Seguimos o deporte

O vigués Jacobo Bastos participará no Campionato de Europa de Carrilanas

O vigúes Jacobo Bastos participará no

Campionato de Europa de Carrilanas.

Jacobo Bastos convertirase no primeiro galego en participar no Campionato Europeo de carrilanas. A cita será entre os 24 e os 26 de Xullo en Brescia, Italia. Para loitar polo podium serán 200 rivais os que terá Jacobo como contrincantes. Esta é unha modalidade, federada a nivel internacional, considerada como " a irmá rural" da millonaria Fórmula 1. O piloto vigués Bastos foi Campeón de España nos anos 2013 e 2014. Agora aspira a ser o número un de Europa.


Se queredes saber máis aquí vos deixamos o enlace á noticia publicada en Faro de Vigo.

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Salto de Altura 2015

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Salto de Altura 2015

 

Diego Rodríguez, alumno de 5ºC, acaba de proclamarse, Subcampión Galego de Salto de Altura, co equipo alevín do Club Atletismo Porriño.

 

O Salto de Altura é unha proba deportiva destro das probas de atletismo en pista. Nesta ocasión Diego Conseguiu o Subcampionato saltando unha altura de 1.33m de altura

Os nosos parabéns para este gran deportista por este subcampeonato.

 

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Duatlón 2015

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Duatlón 2015

Diego Rodríguez, alumno de 5ºC, acaba de proclamarse, Subcampión Galego de Duatlón, co equipo alevín do Club Atletismo Porriño.

O Duatlón é unha proba deportiva que consta de carreira a pé e tamén carreira en bici. 

Os nosos parabéns para este gran equipo por este subcampeonato. E noraboa a Diego, que é un gran deportista.

As mellores canastas de Brodie Smith

Hoxe venres día 13 de Marzo, Borja de 5ºC nos traia unha noticia sobre baloncesto.

Na web descubriu algo interesante que lle apetece compartir con todos vós. As mellores canastas de Brodie Smith, o curiso e que estas canastas, agora que estamos a traballar baloncesto en clase, e que non son con un balón de baloncesto, senon con un frisbee.

Pinchade aquí para disfrutar de este  video vós tamén.

Damián Alonso Subcampeón de Europa de Remoergómetro. 17-18 Xaneiro de 2015

Damián Alonso Subcampeón de Europa de Remoergómetro.

17-18 Xaneiro de 2015

O remeiro guardés do Club de Remo Robaleira de A Guarda, Damián Alonso, ven de quedar Subcampeón de Europa de Remoergómetro, que tivo lugar en Amsterdam o pasado fin de semana 17-18 de Xaneiro.

O vindeiro 1 de Marzo de 2015, participará no Campionato do Mundo de Remoergómetro en Boston. Noraboa e moita Sorte Damián!.

Podedes atopar máis información sobre esta noticia en:

Facebook Escoita Deporte - RMT

23 de enero a la(s) 21:55 · 

Programa 31.- Damián Alonso, subcampión de Europa de Remo Ergómetro.
Escoitar Entrevista: http://ow.ly/HQfdk

 

O India Masters escápaselle de entre os dedos a Carolina Marín

Carolina Marín, subcampeona na India tras unha final tremenda.

O pasado luns día 26 de Xaneiro, o Ceip Nº2 de Tui comezaba a semana cunha gran noticia que nos achegaban os nenos de 4º,5ºe 6º. Durante a fin de semana, estiveran seguindo en Teledeporte, bádminton. O Bádminto é a competición que estamos a levar a cabo no 2º Trimestre. E sorprendentemente, descubrimos que na tele, as veces, tamén se poden ver outros deportes que non sexan fútbol. Todos seguiron o partido de Carolina Marín.

A española, e campeona do Mundo de Bádminton, Carolina Marín quedou a un só punto de acadar ser  campiona do Syed Modi India Masters ao cair derrotada en tres agónicos sets  diante de Saina Nehwal por 21-19 23-25 16-21 en 80 minutos de xogo.

Carolina que gañou o primeiro set, tivo nas súas máns 2 puntos de partido para poder gañar o partido. Sen embargo, o triunfo final sería para Saian Nehwal.

Despois de acadar o Subcampeonato do Grand Prix Gold India, Carolina volta a Madrid, para seguir cos seus adestramentes, preparándose, para os vindeiros Campionatos de Europa por equipos mixtos, que terán lugar en Lovaina ( Bélxica) do 11-15 de Febreiro.

http://masdeporte.as.com/masdeporte/2015/01/25/polideportivo/1422185301_339668.html

 

 

A Selección Española de Balonmán Masculina no Mundial de Qatar 2015

A selección Española de Balonmán, que antes do Nadal visitaba Cangas do Morrazo, atópase disputando o Mudial de Balonmán en Qatar. Qatar 2015 terá lugar do 15 de Xaneiro ao 1 de Febreiro.

España xogou o 16 de Xaneiro o seu primeiro partido do Mundial contra Bielorrusia, gañando o encontro sen grandes problemas. O día 17 de Xaneiro de 2015, xogou o seu segundo partido contra Brasil, tentando defender o título que os considera a mellor selección do Mundo. O partido que estivo moi igualado deulle a  victoria final ós nosos hispanos. 

O pasado Luns día 19 de Xaneiro xogou contra Chile, selección á que lle conseguiu gañar sen problemas. Seguindo así o seu camiño cara a clasificación.

Este será o calendario de partidos da primeira fase do Campeonato:

  • 16.01.15 ESPAÑA-BIELORRUSIA (15:00, Teledeporte)
  • 17.01.15 ESPAÑA-BRASIL (15:00, Teledeporte)
  • 19.01.15 ESPAÑA-CHILE (15:00, Teledeporte)
  • 21.01.15 ESPAÑA-QATAR (17:00, Teledeporte)
  • 23.01.15 ESPAÑA-ESLOVENIA (15:00, Teledeporte)

Podedes seguir o campionato en directo en: http://www.qatarhandball2015.com/

 

Despois de gañar o pasado domingo día 25 de Xaneiro, 28 a 20 a Túnez, España prepárase para afrontar o partido de cuartos de final.

Maña mércores día 28 de Xaneiro a partir das 19:00h terá lugar o partido de cuartos onde os hispanos se enfrontan a Dinamarca, tentando pasar a semifinais.

Aquí vos deixamos o cuadrante de partidos e horario das semifinais.

28 de enero: Croacia - Polonia (16:30 h), xogarase no pavillón Ali Bin Hamad de Doha.

28 de enero: Catar - Alemania (16:30 h), xogarase no pavillón Lusail Hall de Doha.

28 de enero: Eslovenia - Francia (19:00 h), xogarase no pavillón Ali Bin Hamad de Doha.

28 de enero: Dinamarca - España (19:00 h), xogarase no pavillónLusail Hall de Doha.

Despois de gañar o pasado Mércores día 28 de Xaneiro, 24-25 a Dinamarca, nun partido non apto para cardiacos, España acada as Semifinais do campionato do Mundo. O vindeiro Venres medirase a Francia, en Semifinais. Sorte Hispanos.

O soño Hispano non poido ser, ao atoparse con Francia en Semifinais, coa que perdeu o pasado Venres.

España xogou o pasado domingo día 1 de Febreiro polo terceiro e cuarto posto contra Polinia. A clasificación final para os Hispanos foi un meritorio 4º posto no mundial.

Noraboa e a seguir soñando en Brasil 16, nos vindeiros xogos olimpicos.

Clasificación Final

1º Francia.

2º Qatar.

3º Polonia.

4º España

Emparejamientos de cuartos de final 28 de enero: Croacia - Polonia (16:30 h), a jugarse en el pabellón Ali Bin Hamad de Doha. 28 de enero: Catar - Alemania (16:30 h), a jugarse en el Lusail Hall de Doha. 28 de enero: Eslovenia - Francia (19:00 h), a jugarse en el pabellón Ali Bin Hamad de Doha. 28 de enero: Dinamarca - España (19:00 h), a jugarse en el pabellón Lusail Hall de Doha.

Ver más en: http://www.20minutos.es/deportes/noticia/dinamarca-rival-espana-cuartos-final-balonmano-mundial-catar-2015-2358486/0/#xtor=AD-15&xts=467263
Emparejamientos de cuartos de final 28 de enero: Croacia - Polonia (16:30 h), a jugarse en el pabellón Ali Bin Hamad de Doha. 28 de enero: Catar - Alemania (16:30 h), a jugarse en el Lusail Hall de Doha. 28 de enero: Eslovenia - Francia (19:00 h), a jugarse en el pabellón Ali Bin Hamad de Doha. 28 de enero: Dinamarca - España (19:00 h), a jugarse en el pabellón Lusail Hall de Doha.

Ver más en: http://www.20minutos.es/deportes/noticia/dinamarca-rival-espana-cuartos-final-balonmano-mundial-catar-2015-2358486/0/#xtor=AD-15&xts=467263

Balón de Ouro 2015 para Cristiano Ronaldo

Balón de Ouro 2015 de Fútbol 

para Cristiano Ronaldo

Como todos os anos no mes de Xaneiro, faise a entrega do balón de Ouro de Fútbol, que este ano lle correspondeu ao xogador do Real Madrid, Cristiano Ronaldo.

Balón de ouro: o xogador do Real Madrid logra o seu tercer galardón, tras os de 2008 e 2013, con el 37,66% dos votos. Messi, Balón de Prata (15,76%) e Neuer, de Bronce (15,72%). 

Este é o terceiro balón de Ouro para Cristiano Ronaldo, tras os conseguidos no ano 2008 e o ano 2013, agora suma o balón do 2015

Por outra parta Messi, que acadou este ano o balón de prata, ten no seu palmarés 4 balóns de ouro: nos anos 2009,2010,2011 e 2012 


Esta información foi facilitada polos alumnos de 4º C: Adrián, Carlos, Sara, Rubén, David...

Carlos e Rubén de 4ºC, seguiron investigando nesta noticia, e sobre o seu ídolo Messi e contáronnos:

Que Messi ten 3 Botas de Ouro: 2009-2010,2011-2012,2012-2013. 

A Bota de Ouro, en Fútbol, é o trofeo co que se premia cada ano ao maior goleador das ligas europeas, dende o ano 1968.

Ten 3 trofeos de pichichi e 6 copas de Liga.

No ano 2009-2010 foi o máximo goleador da Liga con 34 goles.

No ano 2011-2012 foi o máximo goleador da Liga con 50 goles.

Creación da Peña Denis Suárez Salceda de Caselas

O vindeiro Venres 19 de Decembro de 2014, ás 21:00h, terá lugar en Salceda a presentación da peña Dennis Suárez, onde estará o xogador.

Deixamosvos o cartel con máis información, para que vos animedes a participar coa vosa familia.

 

Partido de Balonmán España-Austria Cangas

Partido de Balonmán España-Austria

Pav Gatañal Cangas

Martes 29 de Outubro de 2014 20:30h

O  martes 29 de Outubro, varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui, seguimos en directo o fabuloso partido de balonmán entre a selección española de balonmán e a selección austriaca, no pav do Gatañal en Cangas. Diego de 5ºB, Iago e Xabi de 6ºB, disfrutamos dunha gran tarde de balonmán onde a selección española gañou 27-16, ademáis de ver e disfrutar do partido aproveitamos para traervos noticias de estes grandes campións os hispanos.

Contámosvos, que nos fotografiamos con eles, cos nosos ídolos: Viran Morros, Victor Tomás, Entrerrios, Albert Roca, etc.. e tamén tivemos oportunidade de falar con eles.

Foi unha ilusión feita realidade, esperamos que disfrutedes coa reportaxe que aquí vos deixamos ao igual que o fixemos nós.

Nik Wallenda, o funambulista dos récords

Os nenos/as do Ceip Nº2 de Tui disfrutamos coa Selección Española de Balonmán

Disfrutamos coa Selección Masculina Española de Balonmán

Luns 27 de Outubro de 2014

Pav do Gatañal Cangas

A federación de Balonmán en colaboración co Clube Balonmán Tui, convidou aos nenos/as do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, a disfrutar do adestramento que a Selección Española de Balonmán fixo no Pav do Gatañal en Cangas.

Ata alí, fomos moitos nenos/as coas nosas profes e as nosas familias, disfrutamos do mellor balonmán do Mundo. Alí estaban eles "Os Hispanos" Arpad Sterbik (Vardar) e Gonzalo Pérez de Vargas (Fútbol Club Barcelona) na portería;Carlos Ruesga (MKB Veszprém) e Raúl Entrerríos (Fútbol Club Barcelona) de centrais; Eduardo Gurbindo (Fútbol Club Barcelona) e Jorge Maqueda (HBC Nantes) no lateral dereito; Joan Cañellas (THW Kiel), Mikel Aguirrezabalaga (Abanca Ademar) e Viran Morros (Fútbol Club Barcelona) no lateral esquerdo; Albert Rocas (Naturhouse La Rioja) e Víctor Tomás (Fútbol Club Barcelona) no extremo dereito;Cristian Ugalde (MKB Veszprém) e Valero Rivera (HBC Nantes) no extremo esquerdo; Gedeón Guardiola (Rhein-Neckar Löwen), Juan Andreu (TSV Hannover-Burgodorf) e Julen Aginagalde (Vive Targi Kielce) de pivotes.

Con eles disfrutamos de unha tarde para o recordo, vendo como xogaban e o momento máis esperado chegou cando, nos firmaron autógrafos e nos puidemos facer fotos con eles.

 

     
     
     

 

Recordámosvos a todos que podedes ver o mércores día 29 de Outubro ás 20:30h o partido España-Austria en directo no Pav do Gatañal en Cangas, ou por teledeporte.

Aquí vos deixamos uns enlaces interesantes dos Hispanos:

http://www.rfebm.net/

https://www.youtube.com/watch?v=Ld2IPUh5WFE

https://www.youtube.com/watch?v=HKBElXWRZus

Ven disfrutar do Adestramento da Selección Española de Balonmán a Cangas

VEN DISFRUTAR DO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONMÁN EN CANGAS

Luns 27 de Outubro de 18:00 a 20:00h

A Federación Galega de Balonmán convida a todos/as nenos/as do Baixo Miño e as súas familias a disfrutar do adestramento, que  a  Selección Española de Balonmán levará a cabo mañá Luns, no pav do Gatañal en Cangas, en horario de 18:00h a 20:00h. O autobús sairá dende o Pav Novo de Tui ás 17:00h e o regreso será a carón das 21:00h aprox. Esta actividade será gratuita para todos os participantes. Todos os nenos/as e familias que queiran participar, dada a premura da actividade, deberán reservar praza para o bus, ao longo do día de hoxe, enviando un correo electrónico ao correo a:beaagrudebam@gmail.com ou  chamando, vía mensaxe ou whasap ao Tlfno:650602161. Así mesmo, todos os participantes menores de idade, deberán entregar asinado o seguinte impreso:  

Pincha aquí.

Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico

Do 27 Setembro ao 11 de Outubro tivo lugar en Reus Cataluña, o Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico. Nesta edición a participación española tivo unha gran repercusión.

O grupo Show Grande Español CPA Olot proclamouse Campión do Mundo por oitava vez.

http://www.reus2014.com/es/el-olot-campeon-del-mundo-de-show-grande-por-octava-vez/

A galega Nuria Rives colgouse por segunda vez a medalla de bronce xunto ao seu grupo Shou pequeno, el PA Blanes con el Show “As time goes by”.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2014/10/11/segundo-bronce-mundial-consecutivo-nuria-rives/0003_201410G11P46992.htm#.VDpCvqk26gV.facebook

O tamén galego Bruno García  proclamouse por primera vez subcampeón do mundo co seu grupo Show grande El Masnou, con el Show “Laberinto”.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2014/10/18/bruno-garcia-cabo-cumplido-sueno/0003_201410G18P47995.htm#.VEJZZy2oBVA.facebook

E tamén vos imos deixar unha foto especial de unha profe super campeona de patinaxe, que disfruta moitísimo facendo e vendo patinaxe, a profe Sara. Aquí no último Campionato do Mundo que tivo lugar en Reus.

PARTIDO DE BALONMÁN ESPAÑA-AUSTRIA

Partido de Balonmán España- Austria

Martes 29 de Outubro de 2014 20:30h

Pavillón de O Gatañal Cangas

 

O vindeiro martes día 29 de Outubro, ás 20:30h, a Selección Española de Balonmán Masculina, disputará o seu primeiro partido clasificatorio para o Campeonato Europeo que terá lugar en Polinia no ano 2016. Este  primeiro encontro enfrontará a España con Austria. Un partido fascinante que poderemos disfrutar en directo moi pertiño de nós.

Aquí vos deixamos máis información do partido:

http://www.balonmancangas.com/espanaaustria.htm

 

Distribuir contido