Skip to Content

Maio 2015

III CARREIRA 10K SALCEDA

 

O pasado domingo 3 de Maio  tivo lugar a III Carreira 10 KM, organizada polo Concello de Salceda de Caselas.

As probas deron comezo ás 12:00 horas, con saída e meta na Praza do Concello. Foi unha xornada moi chuviosa e desapacible, na que participarón varios atletas do Ceip Nº2 de Tui.Aquí vos deixamos algunhas fotos que recollen o ben que o pasamos.

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Duatlón 2015

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Duatlón 2015

Diego Rodríguez, alumno de 5ºC, acaba de proclamarse, Subcampión Galego de Duatlón, co equipo alevín do Club Atletismo Porriño.

O Duatlón é unha proba deportiva que consta de carreira a pé e tamén carreira en bici. 

Os nosos parabéns para este gran equipo por este subcampeonato. E noraboa a Diego, que é un gran deportista.

O Equipo do Tyde Alevín viaxa a Versmold do 5 ao 7 de Xuño.

O equipo Alevín do Tyde

Viaxe a Versmold

5-7 de Xuño

O equipo do Tyde, formado por alumnos do Ceip Nº2 de Tui, viaxa o vindeiro día 4 de Xuño, á cidade alemana de Versmold, por segundo ano consecutivo, para participar no Torneo Alevín que organiza o equipo de Fútbol de esta cidade.

A categoría alevín alemana non corresponde exactamente coas do noso país, polo que os nenos que viaxarán son alumnos de 5º e 4º, algúns deles repiten despois de viaxar o ano pasado.

O Torneo levarase a cabo entre o 5 e o 7 de Xuño e nel participarán 20 equipos de 7 nacionalidades diferentes.

Todos eles esperan a chegada de este día con moitas gañas, nerviosismo e ilusión. Forman parte do equipo:Antón de 4ºA, Nico e Iván de 5ºA,Iago, Izan e Adrián de 5ºB e Gonzalo e Borja de 5ºC. Para o cole é un privilexio e unha honra que os nosos alumnos poidan disfrutar de esta grande oportunidade.

As nosas felicitacións para todo o Club do Tyde polo seu gran traballo, pero en especial a nosa felicitación, nesta ocasión, vai para o equipo que viaxa, para que o pasen ben, que o disfruten e que o seu deporte favorito, o fútbol, faga posible que estes grandes xogadores fagan amigos, sexan grandes compañeiros e sobre todo grandes persoas.

Aquí vos deixamos un enlace ao artículo publicado na Voz de Galiza fai uns días, sobre esta aventura.

Despois de varios días en terras alemanas, o noso equipo regreso a casa, moi satisfeito polos seus resultados, polo moito que disfrutaron e polo ben que o pasaron.

Aquí vos deixamos boa mostra diso e do eco que a prensa tanto alemana como española se fixo de este acontecemento.

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 24 de Maio de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo do Luceros, o seu sexto partido de Copa.

C.B. Tui-Luceros. O resultado  foi favorable ao equipo do Teucro: 5-6/3-7/1-6/5-3.

Noraboa Campións!!

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 16 de Maio de 2015, no Pavillón do Teucro, contra o equipo do Teucro, o seu quinto partido de Copa.

Teucro-C.B. Tui. O resultado  foi favorable ao equipo do Teucro: 7-1/7-5/7-4/4-4.

Noraboa Campións!!

Campeonato Provincial Xogade. Grupos Show . Patinaxe Artística

Campeonato Provincial Xogade

Grupos Show

Patinaxe Artística

O Vindeiro Domingo 10 de Maio, tivo lugar no Pavillón Novo de Tui, ás 18:30h o Campeonato Provincial Xogade de Grupos Show, de patinaxe artística, que organiza o Club Ribex de Tui.

O equipo de Primaria do Club Ribex de Tui, do que forma parte a alumna de 4ºC Patri, proclamouse Campeón Provincial Xogade 2015, co baile Show " Para mi"

A nosa Noraboa a este gran equipo de Campeóns!!

   

O equipo Alevín do Tyde F.C segue a xogar a Liga 14-15.

O pasado Domingo 10 de Maio de 2015, xogou outro partido máis da liga de Fútbol 14-15, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no seu campo  contra o equipo de Sárdoma, o resultado está vez foi para o noso equipo que foi quen de gañar Tyde 3-Sárdoma 1.

Noraboa Campeóns!!.

 

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 9 de Maio de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo do Carballar B, o seu cuarto partido de Copa.

C.B. Tui-SCarballar B. O resultado  foi favorable ao clube tudense: 4-7/5-4/6-2/4-3.

Noraboa Campións!!

O equipo Alevín do Tyde F.C segue a xogar a Liga 14-15.

O pasado Sábado 25 de Abril de 2015, xogou outro partdo máis da liga de Fútbol 14-15, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no seu campo  contra o equipo do Chapela, o resultado está vez foi para o noso equipo que foi quen de gañar Tyde 2-Chapela 0.

Noraboa Campeóns!!.

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 25 de Abril de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo do S.A.R. C, o seu terceiro partido de Copa.

C.B. Tui-S.A.R C. O resultado  foi favorable ao clube tudense: 8-1/6-1/6-4/7-2.

Noraboa Campións!!

 

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 18 de Abril de 2015, no Pavillón de Carballal, contra o equipo do Carballal A, o seu Segundo partido de Copa.

Carballal A-C.B. Tui. O resultado non foi favorable ao clube tudense, pero xogaron con moitas gañas e ilusión: 4-1/5-0/5-0/11-4

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui comeza este fin de semana a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 11 de Abril de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo do Seis do Nadal, o seu primeiro partido de Copa.

C.B. Tui-Seis do Nadal. O resultado non foi favorable ao clube tudense, pero xogaron con moitas gañas e ilusión: 1-4/3-3/4-3/2-8

 

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui segue a colleitar victorias na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 2 de Abril de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo da S.A.R de Redondela.

C.B. Tui-S.A.R. O resultado foi de empate: 8-5/4-6/4-2/2-4

Noraboa Campións!.

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a xogar na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 23 de Marzo de 2015, no Pavillón do Luceros

Luceros-C.B. Tui. O resultado non foi favorable ao equipo tudense: 3-1/6-2/8-1/6-2

 

I Torneo de Tenis de Mesa Liceo Casino de Tui

I Torneo de Tenis de Mesa Liceo Casino de Tui

               EL 13 JUNIO DEL 2015

INSCRIPCION:

                      SOCIOS  GRATIS

                      NO SOCIO, ADULTOS 3 €  Y NIÑOS 1€

PREMIOS PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS           

    *CATEGORIAS POR EDADES CON UN MÍNIMO DE 8 PARTICIPANTES.

    *HORARIO:10:00 A 13:00 H. Y 16:00-20:00H.
INSCRIPCIÓN EN EL TLF. 986601269  liceocasinotui@gmail.com

 

 

 

 

 

Deportividade no Deporte. Elaboración dos alumnos de 5ºC

Deportividade no Deporte.

Despois da Xornada de Dinamización Intercentros do Ceip Nº2 de Tui, os/as nenos/as de 5ºC, fixeron esta gran reflexión que queren compartir con todos/as os seus compañeiros do cole.

Ser un gran deportista, comeza por ser unha gran persoa, con un comportamento leal, fiel e de respeto tanto cara aos contrincantes, árbitros, compañeiros coma espectadores.

O deporte nos vai a axudar: a pasalo ben, divertinos e facer amigos...

Aquí vos deixamos os seus traballos e as súas grandes conclusións. Gracias aos nenos/as de 5ºC por esta aportación.

 

 

 

As alumnas de 5ºC Celia e Marta práctican Equitación

As Alumnas de 5ºC Celia e Marta, disfrutan no seu tempo libre e coas súas familias, do deporte que máis lles gusta. A equitación. Aquí vos deixamos voa proba diso. Os nosos parabéns!.

     
     

CAMPUS de TECNIFICACIÓN JOE ARLAUCKAS - TUI 2015.

Un ano máis, e xa van catro, o Club Baloncesto Tui vai celebrar entre os días 27 de xullo e 1 de agosto de 2015 o tan esperado Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS - TUI.

Como sempre volven contar na nosa cidade coa presenza do ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, amais de técnicos e xogadores de altísimo nivel, con eles gozaremos dunha gran semana de baloncesto en Tui.


No seguinte enlace podedes atopar máis información: http://www.cbtui.com/
 
 

Torneo de Verán de Balonmán

 

Torneo de Verán de Balonmán

 Pav. Novo de Tui de 16:00h a 19:00h

 Martes 26 de Maio para Benxamíns 3º e 4º e Prebenxamíns 1º e 2º

 Mércores 27 de Maio para Alevíns 5º e 6º

 

Os vindeiros Martes 26 e Mércores día 27 de Maio, terá lugar o Torneo de Verán de Balonmán da presente competición escolar de Balonmán, terá lugar no Pavillón Municipal Novo de Tu.

 

O Martes 26 será para os nenos das categorías Prebenxamín e Benxamín ( Ed Infantil, 1º,2º,3º e 4º).

 

O Mércores 17 será para os nenos da categoría Alevín ( 5º e 6º).

 

O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.Todos os /as nenos/as serán levados e recollidos polas súas familias ao pavillón. Terán que levar calzado para cambiarse e merenda. Se tiveran calquera dúbida poden chamar ao Tlfno:650602161

 

V Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Cep Altamira de Salceda

     V Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Cep Altamira de Salceda

O vindeiro Xoves día 21 de Maio de 2015 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Altamira de Salceda. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºC e 3ºB.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

IV Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Pazos de Tui

 IV  Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Pazos de Tui.

O pasado, Xoves día 23 de Abril de 2015 tivo lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2-Ceip Pazos. A xornada levouse a cabo de 10:00 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºB e 3ºA.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos.

IV Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Pazos de Tui

 IV  Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Pazos de Tui.

O vindeiro Xoves día 23 de Abril de 2015 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pazos. A xornada levarase a cabo de 10:00 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB e 3ºA.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

III Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Guillarei de Tui

III  Xornada de Dinamización Intercentros

 

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Guillarei de Tui

 

 O pasado, Mércores día 25 de Marzo de 2015 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a III Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levou a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºA e 4ºB.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta xornada.

III Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Guillarei de Tui

III  Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Guillarei de Tui

 O vindeiro Mércores día 25 de Marzo de 2015 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levarase a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºA e 4ºB.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

II Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

II Xornada de Dinamización Intercentros

 

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

 

A mañá de onte, Mércores día 11 de Marzo de 2015, tivemos a II Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogamos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visitáronnos, os nosos amigos do Ceip Nº1 de Tui.

 

Os alumnos de 6ºA, xogaron no equipo alevín, e os alumnos de 4ºC   representearon ao equipo Benxamín. Xogamos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos foron mixtos.

O resultado foi o menos importante, o importante foi que o pasamos xenial, como podedes comprobar nas fotos que están a continuación.

 

 

II Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

 

II Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

Mañá, Mércores día 11 de Marzo de 2015, teremos a II Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogaremos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visítannos, os nosos amigos do Ceip Nº1 de Tui.

Os alumnos de 6ºA, seremos os que representemos ao equipo alevín, e os alumnos de 4ºC  seremos os que representemos ao equipo Benxamín. Xogaremos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos son mixtos.

Temos que traer equipación do cole e chandal. 

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

Festival de Verano de Patinaje Artístico Tui

O Club Ribex de Patinaxe, organiza o vindeiro 23 de Mayo de 2015 ás 18:30h o Festival de verán de Patinaxe Artístico, no Pavillón Novo de Tui. Neste festival participan moitos nenos/as do Ceip Nº2 de Tui. Animádevos a disfrutar do mesmo.

O Concello de Tui organiza os Campamentos de Verán para as dúas quincenas de xullo e a primeira de agosto

O Concello de Tui, ao través da concellería de Deportes, organiza os Campamentos de Verán 2015, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto.

Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do noso municipio. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o martes 26 de maio ata o martes 2 de xuño, no horario de 09.00 a 14.00 horas, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases,que adxuntamos a continuación

Bases Campamentos urbanos.

Folla de Inscripción.

Poden consultar máis na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do Concello.

Gañadora do Concurso de Creación Novo Logo Agrudebam

A Agrupación Deportiva Baixo Miño convocou un concurso no que  participaron varios coles da Agrupación e moitos nenos/as do noso colexio. 

O logo gañador foi o realizado por Sofía Rodríguez Portela de 5ºC do noso cole, gañadora de un chandal e de unha camiseta da Agrupación  Deportiva. Noraboa Sofía!

Así mesmo, o noso cole foi o de maior participación polo que tamén foi gañador de un lote de material deportivo. Noraboa a todos/as nenos/as que participastes.

XII Andaina Solidaria Tudense " In Memoriam" José Urceira "Pepiño"

XII Andaina Solidaria Tudense " In Memoriam" José Urceira " Pepiño"

O Club Andatui organiza o vindeiro, o vindeiro sábado 16 de Maio, a XII Andaina Solidaria Tudense, este adícada a un gran amigo, a unha gran persona e gran deportista José Urceira " Pepiño".

A saída será do Centro Interfederado ás 10:00h, dirección ao Monte Aloia. Aquí vos deixamos un enlace a súa páxina onde podedes atopar máis información. Dende o cole animarvos a todos/as a participar nesta aventura, que vos vai permitir de paraxes naturais e idílicos tudenses.

Aquí podes atopar máis información.

Thillos Eurocidade Valença-Tui

Thillos Eurocidade Valença-Tui.

A Eurocidade organiza coma todos os anos as andainas saudables, para as familias que queiran disfrutar delas, serán ao longo de todo ano en Valença e Tui. Adxuntamos o calendario das mesmas para que vos animedes a participar.

Campeonato Provincial de Patinaxe en Tui

Campeonato Provincial Xogade

Grupos Show

Patinaxe Artística

O Vindeiro Domingo 10 de Maio, terá lugar no Pavillón Novo de Tui, ás 18:30h o Campeonato Provincial Xogade de Grupos Show, de patinaxe artística, que organiza o Club Ribex de Tui.

Animamos a todos os nenos/as a disfrutar de este evento expectacular.



by Dr. Radut