Aliméntate ben
ROTEIRO E CATA DE PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES.
O pasado martes 23 de abril, tivemos o roteiro e cata de plantas silvestres comestibles con César Lema, doutor en Bioloxía pola Universidades de Vigo e Máster en Agricultura Biolóxica e Goja Dmitrenko, herborista clínica. Os dous son profesores en Academia de Plantas.
@yggdrasil_3_raices
Aprendemos moito sobre a gran variedade de plantas que temos na contorna e as súas propiedades alimenticias, curativas e medicinas.Xa eran empregadas polos nosos antepasados, pero hoxe en día, estase perdendo esa tradición ancestral de facer remedios caseiros para tratar enfermidades.
Ao rematar o roteiro tivemos unha cata de exquisitas receitas: doces, salgadas, bebidas, zumes, cremas, pizzas... feitas con plantas silvestres.
Moitas grazas pola vosa participación nesta actividade!!
@yggdrasil_3_raices @voznatura #alimentateben #biodiversidsdedeplantassilvestres.