Onte día 23 de abril, Paula de 6ºA e Jaime de 3ºA, enviáronnos un par devídeos e algunhas fotos fantásticas, con eles queren animarnos, polo que nos dedican unha canción. Gran interpretación.
Eles tamén fan actividade deportiva a diario coa súa familia: Cinta, ximnasia pola tele, piscina, xogan ao tenis e incluso fan Kung Fu.
Así nos gusta, que practiquedes actividade física a diario e que o pasedes ben. Moitas, moitas grazas a Paula, a Jaime e a súa familia.