Novas Deporte Escolar

Deporte na Escola

Gifs Animados de Badminton1° Xornada de Bádminton Benxamín.

1° Xornada de Bádminton Benxamín. Onte martes 19 de novembro tivo lugar a 1° xornada de bádminton para o alumnado de 3° 4º e repetidores de 6° no pavillón do CEIP Randufe. Unha fantástica xornada organizada por Agrudebam en colaboración co Servizo de Deportes de Pontevedra e coa colaboración do Concello de Tui, onde o noso alumnado practicou este gran deporte de raqueta, compartindo grandes momentos cos alumnos e alumnas de CEIP de Pazos, CEIP Randufe, IES San Paio e Club Bádminton Tui.

Deporte na escola

 DEPORTE ESCOLAR.

Gifs de Badminton

Competición de Bádminton Categoría Benxamín ( 3º e 4º)

Curso 24-25

 O vindeiro martes,  día 19 de  novembro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Benxamín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º e 4º. O horarios partidos será de 16:30h a 18:45h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  15 de novembro. Para a xornada disporemos de autobús que sairá do colexio ás 16:00h e volverá as 19:15h . A próxima xornada, en caso de clasificarse será o mércores 27 de novembro.  

Nutriescolas

Obtén Niños Cocinando Animated Icon de por descarga gratuita en Gente  Animated Icons | IconScoutGalletas de Avea. 

Hoxe  venres 15 de novembro de 2024, a rapazada da clase de 5º de Educación Infantil, elaborou unhas ricas galletas de fariña de avea e plátnao. Despois na hora da merenda deron boa conta delas, cunha degustación moi sabrosa.

Aquí vos deixamos os ingredientes para que vos animedes a facelas na casa, para o desaiuno, merenda ou momento especial.

Tamén vos deixamos mostra destes grandes cociñeiros mostrando especial interese pola alimentación saudable.

 

Nutriescolas

Obtén Planta Madura Animation de por descarga gratuita en Agricultura  Animations | IconScoutPlantamos na horta.Planta - GIF animado grátis - PicMix

O alumnado de 6º estivemos hoxe venres 15 de novembro de 2024, transplantando na horta as plantas que tiñamos nos sementeiros, no interior da escola. Plantamos azafrán, garavanzos, leitugas, fabas, xudías, acelgas... Agora imos esperar a que medren para poder levalos a cociñar ao restaurante da escola.

 

Nutriescolas

Premium Vector | Vector map of Africa with flags2º Viaxa a África.

Cociñamos Cuscús.

 

As nenas e nenos de segundo seguen percorrendo África e esta vez grazas a Naoual, a nai de Rim viaxamos a través da comida. Xuntos preparamos un rico Cuscús cheo de vexetais saudables como a cabaza, calabacín, ou nabo.. e especias como a cúrcuma, o xenxibre. Unha mañá a de hoxe mércores 13 de novembro, deliciosa chea de aromas, sabores e texturas novas. Grazas Naoual!

Aquí vos deixamos a receita elaborada polo alumnado de 2º, animádevos a realizala nas vosas casas e degustar esta comida exquisita.

 

Tamén vos deixamos algunhas imaxes destes excelentes cociñeiros coas mans na masa.

 

E como non podía ser de outra maneira tamén temos un vídeo para que vexades os pasos. Premede na imaxe.


Deporte na Escola

Gifs Animados de Badminton1° Xornada de Bádminton alevín.

Hoxe martes 12 de outubro tivo lugar a 1° xornada de bádminton para o alumnado de 5° e 6° no pavillón do CEIP Randufe. Unha fantástica xornada organizada por Agrudebam en colaboración co Servizo de Deportes de Pontevedra e coa colaboración do Concello de Tui, onde o noso alumnado practicou este gran deporte de raqueta, compartindo grandes momentos cos alumnos e alumnas de CEIP de Pazos, CEIP Randufe, CEIP Sobrada e Club Bádminton Tui.

Deporte na Escola

Imágenes de Ninos Corriendo - Descarga gratuita en FreepikCampo a Través. Uns Campeóns.

O pasado martes día 12 de novembro, o alumnado que quedou clasificado de 1º ao 10º posto, na proba de Campo a Través levado a cabo, no CPI Suarez Márquier do Rosal os días 29 e 30 de outubro, recibiron as súas medallas. Un bo número de corredores do noso centro estiveron nestes postos. Noraboa a todos e todas os gañador@s destas medaias, pero a nosa noraboa a tod@s @s participantes.

Deporte na escola

  DEPORTE ESCOLAR.

Gifs de Badminton

Competición de Bádminton Categoría Alevín ( 5º e 6º)

Curso 24-25

 O vindeiro martes,  día 12 de  novembro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada alevín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 5º e 6º. O horarios partidos será de 16:30h a 18:45h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  8 de novembro. Para a xornada disporemos de autobús que sairá do colexio ás 16:00h e volverá as 19:15h . A próxima xornada, en caso de clasificarse será o mércores 27 de novembro.   

 

Compostamos

Autumn Teeh - GIF animado gratis - PicMix

COMPOSTEIRO

Hojas otoño, gif - GIF animado gratis - PicMix

 

Como xa é tradición, por estas datas recollemos as follas secas que nos regala o outono para facer estructurante e botarllo ao  composteiro. Así que o luns día 11 de novembro, o alumnado de 3º recollemos moitas para ter durante o inverno.

É preciso ir mesturando os restos orgánicos con restos de poda ou follas secas, permiten que airee o compost e controlan a humidade para a proliferación dos bichiños.

#voznatura #composteiro #ceipn2tui

Nutriescolas

Happy Smiley Boy en trajes de granjero Personaje de dibujos animados |  Vector GratisPosta a punto da nosa horta.126 Ilustraciones de Rastrillo De Tierra - Gratis en SVG, PNG, GIF |  IconScout

Aproveitando o “veranillo de San Martiño”, hoxe 11 de novembro de 2024, o alumnado de  4º e 5º de Educación Primaria, estiveron traballando moi duro, para preparar a horta do cole. Durante toda a mañá estiveron pasando varios grupos para arrincar as herbas malas, remover a terra e preparar os bancais para a plantación de outono. Xa case está lista!

Ademais, tivemos a sorte de atopar algunhas sementes que recollimos para engadir ao banco de sementes do centro. #VozNatura #Ecoretos #AliméntateBen #Anosahorta

n/d

Deporte na Escola

Juegos de niños. La billarda. La... - Bornichos Por El Mundo | FacebookXornada de Xogos Populares

Educación Primaria.Juegos Infantiles de Honduras: ¡Vamos A Jugar!

Luns 4 de outubro 2024.

O alumnado de primaria vivíu hoxe, unha estupenda xornada de xogos de antes, ensinados polos profes-alumnos de sexto, que con ilusión e agarimo fixeron posible que os mais cativos gozaran dunha xornada de xogos de antes para nenos e nenas de agora: O risco, a carreira de sacos, a billarda, a goma, foron moitos dos xogos que poideron practicar.

 

Nutriescolas

Gifs divertidos Halloween. - Gifs AnimadosCuchipandas Terroríficas de Samaín.

O pasado mércores día 30 de outubro de 2024, celebramos na escola a festa do Samaín, onde non faltou pócema máxica e excelentes alimentos terroríficos, que degustamos nunha cuchipanda terrorífica especial. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos.

Deporte na escola

Atención, atención últimos días para solicitar plaza en los módulos de  grado superior tanto de WEB como de MULTIPLAFORMA en oferta parcial - IES  Trassierra | Web Oficial - CórdobaCampo a Través Escolar Zonal 24-25.

Campo a Través escolar. CPI Suárez Marquier do Rosal.

O pasado martes 29 de outubro e mércores 30 de outubro de 2024, tivo lugar a proba de Campo a Través no Rosal, para o alumnado de 2° a 6°. Compartimos proba con moitos colexios de Tui, Tomiño, O Rosal e Gondomar. Unha estupenda xornada deportiva na que o Sevizo de Deportes de Pontevedra, O Concello do Rosal e Agrudebam colaboraron para facer que o pasáramos xenial.

Campo a Través

 

Horario de Campo a Través Escolar Zonal 24-25.

CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal

Martes 29 de Outubro de 2024.

A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, terá lugar o vindeiro martes día 29 de outubro de 2024. Levarase a cabo no patio do CPI Manuel Suárez Maquier do do Rosal. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º, 3º,4º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Tamén teñen que levar roupa, calcetíns e tenis de reposto. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 2ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.

O alumnado de 3º sairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:30 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:00h o equipo feminino e ás 11:15h o equipo masculino.

O alumnado de 4º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 12:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:30h o equipo feminino e ás 11:50h o equipo masculino.

O alumnado de 5º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 13:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 12:10h o equipo feminino e ás 12:30h o equipo masculino.

Mércores 30 de Outubro de 2024.


O alumnado de 6ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.

Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

Distribuir contido