Skip to Content

Xaneiro 2021

Mindfulness. Sentido do Olfacto.

4.4. O Sentido do Olfacto.

 atención plena vai ter como obxectivo pararse na conciencia do que se cheira, de xeito presente é consciente, para vivir unha expericiencia única percibindo algo polo seu olor. Dende unha posición cómoda e tranquila temos que respirar e percibir este momento, polo nariz.

Aquí vos deixamos algunhas propostas para traballar atención plenacoa axuda do sentido do olfacto e que poidades relaxarvos e atender á respiración.

Nesta ocasión imos necesitar alimentos da merenda para cheirar, ou invitar ao alumnado que traia algo especial con perfume ou olor.

Propostas para Ed. Infantil e 1º Ciclo.

 A que cheira?. 2:17 min

 O olfacto. 2:59 min

 Descubrindo cheiros.10:00 min

Adiviña cheiros. 1:34 min
 Xogamos co nariz. 12:00min  Cheiros. 10:00 min

 

Propostas para 2º e 3º Ciclo. 

 

 Atención Plena ao Sentido do Olfacto. 2:17 min

 A que cheira?. 2:17 min
 O Nariz. 9:15 min  Actividade Sensorial do Olfacto. 5:29 min
 Experimento co cheiro. 2:50 min
 Experimento. 4:29 min

 

 

A Volta ao Mundo de Lúa. Un agasallo de Nadal.

A Volta ao Mundo de Lúa.

Un agasallo de Nadal.

Á volta do Nadal, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias da súa viaxe dando a volta ao mundo. Coas nosas millas xa se atopa cruzando Rusia. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo. Agradecémolo moito neste ano no que os recreos son tan diferentes aos de outros anos. 

Dende entón xogamos coa corda sempre no patio.

 

 

 Lua's world tour. Chistmas present.

Back from Christmas holidays, Lua gave us a wonderful surprise, with our help, Lua could arrive to Russia. Besides, she sent us a rubber band to play in the playground.

Renovación dos pavillóns de Tui.

Sorpresas de Nadal para os nen@s do Ceip Nº2 de Tui,

coa renovación dos pavillóns para Educación Física.

Este curso tan atípico por moitas razón, tamén nos deixa algunhas boas e esperadas noticias. Despois de un primeiro trimestre ao aire libre, a volta do Nadal deixanos unha gran sorpresa. O alumnado de 5º e 6º podemos voltar aos pavillóns que agora atópanse renovados e coma novos. Unha agradable sorpresa que nos vai permitir xogar e facer actividade física, deportiva e saudable.

O noso agradecemento ao Concello de Tui, á Concellalía de Deportes e a todas as entidades que fixeron posible esta aposta polo deporte e pola educación de Tui. 

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Alto dos Cubos-San Fins de Rebordáns.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Alto dos Cubos-San Fins de Rebordáns Tui. 

O pasado sábado 12 de decembro, aproveitando que o noso entorno está ideal para pasar momentos entrañables, Helena Martínez de 2ºC fixo coa súa familia a ruta dende o alto dos Cubos ata San Fins en Rebordáns. Respiraron aire puro, escalaron polos penedos durante unha ruta de 2 horas. Un lugar con moito encanto para relaxarse e pasar grandes momentos no medio natural. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

Moitas grazas familia, por regalarnos momentos en familia.



by Dr. Radut