Deporte en Tui
|
|
|
|
Deporte e Ocio en Tui.
28 de Setembro de 2024.
Dende o Equipo de Deporte no 2 animamos a nosa comunidade educativa: mestr@s, familias e alumnado a participar nas actividades de ocio e deportivas que nos ofrece a nosa cidade, no seu entorno natural, a vindeira fin de semana.
1º Lendas ao solpor nos muiños do Tripes o vindeiro sábado 28 de setembro ás 20:30h. Ruta ambientada e teatralizada.
2º VII Regata cidade de Tui de Remo, onde participarán cerca de 100 remeiros o vindeiro sábado día 28 de setembro ás 9:30h no Centro Interfederado de Tui.
Pomovendo estilos e hábitos de vida saudable en familia en Tui
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción deportiva.
Xornada de Baloncesto
Hoxe xoves día 19 de outubro de 2024, chegamos ao derradeiro día de promocions deportivas da man do CB Tui de Baloncesto, os adestradores Javier e Alejandro viñeron a ensinar aos nosos alumnos e alumnas que é o baloncesto e cómo poden practicalo.
Se che gusta o baloncesto e queres practicalo, pincha aquí, atoparás máis información.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción deportiva de Kung-Fu e Balonmán.
Hoxe mércores 18 de setembro de 2024, o alumnado do CEIP N°2 de Tui, tivemos a oportunidade de probar o Kung-Fu e o Balonman. Estuvieron con nos do Club Balonmán Tui, Pablo, Pablo e Miguel e do Club Disom de Tui Miguel e Julio. A actividade física, a defensa persoal, a vida activa foron o que puxemos en valor, no día de hoxe. Grazas a ambos clubs por regalarnos xornadas coma estas.
Se no Disom, Kung Fu che apetece probar, aquí atoparás máis información.
O club de balonmán nos deixou algúns agasallos, que sortearon entre todo o alumnado. Aquí vos deixamos as fotos dalgúns dos gañadores.
Atoparás máis información de balonmán aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción deportiva de Remo e Fútbol Sala.
Hoxe martes 17 de setembro de 2024, o alumnado do CEIP N°2 de Tui, tivemos a oportunidade de probar o remo e o fútbol-sala, da man do Club Remo Tui, con Diego e Marta e co Club A Quinta Futsal de Tui con Xacobe e Alba. Valores deportivos, respeto, colaboración,, axuda, seguridade, os pilares fundamentais que nos transmiron. Grazas ambos clubs por regalarnos momentos.
Se o que queredes e practicar remo, atoparedes máis información se pinchades aquí.
E se da Quinta Futsal queres saber máis, para fútbol-sala practicar, aquí terás que pinchar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción deportiva de Bádminton.
Hoxe luns 16 de setembro de 2024, o alumnado do CEIP N°2 de Tui, gozou do bádminton, da man do Club Bádminton Tui, con Marisa Giraldez, Marisa e Gerardo estuvieron a experimentar coa raqueta e o volante, para que este sexa o seu deporte de vida. Grazas ao Club Bádminton Tui.
Se bádminton vas a practicar, aquí debes teclear.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Eurocidade VI Urban Trail Night. Sábado 25 de Novembro de 2023
Eurocidade Valença- Tui
O pasado sábado día 25 de Novembro de 2023, tivo lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 19:30h.
O equipo de Voluntarios de 6º do Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, en resposta a adenda 2030 e como ven sendo habitual, participamos na proba de apoio como voluntarios, para repartir o avituallamento. Grazas á todo o todo o voluntariado e as súas familias, por facer posibles vivencias coma esta. Así mesmo, agradecer aos organizadores do Urban Trail Night, que contasen coa nosa axuda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VI Urban Trail Night Eurocidade.
Sábado 25 de Novembro de 2023
Eurocidade Valença- Tui
O vindeiro sábado día 25 de Novembro de 2023, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 19:30h ata ás 21:00h.
Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, en resposta a adenda 2030 e como ven sendo habitual, imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na mesma, como voluntarios que cubran a seguinte notiña.
Pincha aquí para descargar a nota de Inscripción
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Quinta de Tui Futsal
VII Campus Futsal "Toñín" Martín.
3-21 xullo 2023
A Quinta de Tui Futsal, organiza do 3 ó 21 de xullo o VII Campus Futsal, se che gusta o futbol sala, non podes perdelo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Club Kayak Tudense
Cursillos de Iniciación ó piragüismo.
O Club Kayak Tudense organiza durante os meses de xuño, xullo e agosto, cursillos de iniciación ó piragüismo. Animádevos a participar.
KAYAKTUDENSE@KAYAKTUDENSE.ORG PRAZAS LIMITADAS Xoox TUI XUNTA DEGALICIA NON tinto catering /ABANCA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA merxia PASTORIZA BAITRA"" width="564" height="397">
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Club Balonmán Tui
Xuño de portas abertas.
O Club Balonmán Tui, organiza no mes de xuño xornadas de portas abertas para coñecer o balonmán, anímate a vivir o balonmán.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Tyde Futbol Club viaxe a Verslmond.
Varios alumnos do C.E.I.P. Nº2 de Tui, atópanse na cidade alemana de Verslmond, co equipo Alevín do Tyde Fútbol Club, xogando un torneo internacional que se realiza entre o 8 e o 12 de xuño de 2023. Este convite ven da boa relación que o equipo tudense estableceu co equipo anfitrión desta cidade.
Aquí vos deixamos fotos da recepción do equipo no Concello de Tui e xa en Verslmond.
Desexarlle a todo o equipo a mellor das sortes e que sobre todo o pasen ben.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Carreira Solidaria Save the Children
Sábado 10 de xuño 2023 ( Tui )
O sábado, día 10 de xuño de 2023, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Save The Children no Paseo da Corredeira, organizada polo CEIP Nº1 de Tui, coa colaboración do Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui. Gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as e familias que se animen a participar terán que realizar a inscripción no seguinte enlace: https://clubatletismotui.wordpress.com/, na recollida do dorsal, realizarase un donativo a Save The Children, que será a beneficiaria de todo o importe recaudado.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VIII Triatlón Tui-Porriño.
Sábado 27 de maio de 2023
Marina de Tui
O pasado sábado día 27 de xuño de 2023 tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.
Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.
Tivemos oportunidade de fotografiarnos co gran triatleta Javier Gómez Noya padriño da proba e gañador dunha prata nas olimpiadas de Londres 2012 e varios campionatos do mundo e de Europa. Grazas a todo o equipo de alumn@s voluntarios.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IX Trofeo Baile Deportivo
Eurocidade Tui-Valença
26 de Marzo 2023
O sábado día 26 de marzo, está previsto o IX Trofeo de Baile Deportivo, na Eurocidade Tui-Valença. Un evento deportivo, que poderemos ver no Pavillón Gustavo de Tui. Animamos a todo o alumnado e familias, a gozar de esta oportunidade, que nos ofrece o deporte tudense.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aloia Kids Trail 23.
Sábado, 11 de febreiro de 2023 ás 16:30h.
O vindeiro sábado, 11 de febreiro de 2022, as 16:30h, terá lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías serán:
Sábado, 11 de febreiro ás 16:30h.
BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos.
Domingo, 12 de febreiro ás 10:00h
A proba de 20k a saída será ás 10:00 da mañá e reservada para corredores maiores de 18 anos.
A proba de 10k a saída será ás 11:00 horas e reservada para maiores de 15 anos.
Para o alumnado deixámosvos a folla de inscripción aquí.
Para os adultos a inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:
https://www.deporticket.com/web-evento/7923-aloia-trail
Atoparedes toda a información en : http://www.traildoaloia.com/
Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en Tui.
|
|
|
|
|
|