Skip to Content

Xullo 2024

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O VERÁN

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O VERÁN

O  verán é a mellor época do ano para practicar deporte en familia e levar a cabo actividades lúdicas onde os nenos e as familias poidan pasar tempo xuntos. 

Consultade os horarios ou as actividades antes de desprazarvos ata estes fantásticos lugares. Recordade cumprir sempre coas medidas de seguridade.

Aquí vos deixamos varias propostas, por se son do voso interese, e entran dentro dos vosos plans para estas vacacións... 

 

En Galicia:  Aquapark Cerceda, Ecoparque Marín,Golfiños Park en Cangas,Marcelle Natureza Lugo
Norte de Portugal: Parque de Lazer de Vilanova de Cerveira, Magikland Penafiel, Parque Acuático de Fafe, Amarante Water Park,  Pena Aventura Park Vila Real, Azurara Parque Aventura Vila do Conde, Timeout Parque Aventura Ponte de Lima, Parque Aventura Diverlanhoso en Póvoa de Lanhoso,Rates Park en Póvoa de Varzim, Parque Biológico de Vinhais.

Para máis información sobre os diferentes parques, horarios, prezo, premede en cada foto.

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

28 de xuño 2004.

O pasado venres día 28 de xuño de 2024, ás 19:00h tivo lugar a celebración do 50 aniversario do noso centro educativo. Coa presenza do Xefe Territorial de Educación da provincia de Pontevedra Dn.César Pérez Ares, o Alcalde de Tui Dn. Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Educación do Concello de Tui Dna. Sonsoles Vicente Solla e a Comunidade Educativa do Ceip Nº2 de Tui presentouse unha placa conmemorativa do 50 aniversario, visitouse a exposición de fotografía de estes anos, tamén estivo a disposición un photocoll onde cada quen se fotografiou na simulación dunha aula dos comezos de esta entidade. Para rematar tivo lugar un acto emotivo do percorrido durante estes anos, da actividade académica, deportiva, proxectos, viaxes etc... onde estiveron o grupo folckórico Seixos Albos de Areas e algúns integrantes da Banda de Gaitas Arume de Malvas. Este foi o momento no que ademáis dos representantes da administración un antigo membro do Anpa, un antigo director e unha antiga alumna falaron do que supuxo o centro na súa vida.

Aquí damos conta de ese gran momento.

 

 Grazas a tod@s por facer deste día un día especial.



by Dr. Radut