Skip to Content

Febreiro 2015

PROMOCIÓN DE YOGA EN INFANTIL E PRIMARIA

O MÉRCORES 4 E O XOVES 5 DE FEBREIRO, EN INFANTIL, CONTAMOS COA VISITA DUNHA PROFE DE YOGA XENIAL! A PROFE VANESA!.

ENSINOUNOS MOITÍSIMOS EXERCICIOS E XOGOS PARA RELAXARNOS. ESTIVEMOS MOI ATENTOS ÁS SÚAS EXPLICACIÓNS E QUEDÁMONOS CON GANAS DE SEGUIR APRENDENDO MÁIS SOBRE O TEMA .

PASÁMOLO MOI BEN!

 

O MARTES 24, O XOVES 26 E O VENRES 27 DE FEBREIRO, OS NENOS DE PRIMARIA, TAMÉN DISFRUTAMOS DE TODO O QUE SABE A PROFE VANE SOBRE YOGA.

EXPLICOUNOS QUE O YOGA PODENOS AXUDAR A: TER CONTROL DA MENTE, DO CORPO, RELAXARNOS, FORTALECER OS NOSOS MÚSCULOS E A ALINEAR O NOSO CORPO.

CON ELA FIXEMOS MOITAS FIGURAS: SAÚDO AO SOL, POSTURA DO LEÓN, DO GUERREIRO, DO ARBOL, DO GATO, DE SUPERHÉROES, DO CAMELO, DO ÁGUILA...

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASAMOS:

 

TAMÉN VOS DEIXAMOS UN ARTÍCULO MOI INTERESANTE DE YOGA QUE ESCRIBIU A PROFE VANESA PARA UNHA REVISTA.

E SE VOS APETECE PRACTICAR YOGA AQUÍ VOS DEIXAMOS MÁIS INFORMACIÓN:

X Carreira Xóvenes Atletas.

X Carreira Xóvenes Atletas.

O Porriño

1 de Marzo de 2015

 

O Vindeiro Domingo  día 1 de  Marzo, pola mañá, vai ter lugar a “X Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño, está destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2000 ata o ano 2012. O horario das probas será o seguinte: Benxamín Feminino ( 2006-2007) ás 10:30h, Benxamín Masculino( 2006-2007) ás 10:40h, Alevín Feminino ( 2004-2005) ás 10:50h, Alevín Masculino ( 2004-2005) ás 11:00h, Infantil Feminino ( 2002-2003) ás 11:12h, Infantil Masculino ( 2002-2003) ás 11:25h, Prebenxamín Feminino ( 2008-2009) ás 12:30h, Prebenxamín Masculino( 2008-2009) ás 12:35h, Pitufos Feminino ( 2010-2011-2012) ás 12:40h e Pitufos Masculino ( 2010-2011-2012) ás 12:43h. Todos os participantes Terán que estar no lugar da proba como mínimo 15 minutos antes da mesma, para recoller o dorsal que o terán as profes do cole.

A proba terá lugar no centro de Porriño, a saída e a meta estarán situadas diante do Edificio do Concello de Porriño.

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. De non ter equipación do cole, traerán camiseta branca. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

            Poden atopar máis información da proba na páx web do cole en “Deporte no 2”   http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar.

Para calquera dúbida chamar o tlfno 650602161  Bea.

 

Aquí podes descargar a folla de inscripción.

Descarga aquí o Circuito.

Ainda que foi un día chuvioso, varios atletas e familias do noso cole se desprazaron ata o circuito e disfrutaron de unha gran proba. Todos os participantes gañamos unha medalla e incluso varios fixeron podium..

Se pinchades aquí podedes ver as clasificacións.

Tamén vos deixamos algunhas fotos que recollen os mellores momentos.

Noraboa a todos os participantes.

 

Aquí podedes ver máis fotos: Albúm 1 e Albúm 2

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as da última xornada, do 7 de Febreiro de 2015, deixan boa mostra delas. 

C.B. Tui-C. B. Lalín o equipo tudense gañou contundentemente:7/0,8/2,6/2 e 7/1.

Noraboa Campións!!.

Noticia facilitada polas familias de Xabi e Iago de 6ºB

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu duodécimo encontro da Liga 14-15.

O pasado luns día 9 de Febreiro de 2015, tivo lugar o duodécimo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no Campo da Madroa en Vigo, e como rival o equipo do Celta B. Un partido a priori moi complicado, polo alto nivel do equipo contrincante, en cambio os xogadores tudenses conseguiron facer un partido de unha gran calidade e ainda perdendo, 5-1, disfrutaron de xogar nunhas expledidas instalacións coma son as da Madroa en Vigo

Noraboa Campeóns.

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogou a final da liga Galega de Baloncesto

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogou

a final da liga Galega de Baloncesto.

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado venres día 6 de Febreiro o encontro de ida C.B. Tui- Novobasket Vigo, onde o partido se complicou, perdendo os tudenses 48-99.

O Domingo día 8, levouse a cabo o partido de volta Novobasket Vigo-CBTui onde os tudenses voltaron a perder 76-51.

Despois dunha explendida tempada, este gran equipo conseguiu un segundo lugar que lle da acceso para xogar a final autonómica.

Noraboa Campións.

 

Xornada Final Zonal de Bádminton Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete

Xornada Final de Bádminton Benxamín,Alevín, Infantil e Cadete

Mércores 25 de Febreiro de 2015

Pav da Carballa en Tomiño

O vindeiro, Mércores  día 25 de Febreiro, terá lugar no Pav da Carballa en Tomiño, a Xornada Final Zonal de Bádminton para as categorias Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Nesta xornada soamente participarán os/as alumnos/as, que se clasificaron anteriormente. A competición levarase a cabo dende as 16:30h ás 20:30h. O autobús sairá do colexio as 16:00h e a volta ao mesmo sera as 20:45h. Para calquera dúbida poderan chamar ao telefono 650602161

Pincha aquí para ver a Clasificación Alevín e a Clasificación Benxamín.

I Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

I Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

Martes 27 de Xaneiro de 2015

Pav Ceip Randufe

O Martes 27 de Xaneiro, tivo lugar no Pav do Ceip de Randufe, a I Xornada de Bádminton para as categorias Benxamín e Infantil. Aquí vos deixamos unhas fotos dos mellores momentos.

     

 

II Xornada de Bádminton Alevín e Cadete

 II Xornada de Bádminton Alevín e Cadete

Martes 10 de Febreiro de 2015

Pav Ceip Randufe

Mañá, martes 10 de Febreiro, terá lugar no Pav do Ceip de Randufe, a II Xornada de Bádminton para as categorias Alevín e Cadete. A competición levarase a cabo dende as 17:00h as 19:30h. O autobús sairá do colexio as 16:30h e a volta ao mesmo sera as 19:45h. Para calquera dúbida poderan chamar ao telefono 650602161

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS ( Campo a través)

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS ( Campo a través)

Praia da Punta-Cesantes. Redondela

07/02/15

                       O vindeiro sábado 7 de Febreiro levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Punta en Cesantes Redondela

Temos un cambio no horario con respecto á notiña anterior. Ás 11:35h Categoría Infantil Feminino, 12:15h Categoría Alevín Feminino, 12:30h Categoría Alevín Masculino, ás 12:45h Categoría Benxamín Feminino, 13:00h Benxamín Masculino.

Para chegar ao  circuito tedes que seguir a estrada Nacional Tui-Pontevedra, e dirixirvos á Praia de Cesantes.

Para os/as alumnos/as que viaxan en bus, este sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 9:25h e a volta será ás 14:15h aproximadamente.

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

             ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 11 de Febreiro.

El mundo del motor, nuestros ídolos

Marc Márquez e Valentino Rossi dous grandes ídolos do mundo das Motos

Ester de 6ºA, nos achega ao Mundo das Motos Gp. Dous dos seus ídolos Marc Márquez e Valentino Rossi. Aquí vos deixamos a portada de estes 2 fabulosos libros, cheos de imaxes e os seus mellores momentos. Se tedes oportunidade de velos, ides a disfrutar moito dos seus soños, triunfos e paixóns.

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as da última xornada que tivo lugar o pasado sábado  31 de Xaneiro nos deixa os seguintes resultados:

Carballiño-Tui: 0-9;0-11;1-6;2-9

Noraboa Campións

Noticia facilitada polas familias de Xabi e Iago de 6ºB

Campeonato de España de Remoergómetro

Campeonato de España de Remoergometro.

Sábado 31 de Xaneiro de 2015

Amposta Cataluña.

O antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Jesús González ven de proclamarse medalla de bronce, no Campionato de Remoergometro, que o pasado sábado, 31 de Xaneiro tivo lugar en Amposta. Nese mesmo campeonato Jesús acadaba o record do mundo na idade 40-49 de peso lixeiro.

Así mesmo a tudense Nuría Domínguez, acadaba a medalla de prata, neste mesmo campionato.

A nosa noraboa a estes dous grandes remeiros.

Premios Gala Nacional de Piragüismo para Iván Alonso e o Kayak Tudense.

Premios Gala Nacional de Piragüismo para Iván Alonso e o Kayak Tudense.

O venres pasado venres día 31 de Xaneiro tivo lugar en Avilés ( Asturias) a gala Nacional de Piragüismo.

O  Kayak Tudense, foi galardoado como mellor club, no ano 2015 e Iván Alonso, como mellor palista de 2015. 

Dende aquí transmitirlle a nosa Noraboa!! polo seu gran traballo e polos resultados acadados.

http://www.fegapi.org/index.php/noticias

II Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

 II Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

Martes 3 de Febreiro de 2015

Pav Ceip Randufe

Hoxe, martes 3 de Febreiro, terá lugar no Pav do Ceip de Randufe, a II Xornada de Bádminton para as categorias Benxamín e Infantil. A competición levarase a cabo dende as 17:00h as 19:30h. O autobus sairá do colexio as 16:30h e a volta ao mesmo sera as 19:45h. Para calquera dúbida poderan chamar ao telefono 650602161



by Dr. Radut