A Milla
Decembro 2023
ODS 1 e 2
Biodiversidade
O Castiñeiro en Galicia.
Durante o mes de novembro de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.
Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes feita coa madeira de castiñeiro.
O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de novembro coñecemos o ODS 1: Fin da Pobreza e ODS 2: Fame 0.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer o castiñeiro no Baixo Miño. Os castiñeros teñen gran valor madeireiro e alimenticio.
Sabías que a súa madeira é moi valorada na fabricación de mobles, entarimados para o chan, instrumentos musicais, etc...
As castañas son a froita dos castiñeiros, durante a Idade Media debido a escaseza de alimentos coma os cereais, usábanse como fonte principal de carbohidratos, para acompañar a carne, o peixe,etc...
Utilizouse tradicionalmente como fonte de enerxética para a población en xeral, pero perdeu o seu lugar de importancia na dieta cando chegou a pataca das Américas. Os soutos galegos colaboraban, por aquel entón co ODS 1 Fin da pobreza e co ODS 2 Fame 0.
Hoxe en día seguen a comerse no outono, cocidas, asadas, en empanada e a súa fariña é moi valorada na repostería, etc.. Investigade vos.
Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de decembro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.