Skip to Content

Septembro 2023

Residuos 0

O C.E.I.P Nº2 DE TUI ESCOLA RESIDUOS O.

Seguimos ao igual que o curso pasado a traballar, para ser unha escola residuos 0. Para iso o noso alumnado, familias e mestr@s están a tomar conciencia da importancia de merendas saudables e sen residuos nos nosos patios. Para isto cada clase ten a súa caixa para deixar os envases durante o tempo de lecer. Cando remata o recreo son recollidos e levados de novo a casa, para poñer a disposición das merendas do día seguinte.

Queremos deixar unha gran pegada no planeta.

 

Deporte na escola

Club Balonman Tui : sitio oficial del club de balonmano de Tui - clubeoPromoción de BalonmánBALONMANO – Disciplina de alta competitividad, donde se enfrentan 2 equipos  de 6 jugadores y 1 portero con el fin de quien haga mas goles es el que  gana el encuentro.

Mércores de setembro de 2023.

O mércores 13 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Martín e varios xogadores coñecemos o Club Balonmán Tui que adestra no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar.

Moitísimas grazas equipo.

 

Deporte na escola

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFERPromoción de Judo e BaloncestoBasket ball GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

Martes 12 de setembro de 2023.

O martes 12 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Alejandro e Javier Niño coñecemos o Club Baloncesto Tui que adestra no pavillón vello de Tui, eles animáronnos a practicar este deporte durante todo o curso, nas súas instalacións.

 

Con Rubén Morais do Club Judo Tui, aprendemos técnicas de defensa persoal, a coidar de nós e a coidar dos demais, no ximnasio do colexio. Rubén animounos a visitar as instalacións do seu Club no Centro Interfederado, onde estará encantado de compartir grandes momentos con nós e con este deporte.

 

Grazas, moitas grazas a Rubén, Javi e Alejandro.

 

Curso 23-24

Benvidos ao curso 23/24

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 23/24. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa, mente feliz e dando respostas aos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida aos profes Xosé, Raquel e Patri, aos que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Juncal e ao profe Pablo, novos no equipo, polo que esperamos que gocen moito con nós: coa  profe Mª Carmen Vilches, a profe R.Bea, a profe Lore e a profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano "Diver-xente" onde cumplir moitos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles".



by Dr. Radut