ECO-RETO DE NOVEMBRO “INVESTIGAMOS”
En infantil estiveron investigando os tipos de árbores que temos na contorna. Sairon a recoller follas e froitos para ver as súas formas e cores. Tamén aprenderon sobre algúns dos animaliños que viven neles.
Deste xeito tamén fomentamos o gusto, respecto e coidado por calquera espazo natural.
Crearon os seus recunchos de outono, aos que poden ir en calquera momento a relaxarse e fedellar. Tamén fixeron moreas de actividades sensoriais moi divertidas que fomentan a súa creatividade.
Neste mes de novembro o eco-reto de Voz Natura é “investigamos”, anímannos a coñecer a importancia da fauna e flora e conservar a nosa biodiversidade, os diferentes hábitats e o patrimonio natural.
Dende aquí animámosvos a todos a facelo e a compartir connosco as vosas actividades.
#RetoInvestigamos #voznatura #eco-retos
@voznatura