Skip to Content

Febreiro 2022

Deporte en Tui

Carreira Castro San Miguel Oia

16 de febreiro de 2022.

O pasado domingo 16 de febreiro, tivo lugar a Carreira Castro San Miguel en Oia. Na mesma, participou o Club Atletismo Tui con moitos deportistas, entre os que se atopaban Vio e Elena de 3ºC. Elas quixeron compartir coa súa clase as súas medaias. Noraboa Campionas.

A Milla

 

A Milla

Visita aos Parques Naturais de Portugal.

Durante o mes de xaneiro o alumnado do C.E.I.P Nº2 de Tui percorremos moitas millas, no noso circuito do cole, tantas que nos permitiron visitar case todos os Parques Naturais e Nacionais de Portugal.

En total en xaneiro fixemo1759,5 millas, que sumadas as  4546 millas do 1º trimestre suman un total de 6305,05 millas. Despois de percorrer todos os espazos naturais de Galicia, este mes puxemos rumbo ao país veciño, que nos ofrece moitos espazos con encanto, para practicar actividade física, sá e saudable.

Convidámosvos a visitalos en familia e enviarnos as vosas fotos. Esperamos as vosas millas do mes de febreiro para seguir coñecendo parques naturais fascinantes. Rexistrádeas aquí.

 

RECEITAS SAUDABLES

ENSALADAS.

O alumnado de 5 anos, no mes de setembro levamos leitugas para casa, xa que atopamos, na nosa horta moitas que medran no verán.

Deixamos que medraran nas nosas casas con moito agarimo e os mellores coidados.

Agora no mes de xaneiro, xa estaban grandes e apetitosas para facer ricas ensaladas. Aquí vos deixamos as nosas receitas para que vexades o saudable que comemos os/as nenos/as de 5 anos.



by Dr. Radut