Seguimos o deporte

O JUGGER UN DEPORTE NOVIDOSO EN GALICIA

O Jugger é un deporte que comeza a practicarse en Galicia a partires de 2010.

O Jugger é un deporte inspirado na película "La Sangre de los Héroes" (The Blood of Heroes, 1989), onde os xogadores intentan gañar e ter mellor calidade de vida loitando no campo de xogo…ainda que poderían perder a súa vida no intento.  Usaban calaveras de can como balón de xogo e os xogadores eran considerados coma héroes no lugar onde se proclaman campións.
 • Título: The Blood of Heroes
• Año: 1989
• Género: Ciencia Ficción, Acción
• Director: David Webb Peoples
• Actores: Rutger Hauer, Joan Chen,  

Como deporte o Jugger comezou a practicarse a comezos dos anos 90 en Alemaña. O primeiro partido que se xogou foi no ano 1993 nun evento de rol en vivo.
​No ano 2007 a "Asociación de Jugger" (Jugger e.v.) logrou que o Jugger fose considerado deporte oficialmente.

Ainda que onde máis se práctica é en Alemaña, hoxe en día tamén se xoga en Irlanda, España, Dinamarca, Reino Unido, Polonia, Italia, Australia, Estados Unidos y Costa Rica.

En España xogouse o primeiro Open Valenciano en 2009, posteriormente tamén comezaría a xogarse en Zaragoza, Madrid…

A Galicia o Jugger chegou a finais de 2010 grazas a Asociación Xuvenil Draco (A Coruña), que celebrou a primeira xornada de este deporte na cidade deportiva de Riazor.

O pasado Domingo 29 de Xaneiro de 2017, tivo lugar en Salvaterra de Miño o I torneo Irmandiño de Jugger.

O Jugger é un deporte de contacto brando, unha mezcla entre softcombat e rugby, onde a axilidade, a coordinación e a estratexia de equipo son imprescindibles.

Participan dous equipo. Cada un terá 8 xogadores: 5 xogadores de campo e 3 suplentes. Dos 5 xogadores 4 serán loitadores ( armados) e 1 será corredor ( desarmado) , este será o encargado de levar o balón ( chamado calaveira).​

O obxetivo é marcar puntos na base rival. Cada equipo terá que cubrir ao seu corredor, derrotando aos loitadores rivais e así facilitando que os seus corredores fagan punto.

Deixamosvos máis información de este deporte en: http://juggergalicia.wixsite.com/asociacion/los-origenes

OPEN DE AUSTRALIA 2017

FEDERER GAÑA O SEU 18 GRAN SLAM

O pasado domingo día 29 de xaneiro viviuse a final soñada por tódolos amantes do tenis nun gran slam. Roger Federe e Rafael Nadal xogaron un partidazo que se resolveu a 5 sets a favor do suizo. Facía 6 anos que ambos tenistas non se enfrentaban nunha final de gran slam. Despois de vaios anos nos que ambos deportistas pasaron por lesións e tempadas de malos resultados, é unha alegría para o deporte que ambos volvan competir a gran nivel no circuito ATP.

Noraboa aos doús por ser un exemplo dentro e fóra da pista!!!!

SERENA WILLIAMS GAÑA O SEU 23 GRAN SLAM

No cadro feminino Serena Williams gañou a súa final ante a súa irmá Venus Williams, conseguindo o seu 23 Gran Slam, quedando a un de ser a muller con máis torneos "grandes" gañados.

Noraboa tamén a estas irmáns que seguen dando alegrías e mostrando que a idade é só un estado mental!!!!

 

 

JAVIER FERNÁNDEZ PENTACAMPIÓN DE EUROPA

Javier Fernández Pentacampión de Europa de Patinaxe sobre xeo. 

O español Javier Fernández conseguiu o pasado sábado día 28 de xaneiro convertirse en pentacampeon de europa de patinaxe sobre xeo. Por quinto ano consecutivo, na cidade checa de Ostraba Javier conseguiu igualar a fazaña do eslovaco Ondreij Nepela  a cal fai máis de 40 anos.

Atoparedes máis información en: http://www.levante-emv.com/deportes/2017/01/30/increible-ejercicio-convertido-javier-fernandez/1522127.html

A nosa noraboa a este gran campeón.

CAMPIONATO MUNDIAL DE BALONMÁN

Campionato Mundial de Balonmán

Francia do 11-29 de Xaneiro 2017.

Dende o  día 11 ata o 29 de Xaneiro de 2017, terá lugar en Francia, o Campionato Mundial de Balonmán Masculino, no que España xogará no grupo B, e atoparase nos seus primeiros partidos coas selección de: Eslovenia, Macedonia, Islandia, Tunez e Angola.

Aquí vos deixamos un enlace a web oficial do campionato, para que estades atentos aos partidos e aos horarios dos mesmos. http://www.francehandball2017.com/en/

Moita sorte Hispanos!!.

DAKAR 2017

 

Dakar 2017

 Estase a levar a cabo durante o mes de xaneiro de 2017 a proba do Dakar. Esta é unha competición extrema e fora do común que consigue transformar o espiritu aventureiro dos participantes. Os participantes teñen oportunidade de viaxar nos seus vehículos de competicións por paisaxes extraordinarios, pero teñen que ter grandes aptitudes deportivas, fisicas e mentais.

Este ano a proba estase a levar a cabo no continente sudamericano, coa participación de grandes corredores españois e de todo o mundo... e unha proba de excepción que vos invitamos a seguir na web e na televisión.

 Unha das noticias que nos causou máis impacto este ano foi o abandono de Calor Sains polo aparatoso acccidente sufrido nun barranco, cando estaba a piques de rematar a cuarta etapa da proba. Unha mágoa para este gran corredor que se perfilaba como un dos favoritos.

 Podedes atopar máis información da proba sobre os resultados dos e das participantes na seguinte web: http://www.dakar.com/dakar/2017/es/recorrido.html

 

 

 

CRISTIANO RONALDO ELEXIDO MELLOR XOGADOR DO ANO 2016

 

Cristiano Ronaldo elexido mellor xogador do ano, nos premios The Best da FIFA

O xogador dianteiro do Real Madrid, Cristiano Ronaldo, foi galardoado co Premio 'The Best' como mellor xogador do mundo 2016, este galardón recibido nestes primeiros días do mes de xaneiro de 2017, engadeseao Balón de Ouro que lle foi entregado en decembro pola publicación 'France Football'.

Cristiano ten catro Balóns de Ouro, é este foi un dos mellores anos da sua carreira deportiva.

 A nosa noraboa a este gran xogador. Podedes atopar máis información en: http://www.20minutos.es/deportes/noticia/premios-the-best-fifa-2017-directo-2929139/0/#xtor=AD-15&xts=467263

 Información facilitada por Andrés e os seus compañeiros de 3º A

 

 

 

 

Xogadores do Club Baloncesto Tui no Campionato de España de Baloncesto

 

Xogadores do Club Baloncesto Tui no Campionato de España de Baloncesto

 Huelva 3-7 de Xaneiro de 2017.

 Dende o pasado día 3 ata o 7 de Xaneiro de 2017 tuvo lugar na cidade de Huelva, o campionato de España de Baloncesto, na categoría Cadete Masculino.

 A selección galega de baloncesto contou nesta ocasión con tres grandes xogadores do Club Baloncesto Tui: Pablo Glez Sendra, Joel Martinez Rodríguez e o recen chegado a Tui Jens Larrañaga.

 Despois de un intenso campionato acadaron a quinta praza no seu grupo preferente. A nosa Noraboa a estes grandes xogadores, e ao Club Baloncesto Tui polo gran traballo que está a realizar.

 

ROBERT MARCHAD DE 105 ANOS BATE O RECORD DO MUNDO

ROBERT MARCHAD DE 105 ANOS BATE O RECORD DO MUNDO

O francés Robert  Marchand de 105 anos, bate o record da hora en bicicleta na súa categoría.

O pasado día 4 de Xaneiro de 2017, o francés Robert Marchand estableceu o récord mundial de 22,547 kilómetros da hora en bicicleta dentro da categoría de corredores que, coma  él, teñen 105 ou máis anos de idade.

A proba tivo lugar no velódromo nacioan de Saint-Quentin-en-Yvelines, ao  suroeste de París  e no que superou fai tres anos o seu propio récord da hora cun total de 26,927 kilómetros.

Marchand definese como o deportista máis vello do mundo, naceu o 26 de novembro de 1911 en Amiens ao norte de Francia.

Ademáis de facer moito deporte durante toda a súa vida, Marchand sempre tivo hábitos de vida saudables, coma  comer moita froita e verduras, non fumar, tomar pouco café e menos alcohol….o que fixo posible que chegara  a idade de 105 anos en tan boa saude. 

Actualmente fai  unha hora diaria de estiramentos, a continuación fai outra hora de exercicio físico na sua bicicleta estática na casa e o resto do día pasao leendo para manter o seu cerebro activo.

Un modelo de deportista a seguir por todos nós, sen dubida.

FESTA DO JUDO VIGUÉS

Festa do Judo Vigués

O pasado día 18 de decembro de 2016, tivo lugar no Ifevi en Vigo a festa do Judo Vigués,na que participaron varios nenos e nenas do noso colexio, Lía Salvado, Erea Diez, Titanio, Ruth Blanco, Aloia Pato e moitos máis. Foi unha xornada moi importante para tod@s @s participantes, boa mostra diso é a foto que adxuntamos do Faro de Vigo.

Esta información foi facilitada pola familia de Aloia Pato e Uxía Soliño. Moitísimas gracias por achegarnos información tan interesante.

III INVASIÓN CELESTE CELTA DE VIGO

III INVASIÓN CELESTE

O vindeiro Xoves día 8 de Decembro vai ter lugar no estadio de Balaídos, a III edición da carreira popular “ Invasión celeste”. A Fundación Celta de Vigo organizadora da proba, ten como obxetivo que esta proba sea para toda a familia.

Como xa é tradición a carreira comezará e rematará no estadio de Balaídos, onde tamén haberá música e actividades para os máis pequenos.

Haberá 3 categorías diferentes:

·         6,7 km para adultos,

·         1km para nen@s entre 2002 y 2009

·         Carrera muy especial, de 50 metros, para nen@s nacidos entre 2010 y 2014 que tenrá lugar no interior do estadio..

Para participar na terceira “Invasión Celeste” deberá realizarse a inscripción na páxina web de magma sports hasta o día 4 de Decembro, con desconto especial para aqueles que se inscriban antes do 30 de Novembro. Todos os participantes recibirán coa inscripción do evento unha camiseta técnica da marca Adidas de agasallo. Animádevos a participar coas vosas familias.

Información facilitada por Nerea de 6ºC. Moitas Gracias Nerea!

BALONCESTO ADAPTADO

 

O equipo feminino de Baloncesto do San Xerome Emiliani

 Subcampeón de Galicia

 15 de Outubro 2016

 Ponteceso

 

O pasado fin de semana 15 de Outubro tivo lugar en Ponteceso a Copa de Galicia de Baloncesto adaptado, na categoría feminina. Os equipos finalestas foron Mos e o equipo do Colexio San Xerome Emiliani....as Campeonas galegas foron as xogadoras de Mos, sendo as do equipo guardés as subcampionas.

A nosa noraboa a ámbolos dous equipos.

 

 

 

JAVIER GÓMEZ NOYA VOLVE A EMPEZAR

 

Gómez Noya volve a empezar


Despois de tres meses recuperándose da fractura que lle impediu participar nos Xogos Olímpicos de Río, o galego Javier Gómez Noya, comezou os adestramentos para a vindeira tempada.

Os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, desexámoslle unha recuperación total e moita sorte para a vindeira tempada.

 

MARC MÁRQUEZ CAMPIÓN DE MOTOGP

MARC MÁRQUEZ CAMPIÓN DE MOTOGP

O piloto español Marc Márquez proclamouse, de xeito matemático, campión de MotoGP esta fin de semana na carreira de Motegi, grazas a súa victoria na carreira e as caidas dos seus perseguidores Jorge Lorenzo e Valentino Rossi.

Este campionato é o quinto que gaña este xoven piloto na súa carreira deportiva, e o terceiro na máxima categoría (motogp), despois de ter puntuado en tódalas carreiras desputadas ata o momento nesta tempada.

Marc ten un presente e un futuro de éxitos, que o converten, xa nunha lenda do deporte español.

Noraboa a este campión!!!!!!

 

 

GRAN PREMIO MOVISTAR DE ARAGÓN DE MOTO GP

 

A alumna de 6ºB Maya Moledo, estivo a pasada fin de semana do 23,24 e 25 de Setembro en Aragón seguindo o Gran Premio Movistar de Moto GP.

Unha aventura inolvidable, que vos invita a disfrutar, se vos gusta o mundo do motor e sobre todo o mundo das motos...

Ela tivo a oportunidade de disfrutar da carreira ademáis de compartir momentos cos protagonistas da mesma: Marc Márquez, Jorge Lorenzo, Valentino Rossi...


Gracias a Maya e a súa familia por compartir este momento con nós, por achegarnos ao motociclismo e por animarnos a disfrutalo.

I TORNEO DE FÚTBOL BASE MICHAEL PAIS

I TORNEO FÚTBOL BASE MICHAEL PAIS

 

O próximo mes de Setembro, días 10 e 11, celebrarase en Salceda de Caselas o I Torneo de Fútbol Base Michael Pais, organizado pola Asociación Michael Pais e as escolas deportivas municipais do Concello de Salceda e o Clube de Fútbol Vila do Corpus. Para ó apoio aos nenos e nenas con cancro e enfermidades raras.

Neste torneo participan preto de 400 xogadores de diferentes equipos de Galicia e Portugal, nas categorías pre-benxamín, benxamín e alevín.

Todos/as aqueles amantes do fútbol, estades convidados/as a vir animar aos nenos a pasar uns días disfrutando deste deporte.

Agardámosvos!!!!!

Distribuir contido