Skip to Content

Abril 2017

II TRAIL MONTE ALOIA

 

II Trail Monte Aloia

Domingo, 30 abril 2017

A Macoca

 

O vindeiro domingo, 30 de abril, vai ter lugar o II Trail Monte Aloia, organizado pola Asociación Cultural Virxe das Dores.

Esta proba deportiva contará con 242 participantes que participaran nunha proba de 25km que dará comezo ás 9h ou nunha proba máis curta de 15 km que dará comezo ás 9:30h.

A proba levarase a cabo dende a Amacoca, que será a saída, seguindo ata o Monte Aloia, pasando polo Alto dos Cubos, Muiños do Tripes, senda das Cabanas-Cabaciñas, Rebordáns, Muiños de Paredes e volta ao punto de saida.

 Unha proba deportiva e turistica que permitirá a todos os participantes disfrutar dun entorno natural excepcional.

 Unha oportunidade para animarvos a participar, a animar aos corredores e a disfrutar do Parque Natural en familia.

 

 

PROMOCIÓN DE LOITA

 

Promoción de Loita

4º de Educación Primaria

Ceip Nº2 de Tui

 

Os pasados luns 10 e mércores 12 de Abril tivo lugar, para @s nen@s de 4º de Educación primaria, unha xornada de Promoción de Loita galega.

  • O Luns 10 levouse a cabo no ximnasio do cole, a xornada de promoción onde participaron, todos os alumnos de 4º.

  • O Mércores 12 tivo lugar a xornada de competición, nas instalacións do Pavillón vello de Tui, onde participaron ademáis os alumnos de 4º do Ceip Rebordáns.

Esta actividade organizada polo Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra, en coordinación coa Agrupación deportiva de deporte base do Baixo Miño, foi unha experiencia piloto, para motivar aos nosos alumnos, e darlles a posibilidade de competir nesta modalidade deportiva en campañas vindeiras.

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mellores momentos.

DINAMIZACIÓNS INTERCENTROS

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Guillarei

Curso 16-17

Mércores día 3 de Maio de 2017

O vindeiro Mércores día 3 de Maio de 2017 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºC e 4ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17.

Dom 23 de Abril 2017 (Tui ) 

O pasado Domingo de San Telmo, día 23 de Abril pola mañá, tivo lugar a Carreira de San Telmo 2017, na Corredeira de Tui. Unha xornada estupenda, onde os nenos e nenas inscritas do noso centro disfrutaron correndo e cos seus amigos…aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ven que o pasaron.

Podedes atopar as clasificacións e máis fotos da proba en: www. Atletismotui.com. 

 

 

 

HORARIO CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17.

Dom 23 de Abril 2017 (Tui )

O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 23 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2017, na Corredeira de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.

Categorías: Xuveníl  ( 5000m  nacidos 00/01 ás 11:00h), Senior ( 5000m  nacidos 82/99 ás 11:00h), Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 81, Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 02/03/04/05 ás 12:00h), Alevíns (700 m nacidos 2006/2007 ás 12:15h), Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2008/2009 ás 12:30h), Prebenxamín (  175 m nacidos 2010/2011 ás 12:45h), Pitufos ( 100m nacidos nos anos 12/13/14 ás 13:00h).

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  www. Atletismotui.com. 

SENDA POLO RÍO MIÑO

 

Carolina de 4ºA e a súa familia, queren compartir con nós unha proposta de deporte en Familia, a nova senda que vai dende a vella ponte internacional ata o parque do Penedo.

Despois de ir co colexio a actividade de un abrazo no río, Caro levou a súa familia a disfrutar de este entorno tan bonito, na ribeira do Río Miño.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vos animedes a disfrutar de este lugar coa vosa familia.

Moitas gracias a familia de Caro por esta información tan interesante.

 

 

LECTURAS DEPORTIVAS

Nas clases de Educación Física seguimos promovendo a lectura como deporte para exercitar a nosa mente. Hoxe fio unha alumna de 6ºB que trouxo unha guía para manternos en forma.

Dende o equipo de Deprote Escolar seguimos animando ao alumnado que faga deporte e a que tamén se aficcionen á lectura.

CLUBE BALONMÁN TUI

 

O Equipo Infantil Feminino do Club Balonmán Tui

acada o ascenso a División de Honra.

 O equipo Infantil Feminino do Club Balonmán Tui, ven de xogar a pasada fin de semana, 31 de Marzo e 1 e 2 de Abril, a fase de ascenso no concello de Xallas na Coruña.

O Venres xogaron co equipo de Camariñas e o resultado foi
Camariñas 16 - Tui 14.
O sábado xogaron co Lavadores de Vigo
Tui 18 - Lavadores 8
e
o Domingo xogaron co equipo anfitrión o Xallas.
Tui 19 - Xallas 15

Unha fin de semana na que as tudenses se proclamaron campionas de Copa e co conseguiron o ascenso de categoría.

A nosa noraboa a todo ao equipo, ao equipo técnico e á directiva do clube por este gran traballo.. Un cariño especial a tódalas xogadoras que foron alumnas do Ceip Nº2 de Tui. Noraboa!!.

Información facilitada pola familia de Maya Moledo de 6ºC. Moitas gracias.

 

 

 

1ª XORNADA DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 5 de Abril de 2017

O vindeiro,  Mércores día 5 de Abril,  vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

XORNADAS DE PROMOCIÓN E CAMPIONATO DE LOITA

XORNADAS DE PROMOCIÓN DE LOITA 

O vindeiro luns día 10 haberá unha xornada de promoción de loita no ximnasio do colexio, destinada a todo o alumnado de 4º.

O mércores día 12 organizarase unha xornada de competición entre o alumnado de 4º do CEIP Nº2 e o CEIP de Rebordáns no pavillón vello de Tui.

Tódalas familias que queiran asistir, poden facelo. O horario da competición é de 10:30 a 12:30.

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DE TURISMO EN TUI

Actividades deportivas e de turismo en Tui.

 O Concello de Tui ven de presentar un folleto turístico de actividades a poder levar a cabo en Tui.

Na proposta aparece as posibilidades que nos ofrece:

·        O Monte Aloia, con taxis lanzadeira para facer a baixada polas sendas do Monte Aloia.

·         O Turismo polas rúas históricas de Tui, con rutas guiadas ao casco histórico e ao Tui Xudio

·         E paseos en barco polo Río Miño. Dende o vindeiro mes de abril un barco percorrerá o río Miño cunha duración de duas horas, sendo os horarios previstos ás 11:00h e as 19:00h.

Actividades en familia que vos animamos a realizar e a disfrutar en Tui.

 

DAVID PRADA MEDALLA DE BRONCE

David Prada do Club Remo do Miño Tui-Seta

 Medalla de Bronce no Open de España

O remeiro do Club Remo do Miño Tui-Seta, ven de acadar a medalla de bronce no Open de España celebrado o pasado fin de semana do 25 de marzo de 2017, lo lago de Bañolas en Barcelona.

David conseguiu esta medalla competindo na categoría absoluta na modalidade de Skiff. Noraboa!

Podedes atopar máis información en:http://www.infominho.com/index.php/id/54/objeto/33067/claves/Buenos-resultados-del-Club-Remo-do-Mi%C3%B1o-en-el-Open-de-Espa%C3%B1a

 

 

CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17

Dom 23 de Abril 2017 ( Tui )

 

        O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 23 de Abril de 2017  apartires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2017.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríamos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 7 de Abril. Xa que a vindeira semana enviarémosvos as notas co horario, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Podedes descargar a autorización premendo aqui

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 25 de marzo contra o equipo da Cañiza.

Os parciais foron:

C.B. Tui- Cañiza: 7-9//8-9//1-14//10-10

Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

 

CASTRO LABOREIRO- PORTUGAL

Castro Laboreiro Portugal.

Lucía Méndez, Hugo Méndez e a súa familia, aproveitaron a neve da pasada de fin de semana do 26 de Marzo de 2017, para achegarse a Castro Laboreiro, moi preto da Peneda Guerés en Portugal. Alí disfrutaron moito da neve e do Castelo.

Unha proposta de deporte en familia, que podedes disfrutar cando volva nevar e faga moito frío na zona.

Moitas gracias!

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 21 de marzo contra o equipo do Cangas B.

Os parciais foron: Cangas B- C.B. Tui: 3-3/5-9/3-6/4-8

Información facilitada pola familia de Iria Pato de 5ºC. Moitas gracias

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Infantil do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 26 de marzo contra o equipo do Bueu

O Resultado foi:

Bueu- C.B. Tui: 23-20

Neste equipo que xogan vari@s antigos alumn@s do noso cole: e tamén o fai Maya Moledo de 6ºC. Con este resultado o equipo conseguiu ser Campeón de Copa. Noraboa equipo!

O Vindeiro Venres día 31 de marzo o equipo desprazarase a Xallas na Coruña para xogar a fase de ascenso. O equipo xogará partidos o Venres, Sábado e Domingo. Moita sorte campionas.

Información facilitada pola familia de Maya Moledo de 6ºC. Moitas gracias

GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE TRIATLÓN

Gustavo Rodríguez Campión do Triatlón Illa de Madeira Portugal

O pasado domingo, 26 de marzo tivo lugar en, na illa de Madeira en Portugal a proba de Triatlón, onde o tudense Gustavo Rodríguez se proclamou vencedor do mesmo.

Noraboa Tavo!!

 

COAS NOSAS MANS O TEU SORRISO

Coas nosas mans o teu sorriso

Viaxamos a Corea/Guinea/Mali

O pasado Venres día 24 de Marzo, tivemos a sorte de viaxar a Corea con Quique Fernández, a Mali con Marcos Salvado e a Guinea con Iria Leirós. Este ano con motivo do proxecto do noso cole coas nosas mans o teu sorriso, tivemos a sorte de poder coñecer como son a educación, o deporte, a cultura, as costumes de outros países.

Quique Fernández adestrador de piragüismo, estivo adestrando ao equipo de Corea durante algúns anos, contounos aventuras, campionatos e o seu paso polas olimpiadas de Rio 2016.

Marcos Salvado, papá de Borja e Lía Salvado, alumnos do noso cole, estivo en Mali, onde realizou unha labor humanitaria e deportiva moi importante. Marcos conseguiu unir a todos os clubes de Tui, para un fin común, levar equipacións deportivas de todos os clubes de Tui para os nenos de Mali.

Iria Leirós, antiga alumna do noso cole, enviounos dende Guinea fotos das escolas de alí. E contounos varias cousas curiosas que lle chamaron a atención.

Moitisimas gracias aos tres por todo o que nos contastes e por ensinarnos a valorar un sorriso.



by Dr. Radut