O pasado, sábado día 4 de marzo de 2023, na categoría de fútbol alevín, tiveron partido o equipo Escolas Denis Suárez de Salceda co Celta de Vigo, no Campo de Fútbol Penedo Redondo en Salceda. No equipo da casa xoga Mauro e no equipo visitante xoga Humberto. Ambos alumnos de 5ºB do colexio e amigos de toda a vida, que hoxe se convertiron en rivais no terreo de xogo.
A nosa periodista desplazada no terreo de xogo: a profe Lucía de Infantil, deunos conta con todo o detalle do partido. Foi unha mañá soleada e de moita deportividade. Noraboa aos dous!!.
Moitísimas grazas por noticias tan importantes coma esta, onde o deporte, o bo xogo e o respeto sexan o máis destacado da xornada.
O alumnado do C.E.I.P Nº2 de Tui tivo a oportunidade, hoxe venres 24 de febreiro de 2023, de presenciar a saída da segunda etapa do Gran Camiño 2023 dende Tui.
O alumnado de 5º e 6º visitou as rúas, onde estaban situados os distintos equipos deportivos, cos seus vehículos de apoio á proba.
Posteriormente tiveron oportunidade de ver aos diferentes equipos e fotografiarse cos corredores de Burgos BH, o histórico Alvaro Pino, natural de Ponteareas e gañador da volta ciclista a España no ano 1986 e con Atila Valter corredor do Jumbo Visma e gañador da Volta a Hungría 2020.
Finalmente animaron a todos os corredores na saída da etapa.
O resto de alumnado saíu á rúa Concordia para animar a todos os corredores e desexarlles boa etapa.
Dende o pasado venres día 16 de decembro ata o domingo 18 de decembro, levouse a cabo a XII Tic Tac Cup Cornellá, na que participaron numerosos equipos alevíns a nivel nacional e internacional.
Entre eles o Real Club Celta de Vigo, no que xoga Humberto Rey de 5ºB.
Humberto desprazouse ata Cornellà co seu equipo e tivo a oportunidade de xogar con grandes equipos coma o Andorra, o Valencia, proclamándose novenos no torneo.
Humberto destacou polo seu gran fútbol e polos seus valores deportivos, do que se fixo eco a prensa que cubria o partido, coma podedes ver a continuación.
O teu navegador non soporta este vídeo.
Noraboa Humber polos teus grandes logros! Pasao ben, vive o fútbol, leva sempre contigo eses valores deportivos que te fan grande e chegaras alá onde te propoñas.
Atoparedes máis información de este torneo, premendo no escudo.
A Selección Española de balonmán xuvenil escolleu Tui para continuar a súa preparación de cara ao Campionato do Mundo do vindeiro ano 2023.
A Selección que ven de proclamarse Campiona de Europa estivo esta semana do 10 ao 17 de outubro adestrando no Pavillón Gustavo de Tui.
O alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui fomos convidados a ver os seus adestramentos. Pero o que máis nos gustou a tod@s foi poder facer fotos cos xogadores e os seus autógrafos.
Aquí vos damos conta do ben que o pasamos e a sorte que tivemos de poder vivir momentos fascinantes coma este.
Moitísimas grazas a toda a Selección Española de balonmán xuvenil.
O pasado luns, día 6 de decembro de 2021, tivo lugar o I Torneo de Fútbol de San Benito, no Concello de Gondomar. Neste torneo participou Mateo Freiría de 3ºC co seu equipo, o Atios. Xogaron moitos partidos e pasáronno moi ben, mostra diso foi a medalla que gañou o seu equipo.
Mateo quixo compartir este momento deportivo cos seus compañeiros de clase, así que nos falou da xornada e truxo a medaia para ensinárnola.
O pasado mes de outubro de 2019, Manu Garrido proclamouse 4º Clasificado no Campionato do Mundo de Marathón de Piragüismo, que tivo lugar en China.
Manu adestrou moi duro, buscou o apoio dos seus: familia, amigos, tudenses, xente que lle ten aprecio...e chegou a China con un lema:Antes de acadar un soño, debes creer que podes facelo. Con gañas e ilusión deu o mellor de sí. Rematar cuarto nunha proba tan dura, fai que para nós Manu sexa un Campeón. Noraboa.
Sara Tui Medalla de Ouro no campionato do Mundo de Fútbol Praia Feminino.
O pasado mércores 16 de outubro de 2019, a selección Española de Fútbol Praia convertíase na gañadora da medalla de Ouro nos xogos mundiais de Fútbol Praia en Doja ( Qatar). Entre as xogadoras atopábase a tudense Sara Tui, xunto a outras dúas xogadoras galegas: Carol González e Andrea Mirón.
As nosas felicitacións a toda a selección feminina de Fútbol Praia, pero especialmente a Sara, unha súper xogadora.
Aquí vos deixamos o enlace a páxina da Voz de Galicia onde podedes ver o vídeo da final.
Angel José, de 4ºB, Campeón Junior do Torneo Noite e Día
O alumno Angel José de 4ºB, ven de proclamarse Campeón Junior no Torneo Noite e Día, celebrado o día 9 de Marzo de 2019. Angel José, moi afeccionado ao deporte de Tiro, foi campeón nas categorías de pistola con boliñas e tiro con carabina. Noraboa polos teus grandes éxitos e por compartilos con nós.
O pasado domingo 17 de marzo, tivo lugar en Porriño a Carreira Popular O Porriño 10K. Nesta proba participaron Elena e Humberto Rey Martínez de 5ºA e 1ºB, xa que son membros do Club Atletismo Porriño. Noraboa e a seguir participando en vindeiras probas e colleitando tan bos resultados como ata o de agora.
Información facilitada pola súa familia. Moitas grazas.
A V Edición da Gala do Deporte celebrarase no Auditorio de Goián co obxectivo de premiar ás e aos deportistas tomiñeses destacados neste último ano.
Durante o evento entregáronse diferentes galardóns, como o de mellor deportista feminina e masculino, mellor evento deportivo e deportista con maior proxección, entre outros. Moitos de estes premiados foron antigos alumn@s das escolas de Tomiño que forman parte da Agrupación Deportiva de Deporte Base Baixo Miño. Noraboa a tod@s eles e ao Concello de Tomiño, por ter sempre presente a importancia do deporte para unha vida sá e saudable.
O pasado domingo 17 de febreiro de 2019, levouse a cabo a Carreira de San Miguel de Oia en Vigo. Alí estivo participando na categoría Alevín Masculino, Nicolás Freiría de 5ºB co seu club o Club Atletismo Porriño.
Noraboa Nico, polo teu esforzo, e pola túa paixón por este deporte.
Moitas gracias a Nico e a súa familia por achegarnos esta información.
O pasado xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,nas Instalacións do Campo de Fútbol de Chenlo.
Nesta importante proba participou a alumna Elena de 5ºA integrante do Club Atletismo Porriño. Noraboa Elena, pola túa participación e os grandes resultados.
Información facilicitada pola familia de Elena de 5ºA. Moitas grazas.
O equipo feminino de Suecia formado por estas tres intrépidas atletas, ven de convertirse en campión do mundo de Salto de Comba, na modalidade Freestyle.
Aquí vos deixamos o vídeo da peripecias que fan saltando á comba. Espero que desfrutedes visualizándoo e vos animedes a experimentar e prácticar.
O vindeiro domingo 23 de decembro de 2018, terá lugar en Tomiño, con saída na Rúa Daniel Calzado, en horario de 11:00h-12:00h, a I Carreira de Nadal do Concello de Tomiño 2018, organizado polo Concello de Tomiño e o atletismo Trega. Animádevos a participar.