SACOS AROMÀTICOS DE LAVANDA.
o día 16 de abril de 2024 cada alumnx levou para a casa un saquiño aromàtico.
Os nenxs de 4⁰A e 2⁰B estiveron traballando os ODS 12 e 13. Decidiron centrarse nas propiedades das plantas aromàticas e medicinas e animarvos a todxs a empregalas máis, desde xeito podemos aforrar en ambientadores, xarabes, xabóns... coidando así do medio ambiente.
Estás son algunhas das actividades que levan facendo nestas últimas semanas:
-Elaboraron un libro de plantas medicinas para cada aula.
-Recolleron lavanda e menta da Horta.
- Pediron colaboración às familias para que trouxeran arroz e plantas ( moitas gracias, era moi importante para eles a vosa axuda).
- Fixeron 390 saquiños aromàticos de lavanda, grazas a "O Cruceiro do Monte" por regalarnos a tela para elaboralos, familia dunha nena de 4⁰, e grazas tamén a todos os que nos axudastes a montar saquiños, foi un bo traballo en equipo.
-E como remate, hoxe tivemos a visita de Dori, unha antigua profe do cole e avoa de alumnos que nos contou lendas interesantes sobre algunhas plantas, entre outras cousas, moitas gracias Dori.
Animádevos a cultivalas na horta ou en macetas, podemos facer moitas cousas con ellas.
voznatura #Diver-xente #ODS #voznatura #biodiversidade #ODS12 #ODS13 #sacosaromàticos #biodiversidadedeplantas