Hoxe venres 15 de novembro de 2024, a rapazada da clase de 5º de Educación Infantil, elaborou unhas ricas galletas de fariña de avea e plátnao. Despois na hora da merenda deron boa conta delas, cunha degustación moi sabrosa.
Aquí vos deixamos os ingredientes para que vos animedes a facelas na casa, para o desaiuno, merenda ou momento especial.
Tamén vos deixamos mostra destes grandes cociñeiros mostrando especial interese pola alimentación saudable.
O alumnado de 6º estivemos hoxe venres 15 de novembro de 2024, transplantando na horta as plantas que tiñamos nos sementeiros, no interior da escola. Plantamos azafrán, garavanzos, leitugas, fabas, xudías, acelgas... Agora imos esperar a que medren para poder levalos a cociñar ao restaurante da escola.
As nenas e nenos de segundo seguen percorrendo África e esta vez grazas a Naoual, a nai de Rim viaxamos a través da comida. Xuntos preparamos un rico Cuscús cheo de vexetais saudables como a cabaza, calabacín, ou nabo.. e especias como a cúrcuma, o xenxibre. Unha mañá a de hoxe mércores 13 de novembro, deliciosa chea de aromas, sabores e texturas novas. Grazas Naoual!
Aquí vos deixamos a receita elaborada polo alumnado de 2º, animádevos a realizala nas vosas casas e degustar esta comida exquisita.
Tamén vos deixamos algunhas imaxes destes excelentes cociñeiros coas mans na masa.
E como non podía ser de outra maneira tamén temos un vídeo para que vexades os pasos. Premede na imaxe.
Como xa é tradición, por estas datas recollemos as follas secas que nos regala o outono para facer estructurante e botarllo ao composteiro. Así que o luns día 11 de novembro, o alumnado de 3º recollemos moitas para ter durante o inverno.
É preciso ir mesturando os restos orgánicos con restos de poda ou follas secas, permiten que airee o compost e controlan a humidade para a proliferación dos bichiños.
Aproveitando o “veranillo de San Martiño”, hoxe 11 de novembro de 2024, o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, estiveron traballando moi duro, para preparar a horta do cole. Durante toda a mañá estiveron pasando varios grupos para arrincar as herbas malas, remover a terra e preparar os bancais para a plantación de outono. Xa case está lista!
Ademais, tivemos a sorte de atopar algunhas sementes que recollimos para engadir ao banco de sementes do centro. #VozNatura #Ecoretos #AliméntateBen #Anosahorta
O pasado mércores día 30 de outubro de 2024, celebramos na escola a festa do Samaín, onde non faltou pócema máxica e excelentes alimentos terroríficos, que degustamos nunha cuchipanda terrorífica especial. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos.
O alumnado de 6° de Educación Primaria queremos experimentar co crecemento das plantas según a estación do ano. Estivemos no banco de sementes da escola, onde seleccionamos o que íamos plantar, eleximos azafrán, grelos, tirabeques, chicharos, castañas, landras... Que despois puxemos en maceta, para ver a evolución do seu crecemento, para posteriormente pasar á horta ou no caso das árbores frondosas reforestar.
O pasado venres 25 de outubro de 2024 tivo lugar o noso magosto coa tradicional degustación de castañas asadas coa gran axuda do profesorado e as nosas familias véndose un ano máis a cooperación da comunidade educativa do colexio número 2 de Tui.
Por outro lado como xa vai sendo tradición ano tras ano a esta festa sumouse a nosa popular baixada de carrilainas feitas polo noso alumnado, realizada na entrada do colexio, poñendo a guinda dunha xornada espectacular.
O alumnado de infantil vivíu hoxe, unha estupenda xornada de xogos de antes, ensinados polos profes-alumnos de sexto, que con ilusión e agarimo fixeron posible que os mais cativos andiveran en zancos, xogaran á Billarda, á rá, a chave, lanzaran os trompos e a moitos xogos dos nenos de antes que agora son os seus avos.
Hoxe, xoves 24 de outubro, despois do recreo, o alumnado do colexio tivemos a oportunidade de inaugurar a milla, lugar para percorrer a diario, para gozar de boa saúde. Este ano con especial sentimiento, porque todo o alumnado nos puxemos mans a obra, para axudar no seu montaxe. Durante o curso faremos millas a diario para que a música que elixamos soe ao son do 2.
Coa chegada do mes de outubro os nosos bosques enchéronse de castañas ao rir os castiñeiros. Nos paseos e actividade en familia recollemos moitas para sementar e degustar na escola. Esta semana decidimos facer unha receita especial "Castañas cocidas" con fiuncho, néboda e sal, e tivemos que poñer a proba os nosos sentidos, o olfato, o tacto, o gusto, os que fixeron que resultaran emocións agradables, desagradables.... Hoxe degustamoslas e ben que nos gustaron.
@s nen@s do CEIP Nº2 de Tui temos que poñernos mans a obra para volver reciclar e ter un patio sen residuos. Para iso o alumnado de 5ºB vainos contar...
O pasado venres día 28 de xuño de 2024, ás 19:00h tivo lugar a celebración do 50 aniversario do noso centro educativo. Coa presenza do Xefe Territorial de Educación da provincia de Pontevedra Dn.César Pérez Ares, o Alcalde de Tui Dn. Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Educación do Concello de Tui Dna. Sonsoles Vicente Solla e a Comunidade Educativa do Ceip Nº2 de Tui presentouse unha placa conmemorativa do 50 aniversario, visitouse a exposición de fotografía de estes anos, tamén estivo a disposición un photocoll onde cada quen se fotografiou na simulación dunha aula dos comezos de esta entidade. Para rematar tivo lugar un acto emotivo do percorrido durante estes anos, da actividade académica, deportiva, proxectos, viaxes etc... onde estiveron o grupo folckórico Seixos Albos de Areas e algúns integrantes da Banda de Gaitas Arume de Malvas. Este foi o momento no que ademáis dos representantes da administración un antigo membro do Anpa, un antigo director e unha antiga alumna falaron do que supuxo o centro na súa vida.
Aquí damos conta de ese gran momento.
Grazas a tod@s por facer deste día un día especial.