Skip to Content

Xuño 2023

SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN

 

 

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN

(Curso 22-23)

 

O pasado martes 13 de xuño os terceiros foron de excursión á illa de San Simón con parada no museo Meirande. No museo comezamos cun vídeo que nos contaba como sucedeu a batalla de Rande no ano 1702 e que tivo unha duración de día e medio. Tamén nos ensinaron como evolucionou o traxe de buzo e puidemos ver as maquetas dos barcos que libraron a batalla.

Xa na illa descubriron todos os seus segredos e realizaron unha xincana por equipos moi divertida. Tamén vos animamos a descubrir a lenda sobre a dragoa Coca, unha lenda que non nos deixou indiferentes.

Á volta disfrutaron dunhas fermosas vistas da ría de Vigo na cuberta do barco, toda a viaxe estivo amenizada con música.

Unha saída emocionante!

 

 

 

Aliméntate ben

Visita a granxa Corazón de Carballo en Tomiño.Queso GIFs | Tenor

1º e 2º Educación Primaria.

 Xuño de 2023

O alumnado de 1º e 2º de Educación visitaron como fin de proxecto Naturaliza-T, a granxa escola Corazón de Carballo en Tomiño.

Alí tiveron contacto coa horta e viron o proceso de elaboración do queixo, dende o leite de cabra ata a súa comercialización. Unha fantástica experiencia para fomentar vida sá e saudable.

Aliméntate ben

As árbores do patio ensinan os seus froitos.

Coa chegada de mellores temperaturas no mes de xuño de 2023, as  árbores que plantamos no patio no mes de xaneiro do ano 2022, xa teñen os seus primeiros froitos. Están ben fermosas cos coidados do alumnado do noso cole. Este ano temos a proba dos mirabeis e paraguaios.

 

Actividades no Medio Natural

Tui en Ruta 23.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade estivo destinada os/as 50 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o luns 19 e martes 20 de xuño de 2023.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 19 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei e finalizamos coa visita de Gustavo Rodríguez e David Fernández, dous antigos alumnos da escola e dous referentes no mundo do ciclismo a nivel mundial.

2ª Xornada: O día 20 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.

Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.

 

Actividades no Medio Natural

Aloiada 23

O C.E.I.P. Nº2,  o C.E.I.P. Nº1,  o C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, de C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei e C.E.I.P. de Caldelas, en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.

Dita actividade estivo destinada os/as 120 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.

En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 15 e o venres 16 de Xuño de 2023.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:

 

1ª Xornada: O día 15 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

2ª Xornada: O día 16 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º gozamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.

Aliméntate Ben

Patata GIFs | Tenor

As  familias sacan as patacas

Saco de patatas. bolsa de arpillera de dibujos animados llena de papa  madura montón, ingredientes alimentarios, ilustración vectorial aislado  sobre fondo blanco | Vector Premium

 

Hoxe mércores 14 de xuño de 2023 un equipo de familias, estiveron traballando arreo na horta da escola. Con aparellos de labranza, sacaron as boas patacas que medraron e que plantaran o alumnado de infantil. Moitísimas grazas a todas as familias polo seu esforzo e o seu tempo.

 

Deporte na escola

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 14 de xuño de 2023

Hoxe, mércores 14 de xuño de 2023, levouse a cabo unha ruta en patinete para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de Educación Vial, alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe.

 

Moitísimas grazas a todas as familias, ANPA do colexio, Concello de Tui, Policía Local, monitores dos distintos talleres (Hugo, Vanesa...), aos voluntarios (Alba, Omar e Cloe) e, por suposto, ás titoras de 4º e ao centro educativo. Grazas a todos o alumnado de 4º gozou dunha xornada espléndida.

Aliméntate ben

O CEIP Nº2 no

O pasado 8, 9 e 10 de xuño de 2023 o alumnado de 3º do CEIP Nº2 de Tui, participou como centro invitado, no 3º Congreso Educativo EDUCODS 2030 organizado polo CEIP Nº1 de Tui. Actividades de aliméntación saudable, reciclaxe, coidado do planeta, consumo responsable... Unha fantástica iniciativa do CEIP Nº1 de Tui, que movilizou a moitos colexios, concello e entorno. Noraboa!

Deporte en Tui

O Tyde Futbol Club viaxe a Verslmond.

Varios alumnos do C.E.I.P. Nº2 de Tui, atópanse na cidade alemana de Verslmond, co equipo Alevín do Tyde Fútbol Club, xogando un torneo internacional que se realiza entre o 8 e o 12 de xuño de 2023. Este convite ven da boa relación que  o equipo tudense estableceu co equipo anfitrión desta cidade. 

Aquí vos deixamos fotos da recepción do equipo no Concello de Tui e xa en Verslmond.

Desexarlle a todo o equipo a mellor das sortes e que sobre todo o pasen ben.

Aliméntate Ben

Faille Click ao teu bocata.Inicio | Fai clic ao teu bocata

O luns 5, martes 6 e mércores 7 de xuño de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 DE TUI viviu, unha mágnifica experiencia cos responsables do programa "Faille Click ao teu Bocata". Aprenderon moitas cousas sobre as conservas, xogaron e mesmo probaron un exquisito bocata. Aquí vos damos mostra de este momento.

 

Deporte en Tui

 

Carreira Solidaria Save the Children

 

Sábado 10 de xuño 2023 ( Tui )

              O sábado, día  10 de xuño de 2023, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Save The Children no Paseo da Corredeira, organizada polo CEIP Nº1 de Tui, coa colaboración do Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui.  Gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as e familias que se animen a participar terán que realizar a inscripción no seguinte enlace: https://clubatletismotui.wordpress.com/, na recollida do dorsal, realizarase un donativo a Save The Children, que será a beneficiaria de todo o importe recaudado. 

 

Aliméntate ben

Pan marroquí casero esponjoso y sin horno Receta de Comida de Marruecos Con  Hakima - CookpadAliméntate ben.Tetera marroqui 250 ml | Casa Mytea [casamytea.com]

Comida de Marrocos

2º Primaria

O pasado martes 7 de xuño de 2023, o alumnado de 2º de primaria do noso centro, gozou dunha xornada de comidas de Marrocos, grazas as familias do alumnado destas clases. 

Té e pan de marrocos fixeron as delicias de nenos e nenas. Unha forma de unir culturas, establecer lazos de convivencia e expresar emocións co gusto.

 

Aliméntate ben

Excursión Acuario do Grove.▷ Delfines: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

6-Xuño-2023

Educación Infantil.

O alumnado de Educación Infantil realizou o día 6 de xuño de 2023, unha visita ao acuario do Grove, como visita final do proxecto do mar, levado a cabo na escola. Alí viron os peixes, as súas especies e fixeron moitos xogos divertidos.

Tamén tivemos oportunidade de ir ver o mar e ter contacto coa area. Pasárono moi ben.

Deporte na Escola

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Luns 5 de xuño de 2023.

 O pasado luns día 5 de xuño de 2023 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas  dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.

 

Unha xornada onde o alumnado coñeceu patrimonio, experimentou sensacións e investigou sobre o Camiño.



by Dr. Radut