Novas Deporte Escolar
|
|
|
|
50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui
28 de xuño 2004.
O pasado venres día 28 de xuño de 2024, ás 19:00h tivo lugar a celebración do 50 aniversario do noso centro educativo. Coa presenza do Xefe Territorial de Educación da provincia de Pontevedra Dn.César Pérez Ares, o Alcalde de Tui Dn. Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Educación do Concello de Tui Dna. Sonsoles Vicente Solla e a Comunidade Educativa do Ceip Nº2 de Tui presentouse unha placa conmemorativa do 50 aniversario, visitouse a exposición de fotografía de estes anos, tamén estivo a disposición un photocoll onde cada quen se fotografiou na simulación dunha aula dos comezos de esta entidade. Para rematar tivo lugar un acto emotivo do percorrido durante estes anos, da actividade académica, deportiva, proxectos, viaxes etc... onde estiveron o grupo folckórico Seixos Albos de Areas e algúns integrantes da Banda de Gaitas Arume de Malvas. Este foi o momento no que ademáis dos representantes da administración un antigo membro do Anpa, un antigo director e unha antiga alumna falaron do que supuxo o centro na súa vida.
Aquí damos conta de ese gran momento.
Grazas a tod@s por facer deste día un día especial.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
GAÑADORES DA 7ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL "MISIÓN SOSTIBLE: ACCIÓN SALVAR O PLANETA".
O pasado luns día 24 de xuño, tivo lugar a entrega de premios do concurso de debuxo que organizou o Consorcio Augas do Louro e no que participou o alumnado do CEIP Nº2 de Tui. O uso da auga, o seu coidado para salvar o planeta foron os obxectivos do mesmo. A alumna de 4º B Alejandra Vidal foi unha das finalistas. Noraboa!!
TUI ALEJANDRA VIDAL RODRÍGUEZ - CEIP PLURILINGÜE Nº 2. FINALISTA
Para máis información prema aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar
Xoves 20 de xuño de 2024.
O pasado xoves día 20 de xuño de 2024 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.
Unha xornada onde o alumnado coñeceu patrimonio, experimentou sensacións e investigou sobre o Camiño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O noso centro no Faro da Escola.
Durante este curso 23-24 o noso centro participou no Faro da Escola de Faro de Vigo. O alumnado foi quen de editar un xornal, para isto visitamos a sede de Faro de Vigo, e na escola editamos todas as noticias que tiveron que ver con nos. Noticias deportivas, de actividades no medio natural, do 50 aniversario, de Voz natura, conmemoracións etc.
Mestres do centro estiveron o día da súa impresión na rotativa.
E o día 20 de xuño recibimos no colexio a nosa publicación. Menuda emoción.
Tamén recibimos 2 premios de Faro da escola. Mellor portada e mellor publicidade.
Grazas a Faro de Vigo por tanto.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tui en Ruta 24.
O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui, organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.
Dita actividade estivo destinada os/as 60 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.
A actividade tivo lugar o martes 18 e mércores 19 de xuño de 2024.
As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:
1ª Xornada: O día 18 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos visita de David Fernández, que nos falou das diferentes modalidades de ciclismo, un referente a no mundo do ciclismo a nivel mundial, finalizamos cunha ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei onde tivemos contacto coa pesca grazas á familia de Pedro Medina.
2ª Xornada: O día 19 de Xuño levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.
Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense e as distintas entidades que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción de Fútbol
Martes 18 de xuño de 2024.
O martes 18 de xuño de 2024 o alumnado de 1º,2º,3º,4º e 5º de Ed. primaria, gozou do deporte. Con Juan e varios xogadores coñecemos o Tyde Fútbol Club que adestra nas instalacións deportivas de Fútbol Alvarez Durán de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar e a realizar durante o verán no seu campus.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui
17-06-2024
Encontro de antigos alumnos, mestres e ANPAS da escola.
O pasado luns día 17 de xuño de 2024, tivo lugar na escola un encontro de antigos alumn@s, mestres e membros das distintas ANPAS que viñeron contarlle aos nenos e nenas de hoxe como era a escola de antes. Faláronlle dos deportes que facían, do comedor escolar, das merendas, das asignaturas, dos castigos etc... Unha xornada moi motivadora, emotiva e de reencontros coa que o pasamos moi ben.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aloiada 24
O C.E.I.P. Nº2, C.E.I.P. Nº1, C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei, C.E.I.P. de Caldelas e o CPR Hnos Maristas de Tui en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.
Dita actividade estivo destinada os/as 120 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.
En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 14 e o venres 15 de Xuño de 2024.
As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:
1ª Xornada: O día 14 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.
2ª Xornada: O día 15 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.
Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º gozamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción de Piragüismo para o alumnado de 4º
Hoxe xoves día 13 de xuño de 2024 o alumnado de 4⁰ de primaria tivo unha xornada de piragüismo no Club kayak Tudense.
Somos afortunados de telo tan preto e de que o Club nos ofrecezca esta experiencia inolvidable, xa que a maioría puido disfrutar deste deporte por primera vez.
Piraguas, auga e a remar !
Pasárono en grande, moitas grazas @clubkayaktudense
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas Multideportivas.
C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.P ALTAMIRA.
14-05-24
O pasado martes día 14 de maio de 2024 tivo lugar no pavillón do CEP Altamira de Salceda, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 3ºB e 5ºB do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Salceda. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ruta en Patinete 4º.
Mércores 12 de xuño de 2024
O pasado mércores 12 de xuño de 2024, levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe durante a actividade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IX Edición Triatlón Tui-Porriño.
8-xuño-2024 17:00h.
O Equipo de voluntarios de Deporte no 2, participou un ano máis, na recollida da transición da IX edición do Triatlón Tui-Porriño. A zona de paso da proba de natación á proba de bicicleta,tivo lugar nas instalacións da Marina de Tui, lugar onde o nos equipo de voluntarios colaborou na recollida co Concello de Tui. Participar é importante colaborar é imprescindible, valores que van máis alá do deporte.
Grazas a todo o equipo e as súas familias por facer posibles momentos coma este.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IV Congreso Educods en Tui
2-4 xuño 2024
O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP Nº2 DE Tui, estivo presente no IV Congreso Educods organizado polo CEIP Nº1 de Tui.
No caso do alumnado de 4º estiveron cun stand de biodiversidade e plantas aromáticas, dando a coñecer as súas propiedades e os seus usos tanto alimenticios como mediciñais.
No caso do alumnado de 4º e 5º participaron en sendas mesas redondas para falar dos residuos e a súa xestión no noso concello.
Unha estupenda proposta na que participou demaís todo o alumnado do centro visitando os stands de todos os colexios participantes. Grazas ao CEIP Nº1 de Tui por contar con nós.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Milla
Maio 2024
ODS 14,15 e 17
Biodiversidade
O Carballo en Galicia.
Durante o mes de Maio de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario. Neste caso recibiron as últimas medallas do noso proxecto correspondentes ao ODS 14,15 e 17. Unha vez completadas todas as medallas, tocou sortealas e cada quen levou a súa de agasallo como recordo por esta gran viaxe polos ODS Diver-xentes.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer a influencia do Carballo no Baixo Miño. Unha madeira con moito respeto e agarimo nesta zona.
Despedimos un proxecto fantástico que deixa unha pegada importante no noso alumnado. A por esa axenda 2030 cumplindo os Obxetivos de desenvolvemento sostible.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ruta do Río Lagartón
Mércores 29 de maio 2024.
O pasado, mércores día 29 de maio de 2024 tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo, dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.
Unha fantástica xornada onde todo o alumnado gozou das propostas, da natureza, das árbores, prantas e alimentación saudable, facendo unha boa xestión dos residuos.
Moitas grazas a Óscar, Pablo, Juncal e Lucía P, grazas a eles todo foi máis doado.
|
|
|
|
|
|