Skip to Content

Xaneiro 2020

Campo a Través Provincial 19-20. Instalacións do Parque de Castrelos en Vigo

Campo a Través Provincial 19-20.

Instalacións do Parque de Castrelos en Vigo

Sábado 1 de febreiro 2020

            O vindeiro sábado 1 de febreiro, vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron na proba de Campo a Través zonal de Tomiño. A saída será ás 9:00h do Ceip Nº2 de Tui e o regreso ás 14:00h. Todos os participantes asistirán á proba, en bus con profesorado do centro ou coas súas familias ( Sería conveniente     que os participantes estean 15 min antes da súa proba para recoller o dorsal que o terán as profes).

O horario das probas será o seguintes:

11:10 Infantil Fem ( alumnas de 6º).

11:25 Infantil Mas ( alumnos de 6º).

11:40 Alevín Fem ( alumnas de 4º e 5º).

11:55 Alevín Mas ( alumnos de 4º e 5º).

12:10 Benxamín Fem ( alumnas de 2º e 3º).

12:25 Benxamín Mas ( alumnas de 2º e 3º).

Todos os participantes deberán traer equipación do cole, chándal do mesmo se tiveran e roupa de cambio se chovera. Atoparán máis información en Deporte no 2 e para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

 O pasado martes  28 de xaneiro, deu  comezo a competición escolar de Bádminton para    Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos de esta gran xornada. 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

 O vindeiro martes  28 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

 Bádminton Curso 19-20

O pasado martes 21 de xaneiro, deu comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) levouse a cabo no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada, para que vexades o moito que o disfrutamos. 

 

 

School Sports. Badminton 19-20.

On Tuesday January 21st Badminton competition started. 1st category (5th and 6th grade) played in CEIP Randufe pavilion. Here you have some pictures, so you can see how much we had fun.

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

 

Bádminton Curso 19-20

O vindeiro martes 21 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

Ignacio La Fuente gaña o Campo a Través de Baiona

Ignacio Lafuente gañador do

Campo a Través de Baiona

19 Xaneiro 2020

O pasado domingo día 19 de xaneiro, tivo lugar a proba de Campo a Través de Baiona. Ignacio Lafuente do CEIP Nº2 participou coa súa familia nesta proba, onde proclamou Campeón da súa categoría.

Unha gran promesa do campo a través con un futuro prometedor, que levou o nome do noso colexio ata o Concello de Baiona. 

Noraboa a Ignacio e moitas grazas a súa familia por iniciativas saudables e deportivas coma esta. 

 

 

Ignacio La Fuente, Biona’s Cross Country Race Winner

 

On Sunday 19th, there were a cross country race in Baiona. Ignacio La Fuente, from CEIP Nº2, participated in this race with his family, and he was the winner in his category. Congratulation Ignacio.

 

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián

Curso 19-20

Venres  día 17 de xaneiro de 2020

O pasado venres día 17 de xaneiro de 2020  tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián.  

A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 4ºB e 5ºB.

Unha xornada na que disfrutamos cos amigos de Goián de: Minibalónmán, volei, bádminton, baloncesto, futbol-sala.

 

Grazas a todos por unha xornada de actividade física e saudable onde o respeto, a convivencia e o bo xogo fixeron que tod@s pasaramos unha xornada estupenda.

 

Intercentres dinamyzation

 CEIP Nº2- CEIP PINTOR ANTONIO FERNANDEZ DE GOIAN

Last January 17th in Tui’s old pavillion students from CEIP Nº2 and CEIP Antonio Fdez de Goián played together. Pupils from 4th Grade B and 5th Grade B enjoyed playing together Handball, volleyball, basketball or soccer.

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián

Curso 19-20

Venres  día 17 de xaneiro de 2020

O vindeiro venres día 17 de xaneiro de 2020  terá lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián.  A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºB,  5ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.



by Dr. Radut