Skip to Content

Novembro 2014

O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o Terceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 22 de Novembro de 2014, tivo lugar o terceiro encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a vigo, atopándose novamente con outra derrota.

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

O pasado sábado 22 de Novembro, o equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), recibían ao equipo do Teucro en Tui. Esta vez os nosos xogadores volveron gañar

  Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

II Xornada de Volei

II Xornada de Volei

O Mércores 26 de Novembro de 2014, tivemos a II Xornada de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Disfrutamos de unha tarde de Volei e clasificámos para as finais que terán lugar o vindeiro mércores día 3 de Decembro de 2014 como, podedes ver a continuación:

 

Podedes atopar máis fotos e videos da xornada en www.agrudebam.es

 

Campeonato de Patinaxe Club Ribex Tui

O pasado sábado 22 de Novembro de 2014 a alumna Patricia Muñiz de 4º C, participou co seu Club, o Club Ribex Tui, no Campeonato de Patinaxe que lle permitiu acadar o Nivel 5 dentro de este deporte. Os nosos parabéns para Patri e o seu equipo.

O equipo Alevín do C.B. Tui xogau esta fin de semana o terceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 22 de Novembro de 2014, tivo lugar o terceiro  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo caía derrotado  ante o equipo Maristas de Vigo 50-60.

Ainda queda moita liga e moitas xornadas por xogar, seguro que moi ben.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu séptimo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 22 de Novembro de 2014, tivo lugar o sexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores visitaron o campo do Mos. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando 1-2.

Noraboa Campeóns.

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

 O pasado sábado 15 de Novembro, o equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), viaxaban a xogar a casa do Club Balonmán Ribadavia. Esta vez os nosos xogadores volveron gañar

  Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

 

O equipo Alevín do Club Futsal Tui xogau esta fin de semana o Segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a casa do seu contrincante. O nos equipo volvía ceder os 3 puntos ao equipo local 7-3

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.

HORARIO VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 14-15

O mércores día 26 de Novembro,  terá lugar a 2ª Xorandada da competición escolar de volei, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:10h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:45h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

I Xornada de Volei

I Xornada de Volei

O mércores 19 de Novembro tivemos a I Xornada de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Disfrutamos de unha tarde de Volei como podedes ver a continuación:

   

CROSS ZONAL EN TOMIÑO

O pasado sábado 22 de outubro celebrouse en Tomiño o Cross Zonal. A proba desenrolouse nos arredores da zona deportiva Da Carballa, e a pesares das prediccións do tempo, non choveu ata as 2 últimas probas. A participación dos nenos e nenas do noso centro foi moi alta, e dos resultados..... xa nin falamos, tanto individual como por equipos. Poñemos algunha foto da carreira pero recordámosvos que na páxina de Agrudebam temos unha galeria de fotos y videos.

   
   

Podedes pinchar neste enlace para ver as clasificacións, as fotos e os videos: www.agrudebam.es

Campionato Escolar de Campo a Través

Campionato Escolar de Campo a Través

Instalacións Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño

Sábado de Novembro de 2014

O vindeiro Sábado  día 22 de Novembro, en horario de mañá, terá lugar a proba de Campo a Través, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. A proba será en horario de 10:00h a 13:00h. Terá lugar  nas instalacións do Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño . Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición. O bus sairá do cole ás 9:15h e a volta será a carón das 13:00h ou 14:00h.Todos os/as participantes deberán levar o chandal e a equipación do cole se a tiveran.

HORARIO DA PROBA.

Ata as 10:00 h.              Chegada dos participantes

10:00 – 10:20 h.             Dorsais e documentación

10:30 h                          Saída Benxamín Feminino

10:45 h                          Saída Benxamín Masculino

11:00 h                          Saída Alevín Feminino  

11:15 h                           Saída Alevín Masculino

11:35 h                          Saída Infantil Feminino

11:55 h                          Saída Infantil Masculino

12:20 h                          Saída Cadete Feminino e Masculino

12:45 h                          Remate das carreiras

13:00 h                          Entrega de trofeos e despedida

13:30 h                          Remate da xornada.

Circuito

Se queredes ver a as animacións de cada carreira podedes contactar en www.agrudebam.es

Descarga a nota dos horarios aquí

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu sexto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o sexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron na casa o equipo do Goián. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando 3-2.

Noraboa Campeóns.

O equipo Alevín do C.B. Tui xogau esta fin de semana o segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB, que gañaron contundentemente aos seus contrincantes do equipo de San Jose de A Guía 22-73.
Tamén tivo lugar esta fin de semana o encontro do equipo alevín mixto do Club, no que xogan: Laura Castiñeira e Diego Carballo de 5ºA e Paula Russel de 4ºC. Este equipo tivo un dificil debut e rematou perdendo contra o equipo de Carmelitas.
Aquí vos deixamos unhas fotos que nos achegou como cada xornada Cristiano Artur de 5ºB

 

HORARIO VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

 DEPORTE ESCOLAR.

Horario Volei Curso 14-15

Mércores 19 de Novembro

O mércores día 19 de Novembro, dará comezo a competición escolar de volei, a 1ª xornada terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web:http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Uxía Pérez Bugarín a atleta tudense ficha polo Club de Atletismo de Playas de Castellón

A antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui, Uxía Pérez Bugarín acaba de cambiar de Club. Deixa o Club Atletismo Tui, lugar donde medrou no atletismo, para irse a un Club profesional: O Club Playas de Castellón.  Noraboa Uxía!!

Foto: Programa 10.- Uxía Pérez Bugarín, a atleta tudense acaba de ficha polo Club Atletismo Playas de Castellón.<br />
Escoitar Entrevista: http://ow.ly/DE3if

Aquí vos deixamos un enlace a escoita deporte, programa na que a podedes escoitar contar esta boa nova: http://ow.ly/DE3if

Partido de Balonmán España-Austria Cangas

Partido de Balonmán España-Austria

Pav Gatañal Cangas

Martes 29 de Outubro de 2014 20:30h

O  martes 29 de Outubro, varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui, seguimos en directo o fabuloso partido de balonmán entre a selección española de balonmán e a selección austriaca, no pav do Gatañal en Cangas. Diego de 5ºB, Iago e Xabi de 6ºB, disfrutamos dunha gran tarde de balonmán onde a selección española gañou 27-16, ademáis de ver e disfrutar do partido aproveitamos para traervos noticias de estes grandes campións os hispanos.

Contámosvos, que nos fotografiamos con eles, cos nosos ídolos: Viran Morros, Victor Tomás, Entrerrios, Albert Roca, etc.. e tamén tivemos oportunidade de falar con eles.

Foi unha ilusión feita realidade, esperamos que disfrutedes coa reportaxe que aquí vos deixamos ao igual que o fixemos nós.

O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o primeiro encontro da Liga 14-15.

 

O pasado sábado día 7 de Novembro de 2014, tivo lugar o primeiro encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui recibía no Pav do Ies San Paio de Tui ao equipo Chapela. O equipo local cedía 3 puntos ao equipo visitante ao perder 1-2

Animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.

 

O equipo Alevín do C.B. Tui xogau esta fin de semana o primeiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 7 de Novembro de 2014, tivo lugar o primeiro encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB, que gañaron contundentemente aos seus contrincantes.
Tamén tivo lugar esta fin de semana o encontro do equipo alevín mixto do Club, no que xogan: Laura Castiñeira e Diego Carballo de 5ºA e Paula Russel de 4ºC. Este equipo tivo un dificil debut e rematou perdendo contra o equipo de Carmelitas.
Seguro que lles espera aos dous equipos unha gran tempada para disfrutar do seu deporte favorito, " O Baloncesto"

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu quinto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 7 de Novembro de 2014, tivo lugar o quinto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores visitaron o campo do Salvaterra. Os nosos xogadores fixeron un gran partido pero atopáronse coa súa primeira derrota, 5-2.

Animámolos a seguir xogando coma sempre.

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

 O equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), leva varias xornadas xogando a liga federada que organiza a Federación Galega de Balonmán.

 Levan xogadas 10 xornadas, das cales gañaron 9 partidos e soamente perderon 1. Isto fai que estean no máis alto da táboa clasificatoria, nestes momentos son segundos na taboa clasificatoria detrás do Luceros B

 Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

 

Rally Eurocidade 2014

Rally Eurocidade

 Valença Tui

Sábado 7 e Domingo 8 de Novembro de 2014

A pasada fin de semana tivo lugar o Rally Eurocidade en Tui, foi o sábado pola mañá en Valença e o sábado pola tarde-noite en Tui.

Moitos/as alumnos/as do noso centro disfrutaron xunto as súas familias de esta xornada.

Claudia de 4ºA facilitounos estas fotos de un piloto ao que admira moito, o seu tío Pedro.

 

Rally Eurocidade

Valença Tui

Sábado 7 e Domingo 8 de Novembro de 2014

Esta fin de semana terá lugar o Rally Eurocidade en Tui, será o sábado pola mañá en Valença e o sábado pola tarde en Tui.

Os aficcionados ao mundo do motor podedes disfrutar de unha fin de semana sensacional. Animádevos.

Campeonato Escolar de Campo a Través Tomiño

Campionato Escolar de Campo a Través

Instalacións Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño

Sábado de Novembro de 2014

O vindeiro Sábado  día 22 de Novembro, en horario de mañá, terá lugar a proba de Campo a Través, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. A proba será en horario de 10:00h a 13:00h. Terá lugar  nas instalacións do Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño . Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Tamén podedes atopar máis información sobre os circuitos e a proba en: www.agrudebam.es

Para descargar a folla de inscripción pincha aquí

 

Gustavo Rodríguez Campeón de España de Longa Distancia de Triatlón

Gustavo Rodríguez Campeón de España de Longa Distancia de Triatlón

Lanzarote ( Illas Canarias)

1 e 2 de Novembro de 2014

 

Esta fin de semana, o tudense Gustavo Rodríguez e antigo alumno e mestre do Ceip Nº2 de Tui, proclamouse Campión de España de Longa Distancia en Triatlón. A proba tivo lugar na illa de Lanzarote, tivo que levar a cabo unha dura proba donde recorreou 3km de natación, 120km de Bicicleta e 30km a pé en un tempo de 6:19:23 horas. Despois de grandes logros esta tempada, este xa será o derradeiro ou case. Esta foi unha longa temporada para este atleta tudense que estivo chea de grandes logros e que fan que sexa considerado o mellor Triatleta español do ano 2014. Os nosos parabens Gustavo por achegarnos tantos éxitos!. Aquí vos deixamos as súas verbas en escoita deporte:

http://www.goear.com/listen/47a7d87/programa-11-gustavo-rodriguez-escoita-deporte-rmt

Nik Wallenda, o funambulista dos récords

Campionato Escolar de Volei

Campionato Escolar de Volei

Pav Ceip Randufe

Mércores 19, 26 de Novembro e 3 de Decembro de 2014

O vindeiro mércores día 19 de Novembro dará comenzo a competición escolar de Volei, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso serán, o mércores día 19, 26 de  Nov e 3 de Dec. Terán lugar  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Pincha aquí para descargar a folla de inscripción.

Tamén vos deixamos o enlace a Federación Española de Voley, donde podedes investigar sobre este deporte: www.rfevb.com

 

"Elegidas para Triunfar"

 E como este ano vai a ser un ano de Deporte de Cine, aquí vos deixamos unha película de voleibol, que se tedes oportunidade de vela, é moi Interesante. Conta a historia de dous equipos feminino de voleibol, As Madonnas e as Phantoms, que son grandes rivais dentro e fora do campo de xogo. Cando un feito tráxico as obriga a unirse, terán que deixar a un lado todos os seus problemas e diferenzas para así acadar gañar o campionato, e ademáis facerse grandes amigas. Esta emocionate e intensa película mostranos a dous grupos de persoas aparentemente opostas, pero que acabarán por descubrir o muito que teñen en común.

 

 

 

I Campeonato Galego de Horseball en Tui

I Campeonato Galego de Horseball Tui

Lugar: Instalacións Equigalia Pexegueiro Tui

Sábado 1 e Domingo 2 de Novembro de 2014

Esta fin de semana as instalacións hípicas de Equigalia, situadas na parroquia de Pexegueiro en Tui,acollerón o I Campeonato Galego de Horseball. Na proba competiron os seguintes clubes:  La Muralla, La Muralla Atlético, Cabaleiros do Salnés y Haras de Compostela.

Este deporte descoñecido para moitos, poderíamos decir que é como xogar a baloncesto pero a cabalo. O xogo consiste en introducir unha pelota nunhas canastas, e se enfrontan dous equipos, os cales teñen que conseguir pasarse a pelota e recollela do chan sen desmontar.

Pablo Saavedra de 6ºB foi o noso responsable que se desplazou ata as instalacións de Equigalia coa súa familia e reoclleu esta noticia e as fotos que aquí vos deixamos.

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

 O equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), leva varias xornadas xogando a liga federada que organiza a Federación Galega de Balonmán.

 Levan xogadas 9 xornadas, das cales gañaron 8 partidos e soamente perderon 1. Isto fai que estean no máis alto da táboa clasificatoria, nestes momentos son terceiros detrás de Luceros e Porriño A

 Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día1 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron no campo Alvarez Durán o equipo de Salceda B. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  3-1.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

Tamén  aproveitaron a ocasión para enviarnos unha foto coa súa mascota.



by Dr. Radut