Saltar navegación.
Inicio

ACTIVIDADES DE INFANTIL

Nutriescolas

Pan Rollo Clipart Dibujos Animados Bollo Bollo Cara Ilustración Vector PNG  ,dibujos Bollo De Pan, Clipart, Dibujos Animados PNG y Vector para  Descargar Gratis | PngtreePanadeiros por un día.Comiendo Bolillo Con Huevo GIF - Bolillo Susto Para El Susto - Discover &  Share GIFs

O alumnado de 5 anos transformouse en panadeir@s por un día. Todos colaboramos na elaboración de pan.

Quedounos riquísimo!!

Na hora da merenda gozamos dun riquísimo choripan! ÑAM!!

 

PETER PAN

POR FIN CHEGOU O DÍA NO QUE COÑECEMOS A PETER PAN!!!! 

FOMOS EN AUTOBÚS, POIS TIVEMOS QUE IR AO TEATRO A PONTEVEDRA, E DIFRUTAMOS UN MONTÓN COAS SÚAS CANCIÓNS. REVIVIMOS AS SÚAS AVENTURAS, E OS SEUS MÁIS E OS SEUS MENOS CO CAPITÁN GARFIO!!!

FIXO UN DÍA ESTUPENDO, POLO QUE ANTES DE VOLVER AO COLE ESTIVEMOS MERENDANDO NUN PARQUE.

ESTAMOS DESEXANDO VOLVER DE EXCURSIÓN Sorriso.

 

 

 

 

 

 

A PAZ

AÍNDA QUE TÓDOLOS DÍAS TRABALLAMOS PARA A PAZ... HAI UNHA SEMANA QUE SE FESTEXA MÁIS, E SEMPRE FACEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

ESTE ANO A ANPA INVITOUNOS Á ÁREA PANORÁMICA A VER UNHA OBRA DE TEATRO, DA TROPA DE TRAPO. TAMÉN VIMOS O VIDEO DO MANEQUEEN CHALLENGE QUE SE FIXO POR TODO O COLE... A VERDADE TODOS O FIXEMOS ESTUPENDAMENTE.

 

   
   

 

 

PERO ADEMÁIS... ESTE ANO VEUNOS A VISITAR UN ARTISTA AO COLE, O CAL DECOROU UNHA DAS PAREDES, E DEIXOUNA PRECIOSA. ISO SI... OS NENOS DE INFANTIL TIVEMOS QUE AXUDARLLE A CREAR ALGÚNS DISEÑOS... ASÍ QUE PUXÉMONOS NUNHA CARTOLINA MANS Á OBRA, E DESEÑAMOS UNS DEBUXOS MOI BONITOS CON MOTIVO DO DÍA DA PAZ, QUE DESPOIS EL PINTOU NA PAREDE. A VERDADE É UN VERDADEIRO ARTISTA, E OS NENOS DO 2 ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE NOS PUXESE O COLE TAN BONITO!

 

 
   
   

 

 

 

SOMOS CONDUTORES

OS NENOS DESTE COLE ESTAMOS QUE NON PARAMOS! 

QUEREMOS CONTARVOS QUE VIÑERON DA DXT A DARNOS UNHAS CHARLAS SOBRE COMO SER UN BO PEATÓN... ENSINÁRONNOS ALGUNHAS SINAIS, CANDO PODIAMOS CRUZAR NUN SEMÁFORO... INCLUSO PARTICIPAMOS NUNS XOGOS MOI CHULOS QUE NOS TROUXERON PARA A PIZARRA DIXITAL. UNHA VEZ QUE TIÑAMOS APRENDIDO MOITAS COUSAS, FOMOS AO PAVILLÓN ( QUE ESTABA CONVERTIDO NUN CIRCUITO) A PRACTICAR COMO SER UN BO PEATÓN. A VERDADE FIXÉMOLO MOI BEN. 

TAN CONTENTOS ESTABAN, QUE NOS DERON UNHA SORPRESA MOI ESPECIAL!

RESULTA QUE NOS DEIXABAN A NOS SER CONDUTORES! SI, SI... TIÑAMOS MOTOS E BICIS PARA PODER IR POLO CIRCUÍTO. ISO SI... RESPECTANDO OS SINAIS. HABÍA STOP, CEDA AO PASO E INCLUSO UNHA ROTONDA. E COMO NON, SEMÁFOROS E PASOS DE PEÓNS NOS QUE TIÑAMOS QUE TER MOITO COIDADO.

PASÁMOLO EN GRANDE E ENCANTOUNOS APRENDER A CONDUCIR CON MOITO COIDADO. AGORA XA SABEMOS MOITAS MÁIS COUSAS SOBRE O TRÁFICO.

 

 

 

 

 

DESCUBRIMOS O BARRO

DESPOIS DE QUE LÚA NOS ENTREGASE UN AGASALLO POR AULA, E DESCUBRIRAMOS MEDIANTE UNHA BÚSQUEDA DO TESOURO QUE ERA UNHA TELLA, QUIXEMOS SABER MÁIS SOBRE AS MESMAS.

POLO QUE AO NOSO COLE VEU DE VISITA UN TELLEIRO, QUE TIÑA UNHA MÁQUINA MOI CHULA PARA FACER TELLAS.

AÍNDA QUE OS MAIORES INVESTIGARON MOITO MÁIS SOBRE O TEMA, A NÓS ENCANTOUNOS VELO, E PODER TOCAR AS TELLAS RECIÉN FEITAS.

 

 

 

 

PERO COMO OS DE INFANTIL QUEDAMOS COAS GANAS DE MARCHAR AS MANS CON BARRO, VEU A VERNOS SUSO, CO CAL PASAMOS UNHA MAÑA MOI DIVERTIDA.

MENTRES NÓS CREAMOS CO BARRO, EL FÍXONOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL: UN INDIO E UN PIRATA AOS NENOS DE 4 E 5 ANOS, POIS SABÍA O MOITO QUE NOS GUSTABAN E CANTAS COUSAS ESTAMOS APRENDENDO DOS MESMOS.

AOS NENOS DE 3, FÍXONOS UNHA ESCULTURA COA CAL QUEDAMOS ABRAIADOS DAS COUSAS TAN BONITAS QUE SE FAN CO BARRO.

GRAZAS POR VIR  SUSO, ESPERAMOS QUE VOLVAS PRONTO!

 

 

 

 

TEATRILLO

MENUDA SORPRESA MÁIS DIVERTIDA NOS DERON A INDIA TALLULAH, O PIRATA CARAPEO E CAMPANILLA.

VIÑERON AO COLE E XUNTARON A TÓDOLOS NENOS DE INFANTIL, PARA REPRESENTARNOS UNHA DIVERTIDA AVENTURA.

A CARAPEO GUSTÁBALLE MOITO XOGAR A PERSEGUIR INDIOS, PERO GRAZAS A AXUDA DE CAMPANILLA E DE TÓDOLOS NENOS, PUIDEMOS AXUDAR A TALLULAH. DESPOIS VEU PARA AS AULAS DE 4 ANOS PARA ENSINARNOS UNHA CANCIÓN INDIA, E COÑECER OS NOSOS NOMES INDIOS.

CARAPEO FOI PARA AS AULAS DE 5 ANOS CUN COFRE CUN MONTÓN DE UTENSILIOS PIRATAS, E LEULLES UN XURAMENTO.

CAMPANILLA POLA CONTRA FOI VISITAR AS AULAS DE 3 ANOS E A COÑECER TODO O QUE FIXERON E INVESTIGARON SOBRE AS FADAS.

 

QUE BEN O PASAMOS!!

 

 

 

 

VOLTAMOS

MOI BOAS A TODOS!

XA FAI QUE VOLTAMOS DAS VACACIÓNS DE NADAL, E DENDE ESAS FIXEMOS UN MONTÓN DE COUSAS MOI DIVERTIDAS.

PERO ANTES QUEREMOS CONTARVOS O BEN QUE O PASAMOS NO NADAL, VISITANDO AS RESIDENCIAS DA TERCEIRA IDADE. OS NENOS DE 3 ANOS FOMOS A AMORALIA, E OS DE 4 E 5 A SAN TELMO. ALÍ CANTÁMOSLLES UNHAS CANCIÓNS, E LEVÁMOSLLES UNS DETALLIÑOS FEITOS POR NÓS NO COLE, OS CALES LLES FIXERON MOITA ILUSIÓN. 

RESPONDÉRONNOS CON MOITO CARIÑO, E ESTAMOS DESEXANDO VOLVER REPETIR ESTA EXPERIENCIA.

 

 

 

 PREME AQUÍ PARA VER A ACTUACIÓN DOS NENOS DE 3 ANOS

 

PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO DE 4 E 5 ANOS

 

 

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL

 

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!!

E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, DECORAMOS O NOSO COLE  CON MOTIVO DESTAS DATAS TAN SINALADAS.

POLAS PORTAS E OS CORREDORES PODEMOS VER UN MONTÓN DE MURAIS QUE TODOS FIXEMOS CON MOITA ILUSIÓN E MOITAS GANAS DE QUE POR FIN FOSE NADAL. BONECOS DE NEVE, RENOS, ÁRBORES DE NADAL... ATA UNHA CHEMINEA CON CALCETÍNS.

COMO NOS GUSTA A TODOS O NADAL Risa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TALLER MULTISENSORIAL

ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL NO NOSO COLE, E CON EL CHEGARON UN MONTÓN DE SORPRESAS. MANEL ENSINOUNOS QUE ERA POSIBLE "TOCAR AS ESTRELAS", PRESENTOUNOS A PACO E A PACA, AOS CALES LLES ENCANTA A ÓPERA. TAMÉN FIXEMOS UNS BAILES MOI DIVERTIDOS, E DESCUBRIMOS QUE SAIA LUZ DOS NOSOS DEDOS SE ESTABAMOS MOI MOI CALADIÑOS.

EN DEFINITVA, PASÁMOLO XENIAL.

 

 

VIVA O MAGOSTO

COMO CADA ANO GÚSTANOS QUE CHEGUE O OUTONO, COAS SÚAS CORES MARRÓNS E AMARELAS,

PARA FESTEXAR O MAGOSTO  NO NOSO COLE.

 

 

PARA COMEZAR, HOXE TIVEMOS UN DÍA DE XOGOS POPULARES NO QUE PARTICIPARON OS NENOS E NENAS DE INFANTIL E TAMÉN OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA. NO PATIO DO COLE ATOPAMOS DIFERENTES RECUNCHOS DEDICADOS A XOGOS MOI DIVERTIDOS. OS MAIORES FORON DIRIXINDO ÓS PEQUENOS POR ESTES ESPAZOS PARA EXPLICARLLES AS NORMAS E XOGAR XUNTOS, ¡QUE BEN FAN DE PROFES!

       

DÍA DE DISFRACES

DURANTE ESTA SEMANA FOMOS APRENDEDO A DAR SUSTOS, A MAQUILLARNOS DE FORMA TERRORÍFICA E DECIDIMOS QUE SÓ NOS FALTABA VESTIR COS MELLORES DISFRACES PARA SENTIR QUE REALMENTE ESTABAMOS EN SAMAÍN. CANDO ENTRAMOS NO COLE A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ ERA IMPOSIBLE RECOÑER ÓS NOSOS NENOS E NENAS ¿A ONDE FORON? NO SEU LUGAR VIÑERON UN MONTÓN DE ESQUELETOS, DE PANTASMAS, DE BRUXAS, DE MONSTRUOS.....

 

          

          

          

MAQUILLAXES DE SAMAÍN

SEGUIMOS FESTAXANDO O SAMAÍN CUN DÍA DE MAQUILLAXES NO QUE MOITOS NENOS PROBARON A PINTARSE A SI MESMOS PARA SER DRÁCULAS, MOMIAS, BRUXAS OU CABAZAS. FOI MOI DVIERTIDO VER COMO SE ANIMABAN COAS PINTURAS PARA DARLLE COR AS SÚAS CARAS. COIDADO PAPÁS E MAMÁS ....QUE ESTES NENOS E NENAS DAN MOOOOOOITO MEEEEEEEDO.

          

        

 

 

TALLER DE COMIDA TERRORÍFICA

"COCIÑAMOS, COMEMOS E APRENDEMOS"

ESTE MÉRCORES OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS DE CHEFS PARA COCIÑAR UNHAS RECEITAS UN TANTO .....RARAS, ASQUEROSAS E MONSTRUOSAS. EXPLÍCOVOS, O SAMAÍN FAI QUE A NOSA IMAXINACIÓN SE DISPARE E CONVERTIMOS A NOSA MERENDA EN BOCADIÑOS CUN ASPECTO TERRORÍFICO PERO MOI SABOROSOS. VIMOS OS PASOS A SEGUIR E CALES ERAN OS INGREDIENTES QUE TIÑAMOS QUE EMPREGAR. POUCO A POUCO CREAMOS OS PRATOS DE COMIDA QUE ÍAMOS COMER, DESCUBRINDO QUE É IMPORTANTE PROBAR OS ALIMENTOS PORQUE MOITAS VECES ESTÁ MÁIS RICO DO QUE PARECE.

 
       
       

      

CHEGA O SAMAÍN

 

É TEMPO DE CABAZAS,DE CONXUROS E PANTASMAS.......BUUUUUUUUUUUUUU!!!! PERO OS NENOS DE INFANTIL NON TEMOS NADIÑA DE MEDO DE FEITO, ESTABAMOS ESPERANDO QUE CHEGARA ESTA SEMANA PARA DISFRUTAR DAS ACTIVIDADES QUE AS PROFES NOS TEÑEN PREPARADAS, SON ELAS AS QUE NOS AXUDAN A NON ASUSTARNOS E A DISFRUTAR DESTA FESTA TAN MISTERIOSA.

O PRIMEIRIÑO QUE FIXEMOS FOI EMPEZAR A DECORAR OS CORREDORES DO COLE E, A VERDADE, É QUE FIXEMOS MANUALIDADES MOI CHULAS.

      

      

      

DÍA DAS BIBLIOTECAS

HOXE, 24 DE OUTUBRO, CELEBRAMOS O "DÍA DAS BIBLIOTECAS" DISFRUTANDO DUNHA ACTIVIDADE MOI INTERESESANTE. OS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL ESPERABAN ENTUSIASMADOS ÓS ALUMNOS DE PRIMARIA, PREPARADOS PARA LERLLES OS CONTOS QUE ELES MESMOS ESCOLLERAN NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR. OS MAIORES LÉRONLLES CON CARIÑO E PACIENCIA OS CONTOS E OS MÁIS CATIVOS DEIXÁBANSE LEVAR POLOS XESTOS E POLAS PALABRAS QUE ESCOITABAN. XUNTOS DISFRUTARON DESTE DÍA DE LECTURAS EN COMPAÑÍA.

Distribuir contido