Aliméntate Ben
O alumnado de 4º de Educación Primaria
Cociñou Pan con Chourizo con aromas da horta.
O alumnado de 4º despois de moer a boa colleita de millo da horta da escola, cociñaron pan de millo con chourizo e herbas aromáticas.
O alumnado de 4ºA puxo a fariña de millo que colleitaron na horta e o alumnado de 4ºB e 4ºC engadiron herbas aromáticas que plantaran o curso pasado no seu bancal: ourego, tomiño,perexil...
Cada un preparou o seu boliño que logo fornearon e degustaron.Na receita puxemos: 500 gr de fariña de trigo, 500 gr de fariña de millo, 25 gr de lévedo, 300 ml de auga, unha culler de sal, herbas aromáticas ao gusto, chourizo e queixo.
1º Comprobamos como é a textura, a cor e como cheiga e sabe a fariña. Que rica!.
2º Mezclamos os dous tipos de fariña: de trigo e de millo. Para despois preparar o lévedo con auga e sal.
3º A continuación amasamos para mesturar ben todos os ingredientes.
4º Condimentamos: puxemos chourizo, queixo e herbas arómaticas ao gusto.