Skip to Content

Saídas

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

Está semana con motivo do día mundial da auga os alumnos de 3⁰ e 4⁰ de primaria foron convidados a unha actividade didáctica no edificio da Área panorámica de Tui.
Coñeceron a través de xogos a importancia da auga e como facer un uso responsable dela, dando resposta ao ODS 6: Auga limpa e saneamento.

Lembraron o ciclo da auga e os pasos que se levan a cabo nunha grande depuradora.

Remataron cantando o rap da auga acompañados pola concelleira de Cultura e o xerente do Consorcio, entre outros, déronlle un pequeno agasallo que levaron para á casa.
A actividade estivo organizada polo Consorcio do Louro coa colaboración do concello de Tui.

Tamén os convidaron a participar no concurso de debuxo infantil que convoca o Consorcio do Louro e Aqualia, co lema “ Misión Sostible: Acción salvar o planeta.

 

 
 

SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN

 

 

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN

(Curso 22-23)

 

O pasado martes 13 de xuño os terceiros foron de excursión á illa de San Simón con parada no museo Meirande. No museo comezamos cun vídeo que nos contaba como sucedeu a batalla de Rande no ano 1702 e que tivo unha duración de día e medio. Tamén nos ensinaron como evolucionou o traxe de buzo e puidemos ver as maquetas dos barcos que libraron a batalla.

Xa na illa descubriron todos os seus segredos e realizaron unha xincana por equipos moi divertida. Tamén vos animamos a descubrir a lenda sobre a dragoa Coca, unha lenda que non nos deixou indiferentes.

Á volta disfrutaron dunhas fermosas vistas da ría de Vigo na cuberta do barco, toda a viaxe estivo amenizada con música.

Unha saída emocionante!

 

 

 

Actividades no medio natural

Tui en Ruta 22.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade esta destinada os/as 42 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o luns 20 e martes 21 de xuño de 2022.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 20 de xuño, levaríamos a cabo unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo.

2ª Xornada: O día 21 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de Ginkana ciclista no patio do centro educativo.

Grazas ao  Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.

A Nosa Horta

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

O alumnado de 2º tamén se sumou á  elaboración de xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros. En 2ºA plantamos sementes de xirasois e  millo en recipientes decorados con animais, superheroes, etc... Aos que lle engadimos un poema de Florencio Delgado.

 

ECO-RETO VOZ NATURA. OUTUBRO.

ECO-RETO LIMPAMOS A NATUREZA.

VOZ NATURA

Curso 21-22

Os nenos de primeiro animáronse a participar no eco-reto Voz Natura de Outubro. Limparon 25 metros de natureza. Quedaron sorprendidos coa cantidade de lixo que se pode atopar en tan pouco percorrido.

Grazas chicxs!!

 

Deixámosvos os eco-retos de cada mes por si vos apetece participar. É unha iniciativa tamén para as familias. Se vos animades a facer algún dos retos, achegádenos unha foto antes de que remate o mes do reto e subirémola ao noso instagram. Podedes sacar a foto sen que se vexan as caras. 

 

 

Deixámosvos o enlace ao pdf dos eco-retos por si a fotografía non se ve ben.

Distribuir contido


by Dr. Radut