Skip to Content

Curso 21-22

Sendas e Rutas con Encanto para facer no verán en familia

Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Tui.

Unha proposta moi importante para o verán para facer en familia, son as sendas ou rutas de sendeirismo ou en bicicleta. Aquí no noso entorno temos moitas posibilidades. Aquí vos deixamos algunhas, pinchade na senda que queirades visitar:

Sendas do Monte Aloia: 

•   Senda dos Muíños do Tripes: 

•  Senda do Río Lagartón:

 ·  Senda da Pedra Santa: 

 


Aliméntate ben

Gifs animados de Lechugas, animaciones de LechugasSementando Leitugas.▷ Gifs Animados de Alimentos - Gifs Animados

O alumnado de 5ºA de Educación Infantil o venres día 11 de novembro visitou a horta para sementar chícharos e leitugas. Fixeron unha sementeira, cando medren separarán as plantas para que medren boas leitugas, para facer ensaladas de todo tipo.

Os Nosos Xardíns

 Renovación dos xardíns exteriores do CEIP Nº2 DE TUI.

Este curso dende o equipo de Voz Natura, propuxémonos darlle vida aos xardíns exteriores da escola. Aquí vos deixamos mostra do que logramos

A Nosa Horta

Recollemos Frambuesas da nosa horta.

No mes de maio, as nosas frambueseiras, comezaron a dar froito. Unhas ricas e exquisitas delicias que degustou o noso alumnado.

 

LIMPAMOS O PATIO

 

RECOLLIDA DE LIXO

CURSO 21-22

 

Encántanos ver como xurden iniciativas dos propios rapaces e rapazas. Os alumnos de 4º decidiron facer equipos de recollida no patio porque viron que había algo de lixo.

 Estas actividades espontáneas, que os mestres e mestras apoiamos e fomentamos, fannos moitísima ilusión.

Bo traballo equipo!!

 

 

XARDINEIRAS RECICLADAS

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

Estamos a elaborar unhas xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros.

Cada clase escolleu unha temática o os alumnos/as traen da casa obxectos relacionados co tema elexido nos que se poida por unha planta, semente... xa temos tres. 

"Os xoguetes florecen" dos nenos e nenas de 6ºEI (5 anos)

 

 

 

"O deporte é vida" da clase de 4ºC

 

 

"Imos de viaxe" da clase de 4ºA

ARTE COA NATUREZA

ARTE COA NATUREZA

curso 21-22

 

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha actividade moi chula. Partindo de anacos de viña, deixaron voar a súa imaxinación e crearon fantásticos persoaxes e obxectos. Primeiro debuxáronos nun papel a qué se lles parecía,  logo decoraron e pintaron os paus coa forma en que os imaxinaron.

Sairon verdadeiras obras de arte.

Noraboa!!

 

 

 

 

O noso patio

As árbores do patio ensinan os seus gomos e follas.

Coa chegada de mellores temperaturas, as  árbores que plantamos no patio no mes de xaneiro, comezaron a gomar, xa teñen follas e algún froito. Están ben fermosas cos coidados do alumnado do noso cole.

A nosa Horta

No mes de maio preparamos a horta con flores.

A comezos do mes de maio, o equipo de horta comezou a preparar a horta para o verán. Organizando cultivos ecolóxicos de fresas, espinacas, acelgas con flores de temporada.

Grazas equipo por facer que a horta, estea cada día máis fermosa.

O noso patio

Limpeza do patio

29 de abril de 2022.

O alumnado de 4º, levou a cabo unha limpeza de patio durante o recreo do día 29 de abril, para deixar o máis limpo posible o espacio de xogo e esparcemento.

Grazas por poñer en valor, os obxetivos da sostibilidade no día a día, do noso centro.

A nosa horta

 3ºA planta azalea no patio.

Polas millas realizadas durante o segundo trimestre, cada clase recibiu unha planta. 3ºA deciciu plantala no patio ao lado da súa cerdeira, para coidar das dúas xuntas. Con ilusión o alumnado preparou o terreo, plantaron, regaron e cada día acheganse a coidala.

 

A nosa Horta

Xirasois para coidar na casa.

O alumnado de 3ºA, despois de plantar na horta varios xirasois e millo, leváronse para casa xirasois para coidar e recoller pepitas.

A nosa horta

3ºA Planta Millo e Xirasois.

En abril de 2022, o alumnado de 3ºA decidiu plantar millo e xirasois, ao lado da plantación de trigo. Tiveron que preparar o terreo, facer os regos e plantar as sementes.

PROGRAMA REVITALIZA

 VISITA AO COLE

Curso 21-22

 

Esta semana estamos a ter as visitas do programa Revitaliza.

A Deputación de Pontevedra ponse en marcha cun proxecto moi interesante para tratar o tema da xestión de residuos, impulso da compostaxe, reciclado... .

Para eso ofrece xogos, talleres e charlas aos coles. Neles os nenos/as aprenden u

n pouco máis sobre todos estes temas que tanto nos preocupan hoxe en día. 

Todos os cursos, dende infantil ata primaria escolleron unha actividade. Os primeiros en comezar foron os alumnos/as de 1º de primaria co "Xogo da miñoca".

 

Se premes na imaxe podes acceder ao programa.

 

 

 

 

21 de marzo tocoulle ao alumnado de 1º de primaria

 

 22 de marzo, o alumnado de 2º de primaria

 

 

 

 O Venres 25 de marzo os terceiros

 

 

 

o martes 29 de marzo tocoulle o turno aos cuartos

 

 

 

O mércores 30 de marzo foron os 5º

 

 

 Xoves 31 de marzo os nenos e nenas de infantil

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut