Skip to Content

Abril 2020

Yago Pazo queda na casa practicando Baloncesto .

Yago Pazo queda na casa

practicando Baloncesto .

O pasado venres día 24 de abril, Yago Pazo de 4ºB compartiu con nós a súa actividade física diaria. Esta vez é de baloncesto, Moi grazas Yago, bo traballo.

Aquí vos deixamos o seu vídeo para que vos animedes a facer actividade física na casa, vós  tamén.

Moitas grazas a Yago e a súa familia por compartir con nós os seus momentos deportivos.

Paula e Jaime quedan na casa, practicando actividade física.

Paula e Jaime quedan na casa,

practicando actividade física.

Onte día 23 de abril, Paula de 6ºA e Jaime de 3ºA, enviáronnos un par de  vídeos e algunhas fotos  fantásticas, con eles queren animarnos, polo que nos dedican unha canción. Gran interpretación.

Eles tamén fan actividade deportiva a diario coa súa familia: Cinta, ximnasia pola tele, piscina, xogan ao tenis e incluso fan Kung Fu.

Así nos gusta, que practiquedes actividade física a diario e que o pasedes ben. Moitas, moitas grazas a Paula, a Jaime e a súa familia.

 

Lucía queda na casa practicando patinaxe.

Lucía queda na casa

practicando patinaxe.

O pasado xoves día 23 de marzo, Lucía de 4ºB contactarnos, para enviarnos a seu vídeo no que practica cos patín no seu xardín. Lucía gústalle  moito a actividade física, pero tamén lle gusta a cociña e repostería saudables, e incluso ten a sorte de ver como medran na súa horta as verduras que ela axuda a plantar. Un estilo de vida moi saudable.

Parabéns Lucía e moitas grazas por achegarnos a túa forma divertida de quedar na  casa.

Xenxo queda na casa practicando actividade física .

Xenxo queda na casa

practicando actividade física .

O pasado xoves día 23 de marzo, Xenxo de 4ºA volveu contactarnos, para enviarnos a súa foto na que practica bici no seu xardín e tamén xoga a Béisbol co seu irmá Gael. Xenxo é unha persoa a que lle gusta moito a actividade física e practica a diario.

Parabéns  Xenxo e moitas grazas por achegarnos a túa forma divertida de quedar na  casa.

Sara queda na casa, practicando Beisbol .

Sara queda na casa,

practicando Beisbol .

Onte martes día 21 de abril, volvemos ter noticias deportivas de Sara Riveiro de 3ºB, facíanos chegar  un vídeo, practicando Beisbol no seu xardín, xunto a súa familia. Regulamento e normativa familiar. Así me gusta Sara creando a nosa propia normativa.

Aquí vos deixamos o vídeo de Sara xogando co seu irmá maior Suso, que foi alumno de cole tamén e a súa familia, para que  vexades como se divirten e o pasan ben na casa. Moitas grazas a Sara e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos. Sodes fantásticos.

Uxía queda na casa, practicando actividade física .

Uxía queda na casa,

practicando actividade física .

Uxía de 6ºA, práctica cada día moita actividade física, na súa casa. Onte día 21 de abril, Uxía achegábanos as súas fotos practicando co seu irmá no adestramento de balonmán na casa do Clube Balonmán Tui. Aquí vos deixamos as súas fotos. Animádevos os demais alumn@s de sexto a compartir a vosa actividade física na casa, seguro é moi interesante tamén e gustaríanos vervos ao igual que a Uxía. Dende logo que Uxía a este ritmo vai estar entre as mellores xogadoras do mundo de balonmán.

 Moitas grazas a Uxía e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos con nós.

 

Noa queda na casa, paseando en bicicleta.

Noa queda na casa,

paseando en bicicleta.

Onte martes, día 21 de abril, Noa de 5ºA, enviounos a última actividade física que estivo a practicar. Noa é desas persoas afortunadas que ten  xardín, así que hoxe estivo paseando na súa bicicleta, e faio de moi ben. Así nos gusta!  Noa valora moito poder facer actividade física, un día de sol coma hoxe e ao aire libre.

Moitas grazas a Noa e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

 

Daniela queda na casa, facendo o quecemento e practicando acrossport .

Daniela queda na casa,

facendo o quecemento e practicando acrossport .

Onte día 21 de abril, Daniela de 6ºB, enviounos un  vídeo fantástico, co quecemento, que vos pode servir para recordar como era e con un pouquiño de carreira que fai no patio da súa casa. Vos podedes facelo no lugar que atopedes máis axeitado na vosa casa. Con ela estaban  pasando ben a súa irmá Yesica e o seu curmán. Coa axuda deles Daniela puido experimentar moitísimas letras do alfabeto como podedes comprobar vós mesmos. Gran traballo en equipo de Yesica, Danielao seu curmán e a familia de estes.

Así nos gusta, que practiquedes actividade física a diario, coa axuda de todos os da casa e que o pasedes ben xuntos. Moitas, moitas gracias a Daniela e a súa familia.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

Angel queda na casa, practicando actividade física.

Angel queda na casa,

practicando actividade física.

Onte día 21 de abril, Angel de 5ºB, enviounos un montaxe de fotos da actividade física que práctica cada día na súa casa. O certo é que Angel  ten a sorte de contar cun xardín estupendo, que lle permite facer adestramentos de baloncesto, tenis de mesa e  incluso pode montar en bicicleta. Todos estes bos momentos compárteos coa súa familia e coa súa irmá Lucía. Tamén nos contaba que todo isto o práctica os días que fai bo tempo.

Aquí vos deixamos as súas fotos coa súa actividade física creativa,  coa que se divirte e pásao ben, durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Angel e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

Uxía queda na casa, practicando actividade física.

Uxía queda na casa,

practicando actividade física.

Uxía de 6ºA, práctica cada día moita actividade física, na súa casa. Onte día 18 de abril, Uxía achegábanos as súas fotos practicando na bicicleta estática e facendo actividade no chan. Práctica tódolos días para estar física e mentalmente forte. Iso axúdalle moito para as súas actividades escolares.

 

Aquí vos deixamos as súas fotos. Animádevos os demais alumn@s de sexto a compartir a vosa actividade física na casa, seguro é moi interesante tamén e gustaríanos vervos ao igual que a Uxía.

 Moitas grazas aUxía e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos con nós.

Daniel e Javier Docampo queda na casa, practicando actividade deportiva .

Daniel Docampo  queda na casa,

practicando actividade deportiva .

O pasado venres día 17 de abril, recibimos noticias deportivas de Daniel Docampo de 5ºB, que cada día practica actividade física co seu irmá Javier e coa súa familia. Daniel e Javi, teñen a sorte de contar cunha finca bastante ampla. O que lles permite poder levar a cabo circuítos en bicicleta, practicar carreira e fútbol,  a Daniel e a Javier e un dos deportes que máis lles gusta.

Aquí vos deixamos as súas fotos para que  vexades como se divirten e o pasan ben na casa. Moitas grazas a Daniel, a Javier e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos. Sodes uns campións.

Marta queda na casa, facendo maxia .

Marta queda na casa,

facendo maxia .

Marta de 5ºC,  compartiu  con nós un excelente  número de maxia. Impresionante o que Marta é capaz de facer. Aquí vos deixamos o seu vídeo que compartiu con nós o pasado venres día 17 de abril, para que vos animedes a intentalo, e se o conseguides, facédenos chegar os vosos vídeos tamén. Aquí temos unha verdadeira maga, que quen sabe algún día, farase famosa polos seus incribles e fantásticos números de maxia. Moi ben Marta!!!.

O teu navegador non soporta este vídeo.

Moitas grazas a Marta e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos con nós.

Yago Pazo queda na casa practicando actividade física .

Yago Pazo queda na casa

practicando actividade física .

O pasado xoves día 16 de abril, Yago Pazo de 4ºB compartiu con nós a súa actividade física diaria. Fai no xardín da súa casa bádminton, baloncesto, pero coñecendo a Yago o que máis practica é fútbol, sabemos que lle encanta e que o pasa xenial practicándoo. Moi ben Yago, bo traballo.

Aquí vos deixamos as súa foto e o seu vídeo para que vos animedes a facer actividade física na casa, vós  tamén.

Segue así Yago, eres un campión. Moitas grazas a Yago e a súa familia por compartir con nós os seus momentos deportivos.

Ares queda na casa, practicando actividade física.

 Ares queda na casa,

practicando actividade física.

Onte día 14 de abril, Ares de 4ºA, enviounos varios vídeos da actividade física que práctica cada día na súa casa, para seguir sendo un fantástico  deportista.

 O certo é que Ares ten un xardín estupendo que lle permite facer adestramentos de fútbol, que é o deporte que máis lle gusta. Tamén nos contaba que facía algún día bádminton.

Aquí vos deixamos os seus de vídeos coa súa actividade física creativa, coa que se divirte e pásao ben durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Ares e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

Carmen queda na casa, e fabrica un xoguete con material de refugallo .

Carmen queda na casa,

e fabrica un xoguete con material de refugallo .

O pasado 8 de abril, Carmen  de 5ºB, contounos que fabricou coa axuda da súa familia, un xoguete con materias de refugallo. O certo e que lle quedou moi bonito e lle permite practicar actividade física na casa.  Xunto a súa irmá Martina de 2ºB practican a miúdo con música, que lles encanta. Preme enriba da foto e poderedes ver un pequeno vídeo facendo deporte con este material.

De cando en vez,  tamén preparan alimentación saudable, aprecian moito o arte da cociña. Aquí nos deixan uns donuts  saudables, exquisitos para esta época.

Moitas grazas a Carmen, a Martina e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

Sara queda na casa, practicando actividade deportiva.

Sara queda na casa,

practicando actividade deportiva.

O pasado venres día 3 de abril, recibimos máis noticias deportivas de Sara Riveiro de 3ºB, facíanos chegar  dous vídeos, practicando  actividade física no seu xardín, xunto a súa familia. Pero tamén practicando no salón da súa casa con toda a familia. Gustounos ver a  Suso o seu irmá maior, que cando viña ao noso colexio foi un excelente deportista, que siga practicando actividade física tamén é fantástico. Ver a toda a familia practicando xunta é xenial, Sara grazas polo teu esforzo. Sodes unha familia admirable.

 Aquí vos deixamos as imaxes para que  vexades como se divirten e o pasan ben na casa. Moitas grazas a Sara e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos. Sodes uns campións. 

Noa queda na casa, practicando habilidades ximnásticas.

Noa queda na casa,

practicando habilidades ximnásticas.

Noa de 5ºA, práctica cada día actividade física, no xardín da súa casa practica o que máis lle gusta, habilidades ximnásticas, pero antes fai un bo quecemento. Así nos gusta!  Noa es una ximnasta incrible.

 

A Noa tamén lle gusta moito a compañía dos seus cans, cos que aproveita estes días para xogar todo o que pode.

Moitas grazas a Noa e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

 

Shaila queda na casa e fai unha pelota e unha raqueta con material de refugallo.

Shaila queda na casa e fai unha pelota e unha raqueta

con material de refugallo.

 

Hoxe venres día 3 de abril, Shaila de 5ºB quixo compartir con nós a súa pelota pelota de papel e a súa raqueta de cartón, fabricada con material de refugallo. Con ela pode practicar actividade física. Shaila es unha artista. Os meus parabéns.

Aquí vos deixamos a súa foto, para que vos animedes a fabricar os vosos propios materiais deportivos e facer moita actividade física na vosa casa, tamén.

 

Moitas grazas a Shaila e a súa familia por compartir todos estes fantásticos materiais con todos nós.

Hugo queda na casa, practicando actividade física .

Hugo queda na casa,

practicando actividade física .

Hugo de 3ºB, práctica cada día moita actividade física. Hoxe venres 3 de abril, o patio da súa casa transformouse nunha cancha de baloncesto estupenda.

Aquí vos deixamos o seu vídeo, para que vexades a súa creatividade no  pase e no bote. Moi bo traballo Hugo, a seguir cada día facendo moita actividade física.

 Moitas grazas a Hugo e a súa familia por compartir con nós bos momentos, coma estes.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Elia queda na casa e fai unha pelota con material de refugallo, para practicar actividade física .

Elia queda na casa e fai unha pelota con material

 de refugallo, para practicar actividade física.

Hoxe xoves día 2 de abril, Elia quixo compartir con nós a súa pelota ruidosa, feita con material de refugallo. Fabricouna con bolsas de plástico, un ovo onde veñen as sorpresas dos ovos Kinder e contas para facela soar. Con ela xoga con Manuel o seu irmá. Gran traballo e fantástica idea Elia. Sodes uns campións.

Aquí vos deixamos as súas fotos e o seu vídeo, para que vos animedes a fabricar os vosos propios materiais deportivos, para facer moita actividade física na vosa casa, tamén.

Moitas grazas a Elia e a súa familia por compartir todos estes fantásticos materiais con todos nós.

 

Hugo queda na casa, practicando actividade física.

Hugo queda na casa,

practicando actividade física.

Hugo de 3ºB, práctica cada día moita actividade física, no patio da súa casa. O fútbol é a súa gran paixón pero tamén practica bádminton que lle gusta moito. Seguro que de seguir así Hugo vai ser un gran porteiro na súa vida.

Aquí vos deixamos as súas fotos e o seu vídeo, que nos fixo chegar hoxe xoves día 2 de abril e nas que pinta de cor a súa actividade física e nos envía unha mensaxe de moito ánimo, para pasar estes días  na súa casa. Moi bo traballo Hugo, a seguir cada día facendo moita actividade física apaixoante.

 Moitas grazas a Hugo e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

 

Mikel de 3ºB queda na casa, practicando actividade física co seu irmá Gorka de Ed. Infantil.

Mikel de 3ºB queda na casa,

practicando actividade física co seu irmá Gorka de Ed. Infantil.

Mikel de 3º B  e o seu irmá Gorka da clase de 6º de Ed. Infantil practican cada día actividade física, na súa casa, para seguir sendo fantásticos  deportistas. Viven nun piso, polo que todo parece complicado. Pois estes dous grandes deportistas ademais tamén son moi creativos e con moita imaxinación.

Aquí vos deixamos as súas fotos practicando Bádminton , Balón volea  e incluso Fútbol cun balón de espuma, iso si, con tódalas medidas de precaución e prudencia de  non romper nada. Con toda esta actividade son quen de divertirse  e pasalo ben durante estes días que é tan importante quedar na casa.

Moitas grazas a Mikel a Gorka e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

 



by Dr. Radut