Skip to Content

Xaneiro 2024

Deporte na Escola

2ª Xornada Bádminton EscolarGifs Animados de Badminton

Pav CEIP Randufe

31-01-24

O pasado martes día 31 de xeniro de 2024 tivo lugar no pavillón do CEIP  Randufe tivo lugar a 1° Xornada de Bádminton Benxamín organizada por Agrudebam,!Alí estuveron os alumnos e alumnas de 3° e 4° do noso centro, xunto ao alumnado do CEIP Randufe e do Club Bádminton Tui. Unha tarde onde o noso alumnado aprendeu, xogou, compartiu e pasouno en grande, sabendo que os ODS 3 Saúde e Benestar, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 5 Igualdade de Xénero, son pilares fundamentales para a vida. Grazas a Agrudebam, ao CEIP Randufe e ao Club Bádminton Tui por oportunidades tan estupendas coma esta.

Formación

Formación en Primeiros auxilios, para familias, docentes e población en xeral.

Onte martes día 30 de xaneiro de 2024 tivo lugar no CEIP N°2 de Tui unha Formación en Primeiros auxilios, para familias, docentes e población en xeral. Agradecer a boa disposición e profesionalidade do Doutor Elogio Eladio Pardo Lorenzo, a enfermeira Dna Mª Trinidad Ramos González y Protección Civil de Tui. Unha xornada onde nos formamos para a vida.

Deporte na Escola

A Milla

Febreiro 2024

ODS 6 e 7

Biodiversidade

A Sobreira en Galicia.

Durante o mes de xaneiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. 

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de xaneiro coñecemos o ODS 6: Auga Limpa e o  ODS 7: Enrxía Asequible e non contaminante.

 

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer a sobreira no Baixo Miño. A sobreira atópase polos vales fluviais, no val dos Ríos de Tui e do norte de Portugal. A súa cortiza utílízase para facer corchos pra as botellas de auga e tapóns de todo tipo. Tamén se utiliza na elaboración das colmeas tradicionais ou cortizos. Na actualidade tamén se usa na elaboración de bolsos, carteiras, cinturóns, etc...       

Hoxe en día a cortiza é un material moi interesante na construcción para o aillamento das vivendas evitando usar enerxías para quentar ou enfriar as casas. Como podedes comprobar a Sobreira seu aproveitamento identifícase moito co ODS 6 Auga Limpa e saneamento e o ODS 7 Enerxía asequible e non contaminante. 

 

 

 

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de febreiro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.

Aliméntate Ben

Merendas saudables dos meses de decembro e xaneiro.

Rematamos e coomezamos o ano con gañas de seguir con boa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de xaneiro.

 Mes de decembro e xaneiro recomendamos receitas e merendas laranxa, repolo e coliflor.

Moitas laranxas e mandarinas comeu a nosa rapazada nestes meses de frío, moitas delas das laranxeiras das suas hortas familiares.

Aquí vos deixamos moitas receitas feitas en familia por estes grandes cociñeiros/as.

 Receitas con laranxa.

  Receitas con repolo.

  Receitas con coliflor.

Deporte na Escola

Campionato Galego de Campo a Través

Ribadavia

13-01-24

O pasado sábado día 13 de xaneiro de 2024, tivo lugar o Campeonato Galego de Campo a Través, nas instalacións deportivas de Ribadavia (Ourense). Alí estivo representada Agrudebam con numerosos deportistas que dende o Baixo Miño clasificáronse para esta proba. Entre eles Mateo Patiño Alonso alumno do CEIP N°2 de Tui, que participou na categoría alevín masculino e proclamouse 8° clasificado. Todo un éxito para este atleta, que sendo escolar competiu cos mellores corredores de todos os clubs de Galicia. A nosa noraboa a Mateo Patiño, todo un campión!! Noraboa tamén a todos os atletas participantes nesta proba.

Deporte na Escola

A Milla

Xaneiro 2024

ODS 3, 4 e 5

  Biodiversidade

O Loureiro en Galicia.

Durante o mes de decembro de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes feita coa madeira de loureiro. 

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de decembro coñecemos o ODS 3: Saúde e benestar, ODS 4: Educación de Calidade e ODS 5: Igualdade de Xénero.

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer o loureiro no Baixo Miño. A madeira de loureiro que destas medallas Bit atopouna na senda do Río Furnía en Malvas, unha ruta moi recomendable para facer en familia. Pero os loureiros medran silvestres preto dos regatos en todo o sur da provincia de Pontevedra. 

A súa madeira soamente ten aproveitamento ornamental. O uso comercial non é viable, debido a que é unha madeira que laña con facilidade, coma podedes comprobar, nas medallas. 

A súa importancia é  o seu uso culinario e medicinal: As súas follas úsanse como condimento a nivel gastronómico, sobre todo en Galicia durante o nadal, para cocer todo tipo de mariscos, facer guisos, estofados, sopas, etc...  O seu uso medicinal é moi amplo. En infusión as súas follas son un excelente tónico estomacal, estimula o apetito e é dixestivo. O aceite de loureiro é apropiado para sentirse con enerxía, favorece a memoria, a concentración, alivia as dores de articulacións e músculos, axuda a previr aftas e úlceras na boca,resfriados, infeccións, etc...

Hoxe en día as súas follas úsanse en saquiños arómaticos, aceites esenciais, etc..

Como podedes comprobar unha madeira moi ligada aos ODS 3: Saúde e benestar, ODS 4: Educación de Calidade e ODS 5: Igualdade de Xénero.

 

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de xaneiro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.

 



by Dr. Radut