Skip to Content

Xuño 2015

Xornada Final Zonal de Bádminton Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete

 

 

Xornada Final de Bádminton Benxamín,Alevín, Infantil e Cadete

Mércores 25 de Febreiro de 2015

Pav da Carballa en Tomiño

O pasado , Mércores  día 25 de Febreiro, tivo lugar no Pav da Carballa en Tomiño, a Xornada Final Zonal de Bádminton para as categorias Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Nesta xornada soamente participaron os/as alumnos/as, que se clasificaron anteriormente. A competición levouse a cabo dende as 16:30h ás 20:30h.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta xornada, onde tivermos moi bos resultados, resaltando que Corina Estévez de 3ºA proclamouse Campiona Zonal.

Podedes ver máis fotos e os videos da competición en Agrudebam

COMPETICIÓN ESCOLAR. Tenis de Mesa 14-15

  Tenis de Mesa 14-15.

 

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

 

22, 29 de Abril e 13 de Maio de 2015

 

             Os Vindeiros mércores días 22, 29 de Abril, e 13 de Maio tivo lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente Campaña Deportiva no Pav. Do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas estiveronn destinadas os/as nenos/as de 3º,4º, 5º a 6º que se animaron a participar.

Tivemos grandes resultados, entre os que temos que destacar que Paula Russel de 4ºC  foi Campiona Zonal da Categoría Benxamín Feminina

Aquí vos deixamos algunhas fotos nas que podedes ver o ben que o pasamos.

E se queredes ver os videos dos mellores partidos e máis fotos do evento, podedes pinchar en AGRUDEBAM

 

O vigués Jacobo Bastos participará no Campionato de Europa de Carrilanas

O vigúes Jacobo Bastos participará no

Campionato de Europa de Carrilanas.

Jacobo Bastos convertirase no primeiro galego en participar no Campionato Europeo de carrilanas. A cita será entre os 24 e os 26 de Xullo en Brescia, Italia. Para loitar polo podium serán 200 rivais os que terá Jacobo como contrincantes. Esta é unha modalidade, federada a nivel internacional, considerada como " a irmá rural" da millonaria Fórmula 1. O piloto vigués Bastos foi Campeón de España nos anos 2013 e 2014. Agora aspira a ser o número un de Europa.


Se queredes saber máis aquí vos deixamos o enlace á noticia publicada en Faro de Vigo.

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Salto de Altura 2015

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Salto de Altura 2015

 

Diego Rodríguez, alumno de 5ºC, acaba de proclamarse, Subcampión Galego de Salto de Altura, co equipo alevín do Club Atletismo Porriño.

 

O Salto de Altura é unha proba deportiva destro das probas de atletismo en pista. Nesta ocasión Diego Conseguiu o Subcampionato saltando unha altura de 1.33m de altura

Os nosos parabéns para este gran deportista por este subcampeonato.

 

O Club Balonmán Tui fai historia

O Club Balonmán Tui fai historia.

O Club Balonmán Tui fai historia na tempada 14-15. Despois de varias tempadas, o equipo Senior Masculino acada o ascenso a Primeira división autonómica, proclamándose campeón de liga e copa. Noraboa ao equipo de Jaime Alfaya.

Tamén se proclamou Campeón de liga e copa o equipo Cadete Feminino, de Alexander Colix, regresando a máxima categoría cadete.

Os equipos Benxamín e Alevín federados proclamáronse segundo nas súas ligas respectivamente.

A nosa noraboa ao Club Balonmán Tui polo seu gran traballo. Felicitar a súa nova directiva que comeza un novo reto neste gran Club, que con gañas e ilusión seguramente acadarán grandes éxitos e grandes resultados.

 

Lúa descubre o Deporte

 

Lúa descubre o Deporte

 

 

   Este ano, no noso cole, foi un ano de Cine. E tamén, foi un ano de cine para o deporte, no que ademáis de xogar, competir, divertirnos... tamén axudamos a Lúa a descubrir a nosa paixón polo deporte. Aquí vos deixamos o noso corto de cine: " Lúa descubre o Deporte" para que disfrutedes con él o mesmo que o fixemos nós, durante a súa grabación.

 

 

 

Móvete +

Móvete +

 

      O Programa Móvete +, e un programa no que o noso cole participou este ano por primeira vez, grazas á profe Patri. Este programa está destinado aos nenos/as de 1º e 2º de Educación Primaria.

Nel tivemos que crear a nosa coreografía, ensaiala e poñela en escea. Como este ano traballamos o Cine no cole, tamén creamos a nosa propia película.

 



by Dr. Radut