-cegas, parapléxicas, poden facer e gozar da fantástica experiencia de facer o Camiño de Santiago.

O equipo de Discamino mostrounos as súas experiencias, co apoio de vídeos, medios dixitais de comunicación, etc...  Moitas grazas a Javier Pitillas pola súa labor e paixón, a Gerardo, Ana... que nos permitiron sentir a súa ilusión, os seus sentimentos e a súa forza para facer realidade os seus soños. Parabéns sodes grandes, moi grandes. Esperamos sigades facendo realizade os soños de moitas persoas ao igual que hoxe o fixestes cos nenos e nenas do CEIP Nº2 de Tui.

Aquí vos deixamos o enlace a web de Discamino, onde atoparedes máis información e vídeos intereses de como facer o Camiño de Santiago. Preme na imaxe que teis a continuación.



by Dr. Radut