O pasado mércores día 30 de outubro de 2024, celebramos na escola a festa do Samaín, onde non faltou pócema máxica e excelentes alimentos terroríficos, que degustamos nunha cuchipanda terrorífica especial. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos.
Campo a Través escolar. CPI Suárez Marquier do Rosal.
O pasado martes 29 de outubro e mércores 30 de outubro de 2024, tivo lugar a proba de Campo a Través no Rosal, para o alumnado de 2° a 6°. Compartimos proba con moitos colexios de Tui, Tomiño, O Rosal e Gondomar. Unha estupenda xornada deportiva na que o Sevizo de Deportes de Pontevedra, O Concello do Rosal e Agrudebam colaboraron para facer que o pasáramos xenial.
A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, terá lugar o vindeiro martes día 29 de outubro de 2024. Levarase a cabo no patio do CPI Manuel Suárez Maquier do do Rosal. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º, 3º,4º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.
Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Tamén teñen que levar roupa, calcetíns e tenis de reposto. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.
O alumnado de 2ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.
O alumnado de 3º sairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:30 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:00h o equipo feminino e ás 11:15h o equipo masculino.
O alumnado de 4º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 12:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:30h o equipo feminino e ás 11:50h o equipo masculino.
O alumnado de 5º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 13:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 12:10h o equipo feminino e ás 12:30h o equipo masculino.
Mércores 30 de Outubro de 2024.
O alumnado de 6ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.
Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.
O alumnado de 6° de Educación Primaria queremos experimentar co crecemento das plantas según a estación do ano. Estivemos no banco de sementes da escola, onde seleccionamos o que íamos plantar, eleximos azafrán, grelos, tirabeques, chicharos, castañas, landras... Que despois puxemos en maceta, para ver a evolución do seu crecemento, para posteriormente pasar á horta ou no caso das árbores frondosas reforestar.
O pasado venres 25 de outubro de 2024 tivo lugar o noso magosto coa tradicional degustación de castañas asadas coa gran axuda do profesorado e as nosas familias véndose un ano máis a cooperación da comunidade educativa do colexio número 2 de Tui.
Por outro lado como xa vai sendo tradición ano tras ano a esta festa sumouse a nosa popular baixada de carrilainas feitas polo noso alumnado, realizada na entrada do colexio, poñendo a guinda dunha xornada espectacular.
O alumnado de infantil vivíu hoxe, unha estupenda xornada de xogos de antes, ensinados polos profes-alumnos de sexto, que con ilusión e agarimo fixeron posible que os mais cativos andiveran en zancos, xogaran á Billarda, á rá, a chave, lanzaran os trompos e a moitos xogos dos nenos de antes que agora son os seus avos.
Hoxe, xoves 24 de outubro, despois do recreo, o alumnado do colexio tivemos a oportunidade de inaugurar a milla, lugar para percorrer a diario, para gozar de boa saúde. Este ano con especial sentimiento, porque todo o alumnado nos puxemos mans a obra, para axudar no seu montaxe. Durante o curso faremos millas a diario para que a música que elixamos soe ao son do 2.
O pasado mércores 23 de outubro de 2024, o alumnado de 5º e 6º do noso centro, asistiron ao teatro en Tui para ver a película de Campeonex,xunto a outros colexios do Concello. Dende o Departamento de Orientación en colaboración co concello e as titorías o obxetivo era traballar o respeto á diversidade dende o deporte. Polo que ademáis se traballou nas aulas contido didáctico neste senso.
Coa chegada do mes de outubro os nosos bosques enchéronse de castañas ao rir os castiñeiros. Nos paseos e actividade en familia recollemos moitas para sementar e degustar na escola. Esta semana decidimos facer unha receita especial "Castañas cocidas" con fiuncho, néboda e sal, e tivemos que poñer a proba os nosos sentidos, o olfato, o tacto, o gusto, os que fixeron que resultaran emocións agradables, desagradables.... Hoxe degustamoslas e ben que nos gustaron.