Skip to Content

Septembro 2015

ATRÉVETE CO JUDO!!!!

ATRÉVETE CO JUDO!!!!!

Ao noso colexio acudiron os mestres de Judo, David e Paco que nos viñeron a facer unha exhibición de Judo... e tamén a animarnos a facer nós ese deporte.

Mirade nas fotos que divertido é:

Se queredes ter máis información sobre o tema, premede aquí

E se queres inscribirte terías que velo neste enlace

VEN FACER ATLETISMO CON NÓS!!!!!

VEN A FACER ATLETISMO CON NÓS!!!!!

Dende o clube Atletismo Tui, facémosvos chegar unha invitación para que vaiades  probar o atletismo.

Se queres inscribirte: preme aquí

 

 

Noraboa aos nosos CAMPIÓNS

NORABOA AOS NOSOS CAMPIÓNS!!!!!!

Temos que informarvos dunha gran  noticia deportiva para a nosa cidade.

Nestas últimas datas vense de celebrar o Campionato do Mundo de piragüismo en Hungría.

E como xa nos teñen acostumados, os nosos padeiros acadaron grandes éxitos.

Un grande Ivan Alongo acadou a medaia de bronce de Maratón na especialidade de K1

Pola súa banda, Enrique Míguez logrou a medaia de plata en C1  e 4º en C2 na categoría de veteranos.

Aquí vos deixamos unhas fotos deles e dende aquí só nos queda felicitalos.

Xogamos a Tenis de Mesa?

Xogamos a Tenis de Mesa?

Este ano como actividad extraescolar, podedes prácticar Tenis de Mesa. Animádevos!!. Aquí vos deixamos máis información.

Se queres descargar a inscripción preme aquí.

Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza

Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza

Débora, Sonia e Erica, alumnas do noso cole, anímannos a visitar o Sendeiro das Fragas e Levadas dos Ríos Calvo e Deva. Elas fixeron deporte en familia a fin de semana pasada, aproveitando agora, no mes de Setembro a próxima chegada do Outono. Xunto coas súas familias percorreron o Sendeiro das Fragas e Levadas dos ríos Calvo e Deva. Nas seguintes fotos que nos trouxeron, podedes ver que merece a pena visitalas.

Elas disfrutaron moitísimo e pasáronno moi ben!!!!!!

Ruta Monte Galiñeiro-Monte Aloia.

Ruta Monte Galiñeiro-Monte Aloia.

 Pablo de 4ºA, proponnos facer coa nosa familia, a Ruta de Sendeirismo dende o Monte Galiñeiro ata o Monte Aloia. El fíxoa fai uns días coa súa familia, e disfrutou moito das vistas e paisaxes. E unha ruta de 9 km na que podedes ollar o mar, a montaña etc..

Aquí vos deixamos a súa foto, cando comezou o percorrido.

Javier Gómez Noya Campeón do Mundo de Triatlón 2015

Javier Gómez Noya Campeón do Mundo de Triatlón 2015

O Atleta galego, Javier Gómez Noya, proclamouse na madrugada do Domingo 20 de Setembro, Campión do Mundo de Triatlón. A última proba do calendario tivo lugar, na cidade americana de Chicago. Javier tivo que realizar tres probas deportivas consecutivas: 1,5Km de natación, 38.3Km en bicicleta para rematar con 10km de carreira a pé, polas rúas da cidade. O atleta de Ferrol, acadou o seu quinto Campionato Mundial, facendo istoria sen que antes, ningún atleta de este deporte o conseguira. Xunto a él, o tamén español Mario Mola, proclamouse Subcampéon do Mundo. Ámbolos dous asinaron uns resultados excelentes para o Triatlón español. Acadando a súa vez a clasificación para os Xogos Olimpicos de Río de Xaneiro 2015. A nosa noraboa Campións.

 

España Campiona no Campionato Eurbasket 2015

España Campiona no Campionato Eurbasket 2015

A Selección Española de Baloncesto, proclamouse onte Domingo, 19 de Setembro, Campiona no Campionato Eurobasket 2015.  Neste encontro España gañou 80-63 á Selección de Lituania. Ao gañar o campionato acadou a clasificación para os Xogos Olimpicos que terán lugar o vindeiro 2016 ano, en Río de Xaneiro. Noraboa a estes grandes!!.

PROMOCIÓN BALONMÁN

Promoción de Balonmán

O pasado Venres, día 11 de Setembro de 2015, tivemos promoción de balonmán no cole. Estiveron con nós os monitores das Escolas Deportivas do Clube Balonmán Tui, con eles pásamolo xenial.

 

Para formular a túa inscripción preme aquí.

 

Promoción badminton

XORNADA DE PROMOCIÓN BADMINTON

 Este ano visitaronnos no cole o profe Jacobo e a profe Marisa que puxeron en marcha un Club novo na nosa cidade. Trátase de un clube de Badminton...

    Animádevos a probar este deporte tan divertido!!!!!

Se che apetece aqui tes os horarios

                                                          Preme aquí

 

IV TORNEO EUROCIDADE DE FUTBOL 7

 

IV TORNEO EUROCIDADE DE FUTBOL 7

Esta fin de semana, Sábado 19 e Domingo 20 de Setembro na Eurocidade Tui-Valença, terá lugar o torneo de Futbol 7, no que participan moitos alumnos do noso cole. Moitos deles xogan no Tyde F.C., outros no Gondomar, no Caldelas, no Ribadelouro, xogarán con equipos como o Benfica ou o Cerveira de Portugal, o Coruxo... entre outros.

O Sábado xogaran no Campo do Valenciano en Portugal e de gañar as finais serán no Campo do Tyde. Animadevos a disfrutar de este gran Torneo.

 

 

Eurobasket 2015

 

Eurobasket 2015

O vindeiro domingo, 20 de Setembro, ás 19:00h a Selección española de Baloncesto  xogará a final da competición de Eurobasket 2015, despois de gañar nas semifinais á Selección de Francia, e clasificarse para os Xogos Olímpicos de Río 2016. Podedes seguir este gran partido por Catro. Sorte Equipo!!.

Actividades deportivas nos clubes de Tui

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NOS CLUBES DE TUI

Deixámosvos toda a información sobre as actividades deportivas que se realizan ao longo deste curso no concello de Tui.

Anímate a facer deporte!!!!!!!!                                

                                            Horarios aquí

World Rowing Master Regatta Hazewinkel 2015

World Rowing Master Regatta Hazewinkel 2015

Dende o 10 ao 13 de Setembro tivo lugar en Hazewinkel, Bélxica, o Campionato do Mundo de Remo na categoría Veterán. Neste campeonato competiu o equipo Veteran do Club Remo Tui, tamén o fixo o equipo Veterán do Club de Vilanova de Cerveira, con varios remeiros de orixe tudense. Todos eles acadaron grandes resultados neste campionato.

En Skiff Alberto Ledo acadou a 2ª Posición.

En Doble Alberto Ledo e Javier Alvarez acadaron a 2ª Posición.

En Catro con Timonel a Tripulación formada por Camilo, Balta, Juanma, Luis e Bea acadaron a 3ª Posición.

En Catro con Timonel a Tripulación formada por Mon, Manu, Nujo, Carlos e Carlota acadaron a 2ª Posición.

En Catro con Timonel a Tripulación formada por Javi, Camilo, Ledo, Balta e Iria acadaron a 4ª Posición.

En Oito con Timonel a Tripulación formada por Balta, Mon, Camilo, Carlos, Nujo, Manu, Juanma, Luis e Bea acadaron a 4ª Posición.

En Oito con Timonel a Tripulación formada por Balta, Mon, Camilo, Nujo, Juanma, Luis, Javi, Ledo e Lara acadaron a 5ª Posición.

Debutaron nesta proba a embarcación Catro Scull mixta na que remaron Auri, Mónica, Manu e Carlos.

Tranmitir a nosa noraboa a estes grandes remeiros.

Así, mesmo os nosos parabéns a tripulación de Vilanova de Cerveira formada por: Sandro, Piña, Lito e Paula que en Catro Scull acadaron a cuarta posición.

Campeonato do Mundo de Marathón 2015 Hungría

Campeonato do Mundo de Marathón 2015 Hungría

Iván Alonso , Enrique Miguez,  Tono Campos, Oscar Graña e Ramón Ferro participaron no Mundial de Marathon 2015 de piragüismo, que tivo lugar en Hungría a pasada semana do 9 ao 13 de Setembro.

Iván Alonso proclámouse 3º na proba individual K-1, cunha merecida medalla de Bronce e acadou o cuarto puesto na proba doble de K-2.

Por outro lado Enrique Miguez que participou  na categoría Veterán acadando o 4º posto na proba individual de C-1 e o 2º posto na proba dobre de C-2 xunto a José Ramón Llueno.

Noraboa Campeóns

Benvidos ao Curso Deportivo 2015-2016

Benvidos ao Curso Deportivo 15-16

As profes reponsables do Deporte Escolar de Deporte no 2, Lorena, Lorena, Mari. Rita Beatriz, Patri, Puri e Bea, queremos darvos a benvida e este novo curso  deportivo. Esperamos que sexa un ano de moito deporte natural, no que disfrutedes moito e vos animedes a participar.



by Dr. Radut