Aliméntate ben
|
|
|
|
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Está semana con motivo do día mundial da auga os alumnos de 3⁰ e 4⁰ de primaria foron convidados a unha actividade didáctica no edificio da Área panorámica de Tui. Coñeceron a través de xogos a importancia da auga e como facer un uso responsable dela, dando resposta ao ODS 6: Auga limpa e saneamento.
Lembraron o ciclo da auga e os pasos que se levan a cabo nunha grande depuradora.
Remataron cantando o rap da auga acompañados pola concelleira de Cultura e o xerente do Consorcio, entre outros, déronlle un pequeno agasallo que levaron para á casa. A actividade estivo organizada polo Consorcio do Louro coa colaboración do concello de Tui.
Tamén os convidaron a participar no concurso de debuxo infantil que convoca o Consorcio do Louro e Aqualia, co lema “ Misión Sostible: Acción salvar o planeta.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
POSTA A PUNTO DA HORTA
O pasado mércores día 13 de marzo o alumnado de 6ºA estivo traballando na horta, cacaron malas herbas aos cultivos e descubriron a biodiversidade que vive entre as fresas, leitugas, herbas aromáticas, allos porros, remolachas, grelos e frambuesas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A MILLA
Biodiversidade arbórea da contorna.
O noso alumnado está a realizar millas a diario no patio do cole. O obxectivo é percorrer moitas millas e lograr a colección de medallas dos ODS que están elaboradas coa madeira de diferentes tipos árbores típicas da zona. Deste xeito coñecen a biodiversidade arbórea da contorna e as súas propiedades, os distintos ODS, ao tempo que fan deporte.
Cada mes reciben unha carta da mascota da biblioteca, "Bit", que os invita a percorrer as millas para ir conseguindo as medallas de todos os ODS. Ademáis, cada mes propón que se investigue sobre un tipo de árbore diferente, xa que as medallas van feitas desas madeiras.
Neste mes de febreiro conseguiron as medallas dos ODS 8 E 9, que están elaboradas con madeira de piñeiro.
Estas son as árbores que levamos coñecito ata o mes de marzo:
- En novembro foi o eucalipto. Medallas para presentar os ODS 1 e 2 feitas de madeira de eucalipto.
- En decembro foi o castaño. Medallas para presentar os ODS 3,4 e 5 feitas de madeira de castaño.
- En xaneiro foi o loureiro. Medallas para presentar os ODS 6 e 7 feitas de madeira de loureiro.
- En febreiro foi a sobreira. Medallas para presentar os ODS 8 e 9 feitas de madeira de sobreira.
- En marzo foi o piñeiro. Medallas para presentar os ODS 10 e 11 feitas de madeira de piñeiro.
Ademáis da carta con información sobre a árbore, cada clase recibe as follas de rexistro mensual, nelas recollen as millas que fan cada día.
No panel do corredor central, vanse rexistrando as millas de cada clase e as medallas que cada clase consigue.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PEKERECICLA
Curso 23-24
Esta semana o alumnado de infantil tivo outra actividade do programa "Ponte a Zero" do CEIDA.
Con esta actividade educamos e sensibilizamos sobre a redución e boa xestión dos residuos urbanos, apoiando o ODS 12: Produción e consumo responsable, tamén chamado, o obxectivo da receclaxe.
Pekerecicla é unha proposta dirixida aos máis cativos que educa na reciclaxe, onde a través dunha historia e varias actividades os alumnxs van completando as diferentes etapas da vida e transformación dos residuos urbanos e domésticos, para a súa correcta reciclaxe e recordando a importancia dos tres "R": Recicla, Reutilizar e Reducir.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CHARLA SOBRE O BOSQUE ATLÁNTICO
Curso 23-24
O pasado mércores 6 de marzo, tivo lugar unha charla formativa sobre o Bosque Atlántico e a súa biodiversidade para o alumnado de 6ºEP. Dando resposta aos ODS 4: Educación de calidade, ao ODS 13: Acción polo clima e o ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.
Coñecemos un pouco máis as súas características, a flora propia deste bioma e recoñecimos algunhas das variedades na nosa contorna.
Moi interesante! Desexando por en práctica o aprendido. Gazas ao concello de Tui por facelo posible.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAMPAÑA AFORRO AUGA E ENERXÍA
Curso 23-24
Este venres 26 de xaneiro teremos unha campaña de aforro en auga e enerxía para todo o alumnado, organizada polas clases de 6ºEI e 3ºA EP, que son os encargados das ODS 6 E 7 do mes de xaneiro.
Os relatores das actividades serán:
- Alejandro Pardo enxeñeiro de enerxías renovables
- Manuel Abeledo enxeñeiro de enerxías
- Omar Lomba, mestre de EP
Todos eles antiguos alumnos do noso colexio.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SEMENTEIROS DE 4º
Curso 23-24
Os nenxs de 4º están coidando moi ben da súa plantación. En pouco tempo tocará transplantar na horta todas as legumes.
Colocaron a plantación preto dunha fiestra na que da o Sol pola mañá e un encargado de cada aula revisa a terra cada día, e se precisa auga, rega.
Bo traballo!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Merendas saudables do mes marzo.
O alumnado de Educación Infantil e Primaria, segue coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de marzo.
Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de amarzo recomendamos receitas e merendas con amorodos, leituga e cenoria.
Aquí vos damos conta do saudable que merendan @s alumn@s do CEIP Nº2 de Tui. Noraboa rapazada.
Tamén vos deixamos algunhas receitas elaboradas por estes pequnos chefs.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Merendas saudables do mes de febreiro.
Seguimos coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de febreiro.
Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de febreiro recomendamos receitas e merendas con mazá e fabas.
O noso alumnado e profesorado come mazás moi saudables. Moi boas merendas rapazada!.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os sementeiros do alumnado de 4º,5º e 6º.
O pasado mércores, día 21 de febreiro de 2024, o alumnado 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, comprobaron como creceran no interior da escola, as sementes que plantaron fai tres semanas. Aquí vos damos conta do grandes que están. En poucos días teremos que sacalas á horta da escola.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MEDRAN OS ALIMENTOS DA NOSA HORTA
Curso 23-24
No mes de febreiro de 2024 xa van medrando as sementes plantadas no mes de setembro na horta da escola. As fresas, os amorodos, os allos, a remolacha, as acelgas, os grelos todo medra a bo ritmo.
Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Merendas saudables dos meses de decembro e xaneiro.
Rematamos e coomezamos o ano con gañas de seguir con boa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de xaneiro.
Mes de decembro e xaneiro recomendamos receitas e merendas laranxa, repolo e coliflor.
Moitas laranxas e mandarinas comeu a nosa rapazada nestes meses de frío, moitas delas das laranxeiras das suas hortas familiares.
Aquí vos deixamos moitas receitas feitas en familia por estes grandes cociñeiros/as.
Receitas con laranxa.
Receitas con repolo.
Receitas con coliflor.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUB DE CIENCIAS
ELABORACIÓN DE ACEITES BIO
E gracias aos coñecementos de César e as nosas investigacións fixemos os nosos propios aceites naturais sen químicos.
Elaboramos aceite de menta, de lavanda, eucalipto, laranxa e loureiro.
Agora tóca esperar unhas semanas para poder probalos e cheiralos.
Estamos moi ilusionados!!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUB DE CIENCIAS
VISITA DE CÉSAR "ACEITES ESENCIAIS"
No club de ciencias tivemos unha visita moi especial. O papá de Izan deunos unha charla práctica moi interesante sobre aceites e esencias.
Contounos todos os segredos para elaborar uns bos aceites naturais e explicounos as propiedades e usos de cada un deles.
Aprendemos moito sobre o aceite de romeu, eucalipto, laranxa, menta, lavanda e loureiro, entre outros.
Agora xa estamos listos para elaboralos nós mesmos.
Moitas grazas César polo teu tempo e os teus coñecementos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ECO-RETO “INVESTIGAMOS COS ALIMENTOS”
Nesta ocasión o alumnado de terceiro observamos como día tras día os fungos medraban nunha laranxa. A laranxa é un alimento que aporta á nosa alimentación moita vitamina C, pero muda de estado coa axuda dos fungos.
Comprobamos que son un grupo de seres vivos que se alimentan da materia en descomposición. Este fungo que afecta aos cítricos chámase Penicillium digitatum e deixa unha froita, moi rica e saudable como a laranxa, nun estado non apta para o consumo. Iso si, neste estado de descomposición é moi útil para engadir ao composteiro, onde se transformará nun compostaxe excelente.
@voznatura
#RetoInvestigamos #voznatura #eco-retos
|
|
|
|
|
|