O vindeiro martes día 31 de xaneiro de 2023 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB, 4ºC. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda.
Competición de Bádminton Categoría Benxamín, Alevín e Infantil
( 3º, 4º, 5º e 6º). Curso 22-23
O vindeiro martes, día 24 de xaneiro, dará comezo a competición escolar de Bádminton, as Xornadas terán lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:00h.Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día 17 de xaneiro.Achegamos calendario coas xornadas que irán por separado.
Para o alumnado de 5º e 6º será o martes 24 de xaneiro e o martes 7 de febreiro.
Para o alumnado de 3º, 4º e repetidores de 6º será o martes 31 de xaneiro e o martes 14 de febreiro.
A Xorndad Final será o mércores 1 de marzo para todos.
Preme aquí para descargar a inscripción de alevín.
Se queres a inscripción de Benxamín e Infantil preme aquí.
Animádevos a participar e pasar boas xornadas xogando a bádminton.
O Nadal é unha boa época no ano, para practicar deporte en familia, e levar a cabo actividades lúdicas, onde @s nen@s e as súas familias pasen tempo xuntos. Este Nadal, deixámosvos proposta interesantes para facer en familia. É importante, que vos informedes da situación, horarios, etc... antes de desprazarvos ata estes fantásticos lugares.
Aquí vos imos deixar, varias propostas, por si son do voso interese, e entran dentro dos vosos plans para ás vacacións de Nadal.
En Galicia:
Nadal en Tui é unha das posibilidades máis próximas que temos, para gozar do nadal.
Nadal en Vigo é unha das principais fontes de ocio durante as festas con atraccións, circo de Nadal, exposicións Living Dinosaurs, pista de xeo...
Nadal en Lalín inaugura os sete poboados temáticos como reclamo turístico e un dos principais atractivos para as familias.
Nadal en Marín, continúa enchendo a localidade de actividades para toda a familia: Talleres, xogos, atraccións,concertos...
Nadal en Allariz.Allariz celebra o Nadal, dende o 18 de decembro ao 9 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos. As actividades irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro e actividades deportivas farán que os asistentes as mesmas gocen deste Nadal 2021.
Espectáculos, concertos e actividades infantís en Galicia no Nadal 2021. Aquí vos deixamos o enlace a moitos espectáculos, concertos, teatros... dos que podedes gozar.
Manzaneda Nadal de neve.
En Portugal:
PERLIM: PARQUE TEMÁTICO DE NADAl EN PORTUGAL.
Cabeça . Serra da Estrela
Cabeça na serra de Açor e unha Aldea de Nadal, na serra da Estrela, sendo a primeira aldea de Nadal eco-sostible do país. As comunidades locais empeñáronse no desenvolvemento da decoración de nadal usando elementos naturais, excedentes forestais e agrícolas, así como lá da serra da estrela.
Óbidos Natal.
Lisboa. Wonderland Lisboa a máxia do nadal.
Aproveitade para camiñar, andar en bicicleta, en patinete... e visitar todos eses espazos naturais que o Nadal vos regale visitar. Esperamos as vosas fotos e recomendacións. Bo Nadal!.
Dende o pasado venres día 16 de decembro ata o domingo 18 de decembro, levouse a cabo a XII Tic Tac Cup Cornellá, na que participaron numerosos equipos alevíns a nivel nacional e internacional.
Entre eles o Real Club Celta de Vigo, no que xoga Humberto Rey de 5ºB.
Humberto desprazouse ata Cornellà co seu equipo e tivo a oportunidade de xogar con grandes equipos coma o Andorra, o Valencia, proclamándose novenos no torneo.
Humberto destacou polo seu gran fútbol e polos seus valores deportivos, do que se fixo eco a prensa que cubria o partido, coma podedes ver a continuación.
O teu navegador non soporta este vídeo.
Noraboa Humber polos teus grandes logros! Pasao ben, vive o fútbol, leva sempre contigo eses valores deportivos que te fan grande e chegaras alá onde te propoñas.
Atoparedes máis información de este torneo, premendo no escudo.
O domingo 18 de decembro realizarase a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño, organizada polo clube AndaTui.
Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense.
Atoparedes máis información, premendo sobre a imaxe. Animádevos a practicar deporte en familia.
O Club Atletismo Tui, coa colaboración do Concello de Tui, vai organizar o día 31 de nadal de 2022, a 1ª proba San Silvestre en Tui. Esta proba poderá realizarse correndo ou andando. Unha fantástica posibilidade de prácticar deporte en familia.
Animádevos a participar en familia!. Ao remate da proba haberá chocolate, rosca e uvas.
A Inscrición será gratuíta imprescindible ata o mércores 28 de decembro.
En beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Poden facerse donativos no seu número de conta (ES50 2100 2188 8302 0022 3608) ou en efectivo coa recollida do dorsal o día da carreira.
O vindeiro mércores día 14 de decembro de 2022 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- CEP Pedro Caselles de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºA. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. As familias que queiran asistir, poderan facelo.
O pasado, venres día 9 de decembro de 2022 , tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño.
A xornada louse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºB, 4ºB. Xogamos a bádminton, volei, balonmán, baloncesto, xadrez e fútbol-sala. Una xornada fantástica na que nos divertimos moito xunto ao alumnado de Sobrada. Grazas pola visita.
Grazas aos coles, familias e mestres que coa súa axuda fan posibles estas xornadas fantásticas.
O vindeiro venres día 9 de decembro de 2022 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºB, 4ºB. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda.
Tui acollerá o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala o martes 6 de decembro
Tui acollerá o próximo martes, 6 de decembro, o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal.
Aos que vos guste este deporte, animádevos a ir ata os pavillóns de Tui onde poderedes gozar do mellor fútbol-sala de base. Clicade sobre a imaxe para dispoñer de máis información.
O pasado venres día 2 de decembro, o alumnado de 1º de Educación Primaria, saimos plantar ao bancal do noso nivel, amorodos.
Como xa tiñamos a terra preparada e con plástico, tivemos que facer os buratos, meter a planta e poñerlle terra, para que en breve, gomen ricos amorodos. Agora estaremos pendentes de regar e coidalas.
O alumnado de 4ºA este ano, vai investigar sobre as prantas con fabeca. O día 2 de decembro de 2022, saimos á horta para prantar chícharos, agora imos estar atentos a como medran.
Aquí vos deixamos as fotos do plantío. Grazas por actividades saudables coma esta.
O pasado mércores día 30 de novembro de 2022, tivo lugar a 2ª e derradeira xornada da competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, no Pav. do Ceip de Sobrada. Nesta xornada participou numeroso alumnado de 3º, 4º, 5º a 6º. Unha tarde na que gozamos de moito tenis de mesa, coñecemos compañeiros de outros colexos, vivimos grandes momentos e recibimos a medaia de participación, que foi o que máis nos gustou.
Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta estupenda xornada. Noraboa a tod@s @s campións.
Atoparedes as clasificacións e máis fotos das xornadas premendo na seguinte foto.
O vindeiro, mércores 30 de novembro, terá lugar a 2ª xornada da Competición Escolar de Tenis de Mesa, da presente campaña Deportiva 22-23, en horario de 16:30h a 19:00h, no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 19:30h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e rotonda igrexa Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo e merenda. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.
O pasado sábado día 26 de Novembro de 2022, tivo lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:30h. Alí estivo o equipo de voluntarios do CEIP Nº2 de Tui, formado nesta ocasión por: Eloy, Eloy, Alicia, Aldara, Carla, Sabela, Sara e Xiana. Tamén colaboraron co equipo Xoel, Rubén, Alfonso e Cris os papás e o irmá de Sara. Moitísimas grazas a tod@s pola vosa gran axuda.
Eles foron os encargados de repartir o avituallamento aos corredores, así coma de sinalizar, recoller os residuos e deixar todo limpo e recollido. Un gran traballo que a organización califica de excelente.
Motisimas grazas a tod@s polo bo facer, polo voso compromiso e pola vosa axuda.