ROBERT MARCHAD DE 105 ANOS BATE O RECORD DO MUNDO

ROBERT MARCHAD DE 105 ANOS BATE O RECORD DO MUNDO

O francés Robert  Marchand de 105 anos, bate o record da hora en bicicleta na súa categoría.

O pasado día 4 de Xaneiro de 2017, o francés Robert Marchand estableceu o récord mundial de 22,547 kilómetros da hora en bicicleta dentro da categoría de corredores que, coma  él, teñen 105 ou máis anos de idade.

A proba tivo lugar no velódromo nacioan de Saint-Quentin-en-Yvelines, ao  suroeste de París  e no que superou fai tres anos o seu propio récord da hora cun total de 26,927 kilómetros.

Marchand definese como o deportista máis vello do mundo, naceu o 26 de novembro de 1911 en Amiens ao norte de Francia.

Ademáis de facer moito deporte durante toda a súa vida, Marchand sempre tivo hábitos de vida saudables, coma  comer moita froita e verduras, non fumar, tomar pouco café e menos alcohol….o que fixo posible que chegara  a idade de 105 anos en tan boa saude. 

Actualmente fai  unha hora diaria de estiramentos, a continuación fai outra hora de exercicio físico na sua bicicleta estática na casa e o resto do día pasao leendo para manter o seu cerebro activo.

Un modelo de deportista a seguir por todos nós, sen dubida.