Saltar navegación.
Inicio

SOMOS CONDUTORES

OS NENOS DESTE COLE ESTAMOS QUE NON PARAMOS! 

QUEREMOS CONTARVOS QUE VIÑERON DA DXT A DARNOS UNHAS CHARLAS SOBRE COMO SER UN BO PEATÓN... ENSINÁRONNOS ALGUNHAS SINAIS, CANDO PODIAMOS CRUZAR NUN SEMÁFORO... INCLUSO PARTICIPAMOS NUNS XOGOS MOI CHULOS QUE NOS TROUXERON PARA A PIZARRA DIXITAL. UNHA VEZ QUE TIÑAMOS APRENDIDO MOITAS COUSAS, FOMOS AO PAVILLÓN ( QUE ESTABA CONVERTIDO NUN CIRCUITO) A PRACTICAR COMO SER UN BO PEATÓN. A VERDADE FIXÉMOLO MOI BEN. 

TAN CONTENTOS ESTABAN, QUE NOS DERON UNHA SORPRESA MOI ESPECIAL!

RESULTA QUE NOS DEIXABAN A NOS SER CONDUTORES! SI, SI... TIÑAMOS MOTOS E BICIS PARA PODER IR POLO CIRCUÍTO. ISO SI... RESPECTANDO OS SINAIS. HABÍA STOP, CEDA AO PASO E INCLUSO UNHA ROTONDA. E COMO NON, SEMÁFOROS E PASOS DE PEÓNS NOS QUE TIÑAMOS QUE TER MOITO COIDADO.

PASÁMOLO EN GRANDE E ENCANTOUNOS APRENDER A CONDUCIR CON MOITO COIDADO. AGORA XA SABEMOS MOITAS MÁIS COUSAS SOBRE O TRÁFICO.