Aliméntate ben
|
|
|
|
4ºA plantou chícharos.
O alumnado de 4ºA este ano, vai investigar sobre as prantas con fabeca. O día 2 de decembro de 2022, saimos á horta para prantar chícharos, agora imos estar atentos a como medran.
Aquí vos deixamos as fotos do plantío. Grazas por actividades saudables coma esta.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MESA CON PRODUTOS DE OUTONO
As familias colaboraron traendo produtos típicos do outono para expoñer no recuncho de Voz Natura E Aliméntate ben e que todos puidesen tocar, cheirar e incluso probar: castañas, noces, piñóns, follas, espigas, cabazas…
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sementando Leitugas.
O alumnado de 5ºA de Educación Infantil o venres día 11 de novembro visitou a horta para sementar chícharos e leitugas. Fixeron unha sementeira, cando medren separarán as plantas para que medren boas leitugas, para facer ensaladas de todo tipo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sementando Chícharos.
O alumnado de 5ºA de Educación Infantil o venres día 11 de novembro visitou a horta para sementar chícharos. Cada un plantou os seus, que esperan que medren axiña para vender no mercado " Cintas de Cores", ou para facer receitas saudables na cociña da escola.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Plantando gramón na horta.
Hoxe venres, 11 de novembro o alumnado voluntario da horta, estivo no recreo plantando gramón, para facer da nosa horta un espazo máis limpo, sen malas herbas.
Cando medre teremos unha horta xardín para gozar, plantándo alimentos saudables. Grazas equipo
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Medran os grelos e as leitugas na horta
Curso 22-23
A mediados do mes de outubro, o alumnado de 6º de Educación Infantil, plantaron na horta, sementes de grelos e de leitugas.
O día 2 de novembro de 2022, tivemos unha sorpresa. As sementes xa empezan a amosar unhas pequenas plantas que medraran para dar grelos e leitugas saudables e riquísimas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inauguración do Mercado
"Cintas de cores" do 2.
Onte mércores día 2 de novembro de 2022, puxemos en marcha o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os productos ecolóxicos para a venta que procedían da horta da escola o do excedente de algunhas familias que colaboraron.
No posto o alumnado de Educación Infantil ofertaba patacas, kiwis, noces, remolachas, cabazas, acelgas, plantas de fresa... que venderon a vontade para recaudar fondos para as súas excursións.
Agradecer a todas as persoas que se achegaron ata o posto e mercaron a vontade a súa colleita.
Unha primeira xornada na que case remataron coas existencias. Moitisimas grazas ás familias que están colaborando no mercado, na horta e en todas cantas propostas se fan dende a escola.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Receitas terroríficas de Samaín.
O día 28 de outubro celebramos a festa de Samaín. Gústanos moito vir vestidos con disfraces para esta época. Pero non podía ser menos importante ter enconta a alimentación típica desta data. Así, que na cociña da escola cada curso elaborou unha receita terrorífica. Todas moi saudables!. Bueno algunha foi unha lambetada, que aos nenos nos gustan moito.
Algúns fixemos Minipizzas de Momia.
Outros fixeron Froitas Terroríficas.
E os máis lambereteiros optaron por arañas perigosas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EQUIPO VOLUNTARIOS DA HORTA
Curso 22-23
Queremos dar as gracias dende aquí a todos os familiares que se ofreceron e se ofrecen cada día para axudar nas tarefas da horta.
Están colaborando en todo o que lles pedimos, e incluso en moito máis. Ofrécense tanto para dar un taller de reciclaxe, axudar a plantar, levar a diante o mercado de infantil, como limpar espacios do cole e da horta para que se poidan levar a cabo algunhas actividades como facer a carreira da milla ou plantar nos bancais da horta.
Aos nenos e nenas encátalle ver que as súas familas se involucran nas actividades do cole, deste xeito, eles tamén están máis motivados.
Moitísimas grazas pola labor tan importante que estades a facer.
Nas fotos nos están todos nin todas, fantan moitos. Só é unha pequena mostra.
GRACIAS!!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XORNADA DE OBRADOIROS
Inauguración do proxecto "Naturalíza-T e da biblioteca.
Curso 22-23
O pasado 24 de outubro tivemos unha xornada de tallerres e obradoiros para comezar co proxecto de centro "Naturalíza-T" e para inaugurar a nova biblioteca.
Para poder levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración das familias que nos axudaron tanto na xornada dos talleres, como en aportar todo tipo de materias de regugallo para poder desenvolvelos. Tivemos 10 obradoiros, 5 para infantil e 5 para primaria.
- Obradoiro1: Compostaxe.
- Obradoiro 2: Horta e sementes. Cada neno plantou unha planta de fresa e un froito seco (castaña, noz, maní…). A fresa foi para a casa e o froito seco quedou no cole.
- Obradoiro 3: Reciclaxe. no que elaboraron xogos con materiais reciclados, un tres en raia e un atrapa a bola.
- Obradoiro 4: Arte coa natureza. Fixeron debuxos con follas.
- Obradoiro 5: Biblioteca. Reproducironse vídeos que invitan ao coidado do planeta e presentouse o personaxe do trimestre "Naturizo". É un ourizo que ten unha colección de libros relacionados co desenrolo sostible.
Esta é unha pequena selección de fotos nas que se recolle unha mostra do que fixemos en cada un dos obradoiros.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Boliños de pan
2º de Educación Primaria.
O venres 7 de outubro de 2022, o alumnado de 2º de Educación Primaria, fixemos boliños de pan.Este ano imos traballar a importancia de alimentarse ben, para iso este día preparamos a nosa receita de boliños de pan cos seus ingredientes. Aquí a tedes para animarvos a facelos nas vosas casas.
Coas profes Raquel e Noelia, preparamos a receita, e fixemos os nosos boliños.
Panadeiros por un día foi fantástico e os boliños estaban riquísimos. Animádevos a probar a facelos nas vosas casas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O alumnado de 4º de Educación Primaria
Cociñou Pan con Chourizo con aromas da horta.
O alumnado de 4º despois de moer a boa colleita de millo da horta da escola, cociñaron pan de millo con chourizo e herbas aromáticas.
O alumnado de 4ºA puxo a fariña de millo que colleitaron na horta e o alumnado de 4ºB e 4ºC engadiron herbas aromáticas que plantaran o curso pasado no seu bancal: ourego, tomiño,perexil...
Cada un preparou o seu boliño que logo fornearon e degustaron.Na receita puxemos: 500 gr de fariña de trigo, 500 gr de fariña de millo, 25 gr de lévedo, 300 ml de auga, unha culler de sal, herbas aromáticas ao gusto, chourizo e queixo.
1º Comprobamos como é a textura, a cor e como cheiga e sabe a fariña. Que rica!.
2º Mezclamos os dous tipos de fariña: de trigo e de millo. Para despois preparar o lévedo con auga e sal.
3º A continuación amasamos para mesturar ben todos os ingredientes.
4º Condimentamos: puxemos chourizo, queixo e herbas arómaticas ao gusto.
5º Forneamos e degustamos. Delicatessem!!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
As mazás do outono.
Coa chegada do outono, o alumnado de 5 anos comezou investigar sobre as mazás e todo o que con elas e pode facer. Todo comezou cunha carta que recibiron na aula, que os convidaba sair ao patio recoller mazás, nas maceiras.
Rapidamente todos se apuntaron para ir recoller deliciosas mazás. A ver que podían traer para o aula.
Atoparon moitas e moi curiosas, grandes, pequenas, vermellas... xa tiñan traballo. Poderían clasificar as boas, as defectuosas, por cores, por tamaño, por tipo.
Tamén podían tocalas, saborealas, escoitar o seu ruido, cheiralas...experimentaron con todos os sentidos.
Coa ilusión, decidiron nas súas casas e coas súas familias, elaborar exquisitas receitas con mazá: pasteis, compota...
Descubriron que con elas podían facer manualidades, así que probaron a estampación.
Un traballo excelente e máis que completo. Noraboa!.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
4ºA recollemos o millo.
O curso pasado o alumnado de 3ºA, plantamos millo, na horta, para facer pan delicioso.
Hoxe luns 3 de outubro de 2022, recollemos xirasois pero tamén colleitamos boas espigas, que medraron durante o vran e agora están listas para preparar algunha receita deliciosa. Así que debullamos para moer e...
|
|
|
|
|
|