Skip to Content

Xuño 2022

Actividades no medio natural

Tui en Ruta 22.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade esta destinada os/as 42 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o luns 20 e martes 21 de xuño de 2022.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 20 de xuño, levaríamos a cabo unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo.

2ª Xornada: O día 21 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de Ginkana ciclista no patio do centro educativo.

Grazas ao  Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.

Actividades no medio natural

Aloiada 22

O C.E.I.P. Nº2,  o C.E.I.P. Nº1,  o C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, de C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei e C.E.I.P. de Caldelas, en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.

Dita actividade estivo destinada os/as 100 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.

En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 16 e o venres 17 de Xuño de 2022.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 16 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

2ª Xornada: O día 17 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º disfrutamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar.

Mércores 15  de Xuño 2022.

 O pasadp mércores día 15  de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago en barco e en tren turístico, para todo o alumnado de 2º.  Consistiu nun paseo pola cidade de Tui, ruta en barco polo Río Miño e volta ao centro educativo en tren turístico.


Moitas grazas ao Concello de Tui, Eurocidade, Hemisferios, tren turístico, por facer posible que o noso alumnado poidera gozar de esta experiencia fascinante.

Actividades no Medio Natural

 Viaxe as Illas Cíes.

 Alumnado de 4º

14-06-22

O alumnado de 4º do CEIP Nº2 de Tui, tivo oportunidade de visitar as Illas Cíes, dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Unha excursión fascinante en barco, con Ginkana e paseo pola illa, para descubrir cousas fascinantes sobre a súa fauna e flora.

 

 

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago
Saudable, Deportivo e Escolar

Xoves 2 de Xuño 2022.

 O
pasado luns día 13 de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago
Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º.  Consistiu nun paseo con probas
 dende o colexio, pola cidade de Tui e volta ao
centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago
durante a actividade.


Actividades no Medio Natural

Ruta do Río Lagartón

e do Camiño de Santiago

Venres 10 de Xuño 2022.

 O pasado venres día 10 de xuño de 2022,  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Consistiu nun paseo,  dende o colexio pola Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos relacionados co Camiño de Santiago, durante a actividade .

Actividades no Medio Natural

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 9 de xuño de 2022

 O pasado xoves 9 de xuño de 2022,  levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe durante a actividade.

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Mércores 8  de Xuño 2022.

 O pasado mércores día 8 de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago en barco e en tren turístico, para todo o alumnado de 1º.  Consistiu nun paseo pola cidade de Tui e ruta en barco polo Río Miño e volta ao centro educativo en tren turístico.



by Dr. Radut