No mes de Xaneiro, despois de facer moitas millas durante o 1º trimestre, recibimos un agasallo especial.
Unha carta onde se nos recoñecía que fixéramos moitas millas, tantas que percorremos todos os Parques Naturais e Reservas da Biosfera de Galicia.
Se visitades os 7 Parques que ten Galicia, selando o Pasaporte Natural, podedes gañar un fantástico agasallo. Preme no pasaporte para máis información.
E como agasallo cada clase recibimos unha árbore para plantar no patio da nosa escola.
O Concello axudounos a facer os buratos. Moitas grazas!. E nós puxémonos mans ao asunto. Mirade que chulo quedaron plantados.