Skip to Content

Marzo 2022

Deporte Escolar

           Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 21-22

     Venres día 1 de abril de 2021

    O vindeiro venres,  día  1 de abril de 2022, terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levara a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes serán 6ºA e 6ºB.

      O alumnado de 6º sairá do colexio, en autobús, ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente a partires das 10:30h.

    Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade ( autorizada polas familias ao comezo de este curso 21-22 no Programa Xogade)  terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe deportiva do mesmo, gorra, mochila e merenda.

    Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

Deporte na Eurocidade

Raid TT Valença

26 de marzo: Motos

30 de abril: Jeeps.

Para os amantes do mundo do motor, esta fin de semana, o 26 de marzo terá lugar en Valença o Raid TT Valença cunha proba de motos e Quads, xa o vindeiro 30 de abril terá lugar a proba de jeeps. Animádevos a gozar de esta fantástica proba na eurocidade Tui-Valença.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

 Curso 21-22

 Venres día 18 de Marzo de 2021

    O pasado venres,  día  18 de Marzo de 2021, tivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levou a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes forón 5ºA e 5ºB.

 

Pinchade sobre a imaxe que se atopa a continuación, para acceder a máis fotos e aos resultados da xornada na web da Agrupación Deportiva Agrudebam.

Deporte en Tui

41 REGATA MIÑO INTERNACIONAL 

XVII COPA PRESIDENCIA

Sábado 19 de marzo de 2022.

O vindeiro sábado 19 de marzo de 2022, terá lugar en Tui a 41 Regata Miño Internacional de remo. A saída será dende Curras ( Tomiño) ás 11:50h e a chegada está prevista a partires das 12:15, ás inmediacións do centros de remo e piragüismo de Tui.

Deporte na Escola

      DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

 Curso 21-22

 

 Venres día 18 de Marzo de 2021

    O vindeiro venres,  día  18 de Marzo de 2021, terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levara a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes serán 5ºA e 5ºB.

      O alumnado de 5º sairá do colexio, en autobús, ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente a partires das 11:00h.

    Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade ( autorizada polas familias ao comezo de este curso 21-22 no Programa Xogade)  terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe deportiva do mesmo, gorra, mochila e merenda.

    Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

 

 

 

Deporte na Escola

Deporte na Escola

Calendario de Competición 2º e 3º Trimestre

Curso 21-22

Aquí vos deixamos a previsión de actividades para o 2º e 3º trimestre de este curso 2021-2022. Esperamos que participedes moitos. Preme na imaxe para ver con detalle.

Deporte en Tui

IX edición do BTT EUROCIDADE VALENÇA – TUI – VALENÇA

O vindeiro 20 de marzo, terá lugar á IX edición do BTT EUROCIDADE VALENÇA – TUI – VALENÇA, este ano será unha das probas maís esperadas dos últimos anos. Haberá dúas distancias 43 e 70 Km, onde podedes gozar co percorrido e con todo o demáis: os avituamentos, o bo ambiente, o porco ó espeto, e co recontro e a copañía dunha chea de amigos. Animádevos a participar nas vosas bicicletas ou do ambiente de festa. Atoparedes máis información se pinchades na imaxe.

 

Deporte en Tui

Campionato Galego

Grupos Show grandes e pequenos.

Sábado 26  e Domingo 27 de Marzo

Pav. Municipal Gustavo Rodríguez.

Os vindeiros sábado 26 e domingo 27 de marzo, terá lugar no Pavillón Municipal Gustavo Rodríguez de Tui o Campionato Galego de Grupos Show grandes e pequenos de patinaxe, organizado polo CPA Ribex. Animámos a todo o alumnado a gozar de esta excelente actividade en Tui.

 

Deporte en familia

 De fortaleza en fortaleza

 

O sábado 26 de marzo o club Andatui realizará unha actividade de ocio onde mesturaremos sendeirismo con turismo histórico, visitando catro fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa e situadas no tramo final do río Miño.

Nesta ruta, duns 22 quilómetros, visitaremos catro cidades amuralladas (Valença, Tui, Salvaterra de Miño e Monçao) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño. 

Sairemos, en grupo e de xeito controlado, desde a Porta do Sol de Valença para rodear a fortaleza de Valença onde un guía nos falará da súa historia. A continuación, e seguindo o Camiño Portugués a Compostela, camiñaremos ata a praza da Catedral de Tui onde outro guía nos explicará a súa historia. Finalizada a explicación daremos saída libre polo sendeiro que vai ao carón do río Miño ata o parque A Canuda, en Salvaterra de Miño, onde xantaremos. Pola tarde faremos unha visita guiada a fortaleza de Salvaterra de Miño , rematada esta visita seguiremos camiño ata a fortaleza de Monçao onde tamén recibiremos explicacións da súa historia. Ao finalizar esta visita colleremos os buses que nos levarán ata o punto de partida en Valença.

No seguinte enlace atoparedes inforación detallada da actividade no Clubandatui.

Deporte en Tui

       Roteiro  Ilustrado

“Camiñando con elas”.

Día da Muller.

             8 de marzo de 2022

O pasado martes 8 de marzo, celebrouse o día da Muller. Dende o Concello presentouse o roteiro ilustrado “Camiñando con elas”, enmarcado no proxecto “O Tui das Mulleres. A historia non contada”, cun percorrido teatralizado polo conxunto histórico da man de María Chamadoira.

Nesta ruta dase visibilidade a dez mulleres tudenses: Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suaréz Sarmiento, Evangelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia.

A ruta volverá realizarse o domingo 20 deste mes ás 12 h. Para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo. Animádevos a participar. Pinchade sobre a foto para ter máis información.

Deporte na Escola

Ruta de Orientación na Escola 

1º de Primaria.

O pasado venres 25 de febreiro o alumnado de 1º gozamos de unha xornada de Orientación na escola. As profes faláronnos das balizas, das follas de rexistro, do traballo en equipo e dos mapas de orientación. Pasamos unha maña estupenda na que nos divertimos moito.



by Dr. Radut