Novas Deporte Escolar
|
|
|
|
Aprázase a xornada de Campo a Través
Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 9 e venres 10 novembro 2023.
A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ía ter lugar os vindeiros días: xoves 9 e venres 10 de novembro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 16 e venres 17 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.
Etiquetas:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Merendas saudables de novembro.
O alumnado de Educación Infantil, súmase a alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de novembro: bocadillos, pan de marrocos...
Froitas frecas e froitos secos. Uns campeóns estes nenos e nenas.
Garantindo o ods 3 saúde e benestar, cumplen coa axenda 2030. Moi ben, xente miuda!!
Receitas con Kiwi.
Receitas con Cabaza.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Milla Diver-xente.
O noso alumnado está a realizar millas a diario no patio do cole. O obxectivo é percorrer moitas millas e lograr a colección de medallas dos ODS.
No mes de outubro e novembro recibiron as follas de rexistro das millas que fan cada día en cada clase, e unha cartiña coa primeira medalla.
Tamén comezou o reconto mensual, no panel do corredor central, onde se irán rexistrando as millas de cada clase e as medallas que cada clase consigue.
Para cumplir co ODS 3 Saúde e Benestar e o ODS 5 Igualdade de Xénero, activarémonos durante o curso, para intercambiar millas por ods. E ti Activas-T con nós?
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Encontros Multideportivos
CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles de Tui
Curso 23-24
Xoves día 2 de novembro de 2023
O pasado xoves día 2 de novembro de 2023 tivo lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Encontros Multideportivos entre os CEIP Nº2- CEP Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h ,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 4ºB. Xogamos a balonmán, volei, bádminton, baloncesto, xadrez e fútbol-sala. Grazas ao colexio Pedro Caselles pola súa visita.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tenis de Mesa 23-24.
Pav. Ceip Sobrada Tomiño.15 , 22 e 29 de novembro2023.
Os vindeiros mércores 15, 22 e 29 de novembro de 2023, vai ter lugar a competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar.
Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro martes 7 de novembro de 2023.Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.
Preme aquí para descargar a folla de inscripción.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado. Así cumplindo coa Axenda 2030 traballamos os ods 2 Fame 0 e 3 Saude e benestar.
As modalidades do programa fan ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos compañeiros e compañeiras. Os proxectos que realizarán os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións…) e crear entre todos unha rede de traballo cooperativo que mellore o xeito de ensinar e aprender.
O reto para cada mes, para dar resposta aos ODS da axenda 2030 será comer froita e verduras de tempada. Aquí vos deixamos a proposta do mes de novembro.
Aquí vos deixamos un modelo de receita para recoller as vosas propostas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cuchipandas terroríficas de Samaín.
O día 31 de outubro de 2023, celebramos a festa de Samaín. Gústanos moito vir vestidos con disfraces para esta época. Pero non podía ser menos importante ter enconta a alimentación típica desta data. Así, que en familia o noso alumnado elaborou recitas terroríficas para degustar na escola a media mañá.. Todas moi saudables!. Bueno algunha foi unha lambetada, que aos nenos nos gustan moito.
Moitísimas grazas a todas as familias, por implicarse e axudar en eventos coma este.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Encontros Multideportivos
CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles de Tui
Curso 23-24
Xoves día 2 de novembro de 2023
O vindeiro xoves día 2 de novembro de 2023 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Encontros Multideportivos entre os CEIP Nº2- CEP Pedro Caselles. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºB. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprázase a xornada de Campo a Través
Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 26 e venres 27 outubro 2023.
A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ia ter lugar os vindeiros días: xoves 26 de e venres 27 de outubro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 9 e venres 10 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada de Xogos Populares e Magosto.
O pasado martes día 10 de outubro de 2023, levouse a cabo a xornada de xogos populares para o alumnado de Infantil no colexio. Sería o mércores día 11 de outubro cando tivo lugar a xornada para o alumnado de primaria. O alumnado de 6º foi o encargado de ensinar aos demáis cativos moitos, moitos xogos antigos, para nenos e nenas de agora. O certo é que o fixeron xenial como profes. Noraboa!.
Unhas xornadas enmarcada no Proxecto "Diver-xente" que este ano puxo en marcha o colexio, para dar resposta a Axenda 2030 dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Activa-T e Naturaliza-T promoveron estas xornadas onde os ods de saúde e benestar, entorno natural e a reciclaxe de xoguetes de antes, foron os protagonitas dunha xornada lúdico-festiva.
Tamén se levou a cabo a tradicional baixada de carrilanas, feitas en familia con materiais de refugallo.
E non podía faltar coma fin de festa o tradicional magosto, con castañas colleitadas nos nosos bosques en familia, unha delicatesem culinaria que fixo as delicias de maiores e pequenos.
Grazas a toda comunidade educativa, por xornadas coma estas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAMPO A TRAVÉS
HORARIO LECTIVO.
Os vindeiros 26 e 27 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. Dentro do proxecto deportivo de centro, unha proba no medio natural que da resposta ao ods 3 Saúde e Benestar. A primeira proba será a proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. A proba terá lugar nas instalacións deportivas do Borraliño en Soutelo, Salceda de Caselas entre as 10:30h e as 13:00h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web:das carreiras, distancias, lugar, etc...
Preme aquí para descargar a folla de inscripción de 2º a 5º.
E se o que necesitas e descargar a folla de inscripción de 6º preme aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tenis de Mesa 23-24.
Pav. Ceip Sobrada Tomiño.
8,15 e 22 de novembro 2023.
Os vindeiros mércores 8, 15 e 22 de novembro de 2023, vai ter lugar a competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar.
Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña de autorización asinada antes do vindeiro venres 3 de novembro de 2023Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.
Aquí podedes descargar a folla de autorización
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O C.E.I.P Nº2 DE TUI ESCOLA RESIDUOS O.
Seguimos ao igual que o curso pasado a traballar, para ser unha escola residuos 0. Para iso o noso alumnado, familias e mestr@s están a tomar conciencia da importancia de merendas saudables e sen residuos nos nosos patios. Para isto cada clase ten a súa caixa para deixar os envases durante o tempo de lecer. Cando remata o recreo son recollidos e levados de novo a casa, para poñer a disposición das merendas do día seguinte.
Queremos deixar unha gran pegada no planeta.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción de Balonmán
Mércores de setembro de 2023.
O mércores 13 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Martín e varios xogadores coñecemos o Club Balonmán Tui que adestra no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar.
Moitísimas grazas equipo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción de Judo e Baloncesto
Martes 12 de setembro de 2023.
O martes 12 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Alejandro e Javier Niño coñecemos o Club Baloncesto Tui que adestra no pavillón vello de Tui, eles animáronnos a practicar este deporte durante todo o curso, nas súas instalacións.
Con Rubén Morais do Club Judo Tui, aprendemos técnicas de defensa persoal, a coidar de nós e a coidar dos demais, no ximnasio do colexio. Rubén animounos a visitar as instalacións do seu Club no Centro Interfederado, onde estará encantado de compartir grandes momentos con nós e con este deporte.
Grazas, moitas grazas a Rubén, Javi e Alejandro.
|
|
|
|
|
|