Skip to Content

Curso 21-22

A nosa horta

AS LEITUGAS de 5ºA, listas para comer!.

Curso 21-22

O venres 25 de febreiro, o alumnado de 5ºA recollemos a primeira colleita de leitugas. Cada un/unha levamos a nosa leituga para casa, para facer deliciosas ensaladas. Aquí vos deixamos imaxes da nosa colleita.

ENTROIDO NATURAL.

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DE ENTROIDO CON ELEMENTOS NATURAIS.

Curso 21-22

 

Seguindo coa temática do noso proxecto de centro deste ano, Naturalíza-T,  o entroido non podía ser menos. 

Pedímosvos de novo a vosa colaboración, elaborando voluntariamente unha máscara de entroido con elementos naturais ou de refugallo. Deste xeito contribuimos co coidado do planeta, reciclando, reducindo e non xerando lixo.

Coma sempre a vosa participación e creatividade sempre nos sorprende.

Deixámosvos un pequeniños vídeo para que as vexades, son realmente espectaculares todas!!

Moitísimas grazas por facer da vosa casa un recunchiño máis do cole. 

 
 
 

RECEITAS DE GRELOS DA NOSA HORTA

RECEITAS DE GRELOS

Curso 21-22

Os nenos e nenas de 5 anos de infantil fixeron moitas receitas elaboradas polas familias cos grelos que eles mesmos cultivaron na horta do cole.

Plataron os grelos en outubro e este mes xa estaban listos para comer. Levaron un puñado de grelos para a casa e con eles elaboraron, coa axuda das súas familias unhas exquisitas receitas, ao tempo que traballaron lectoescritura, xa que as receitas están escritas por eles.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que podedes ver as receitas.

 

 

 

Naturaliza-T no Entroido.

Entroido Natural.

Ordes do Meco.

O meco é unha persoaxe que entraña as datas do entroido. Se nos remontamos moitos anos atrás, na época dos nosos avós ou avoas, os seus difraces eran de elementos naturais, o típico daquela época.

O meco que manda moito e máis, deixounos as súas propostas para esta semana do 21 ao 24 de febreiro, para que os mestres, alumnado e as familias deixaran voar a súa imaxinación. Aquí vos deixamos boa mostra do creativa e inxeniosa que é a nosa comunidade educativa.

O luns:

 

 O Martes:

 

O Mércores: 

 

O Xoves: 

Entroido

Entroido

Con motivo do entroido que terá lugar a finais do mes de febreiro, animamos a todo o alumnado e as súas familias a decorar un anteface ou máscara, con elementos naturais, En Galicia temos unha gran riqueza de entroidos que queremos poñer en valor. O alumnado traerá as creacións ao colexio, antes do venres día 18 de febreiro, data na que se exporán no corredor central do colexio. A exposición rematará o venres 25 de febreiro, día no que o alumnado levará os seus traballos para casa.  Aquí deixamos ideas como recurso para ese gran traballo. Agradecer de antemán a colaboración e creatividade de todas as familias nas propostas de Voz Natura.

Modelos de antefaces e máscara con elementos naturais.

 

Aquí vos deixamos modelos de antefaces e máscaras que podedes imprimir.

Xa empezan a chegar as primeiras  creacións do noso alumnado e das súas familias, aquí vos deixamos para que vexades o bonitas que están.

RECEITAS SAUDABLES

ENSALADAS.

O alumnado de 5 anos, no mes de setembro levamos leitugas para casa, xa que atopamos, na nosa horta moitas que medran no verán.

Deixamos que medraran nas nosas casas con moito agarimo e os mellores coidados.

Agora no mes de xaneiro, xa estaban grandes e apetitosas para facer ricas ensaladas. Aquí vos deixamos as nosas receitas para que vexades o saudable que comemos os/as nenos/as de 5 anos.

SEMENTEIROS

O alumnado de 1º sementamos nos bancais da horta.

   

O alumnado de 1º plantamos sementes de perexil, cenorias, apio, tirabeques, etc...ao final do mes de Xaneiro. Fixémolo nos bancais da horta, onde esperamos que medren para poder facer platos saudables deliciosos.

SEMENTEIROS

4°A plantamos sementes variadas.

   

O alumnado de 4°A, seleccionamos da mesa de sementes que temos no corredor central da escola as sementes que máis nos gustaron. O 1 de febreiro fixemos os nosos sementeiros, que puxemos na entrada da escola para que medren e máis adiante levar á horta.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

SEMENTEIROS

4°C plantamos cabazas para esponxas.

   

O alumnado de 4°C plantamos pepitas de cabaza no mes de Xaneiro. Estas pepitas son especiais, delas sacaremos esponxa natural, que ten moitas utilidades.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

SEMENTEIROS

4°B preparamos os sementeiros para a horta.

   

O alumnado de 4°B plantamos sementes ao final do mes de Xaneiro. Estas sementes gustaríanos que medraran para levar para casa e para poñer na horta da escola.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

SEMILLEIROS

 

2ºA PLANTARON CABAZAS

Curso 21-22

  As sementes de cabaza son das que máis nos trouxestes as familias. 

  Na clase de 2ºA animáronse a facer semilleiros de cabazas. Cando  chegue a primavera pasaranas para a horta. 

  A parte de estar en contacto coa natureza traballaron matemáticas xa  que tiveron que calcular cantas precisarían si tiñan que plantar de tres  en tres.

 Conseguiremos comer exquisitas cremas de cabaza? 

 

 

SEMILLEIROS

 

2ºB PLANTAN XUDÍAS

Curso 21-22

Os alumn@s de 2ºA plantaron xudías nos semilleiros para na primavera pasalas á horta. 

Encantoulle andar cas mans na terra contar as sementes.

Boa colleita pequenos agricultor@s. 

VISITA DE HIDROGRÁFICAS

VISITA DE HIDROGRÁFICAS

Curso 21-22

 

 

 

 

 

 

 

ZONA DAS SEMENTES

 

ZONA DAS SEMENTES

Curos 21-22

 

Este ano gracias a vós imos ter una colleita moi ecolóxica, temos sementes de sobra para plantar. 

Coma sempre é un pracer contar con familias así que se apuntan a participar e colaborar con calquera actividade ou proposta que facemos, que as veces sabemos que pode facerse complicado debido ao nivel de vida que levamos pero sempre sacades un oco.

Esta é un pequeno vídeo con todas as sementes que nos foron chegando ao longo destes días.

Agora empezaremos a facer semilleiros e na primavera xa poderedes empezar a ver os froitos na horta.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut