Skip to Content

Febreiro 2021

A Volta ao Mundo de Lúa

A Volta ao Mundo de Lúa

Xa estamos no mes de febreiro e seguimos a percorrer a milla un día a semana. Lúa xa avanzou ata Rusia, leva acumuladas moitas millas coa nosa axuda. Imos tentar rematar con Lúa a volta ao mundo este curso.

 

 

Lua´s World Tour

 

We are in February and Lua arrived to Russia thanks to us. Altough we can help her just once a week, we are doing a great job!

Alimentación saudable

Alimentación Saudable.

Semana da Froita

Continuamos coas semanas de froita fresca que dende fai varios cursos, Lúa nos trae ao cole. Dende o 14 ao 27 de xaneiro, gozamos de froita de tempada coa axuda do FOGGA. Esta vez tivemos arándanos, mandarina, clementina, piña, uvas, mazá, pera e plátano respectivamente.

É moi importante implantar un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde, se isto se consegue dende a infancia será máis sinxelo de acadar. Esperamos que este proxecto sexa un paso máis para conseguilo.

Contamos  coa imprescindible axuda dos mestres na preparación de toda esta froita e  no seu reparto polas distintas aulas. Grazas unha vez máis!.

O xoves 14 de xaneiro merendamos plátano riquísimo.

O venres 15 degustamos Arándanos deliciosos.

O Luns 18 de xaneiro comemos no recreo plátanos ben ricos.

 O martes 19 de xaneiro atrevémonos coas mandarinas e clementinas que estaban ben sabrosas.

 O mércores 20 de xaneiro tomamos uvas de moi boa calidade.

 

 O Xoves 21 tocounos probar as mazás.

O venres 22 recuperamos o sabor das mandarinas e clementinas que estaban ben deliciosas.

O luns 25 de xaneiro chegou o turno das peras.

O martes 26 foi o derradeiro día da mandarina e clementina.

Rematamos o mércores 27 de xaneiro co plátano, unha das froitas que máis nos gusta a maioría dos nen@s.

 Fresh Fruit Workshop

We continue with our “Fresh Fruit Workshop”. From 14th to 27th of January, our school receives some seasonal fruit for us. This time, we could enjoyed eating some blueberries, pineapple, grapes, bananas or apples.

It is really important that our children achieve a healthy lifestyle  so we must work with them since they are really young.



by Dr. Radut