Benvidos ao curso 23/24
O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 23/24. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa, mente feliz e dando respostas aos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.
Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida aos profes Xosé, Raquel e Patri, aos que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Juncal e ao profe Pablo, novos no equipo, polo que esperamos que gocen moito con nós: coa profe Mª Carmen Vilches, a profe R.Bea, a profe Lore e a profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.
Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano "Diver-xente" onde cumplir moitos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles".