TALLER DE COMIDA TERRORÍFICA
"COCIÑAMOS, COMEMOS E APRENDEMOS"
ESTE MÉRCORES OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS DE CHEFS PARA COCIÑAR UNHAS RECEITAS UN TANTO .....RARAS, ASQUEROSAS E MONSTRUOSAS. EXPLÍCOVOS, O SAMAÍN FAI QUE A NOSA IMAXINACIÓN SE DISPARE E CONVERTIMOS A NOSA MERENDA EN BOCADIÑOS CUN ASPECTO TERRORÍFICO PERO MOI SABOROSOS. VIMOS OS PASOS A SEGUIR E CALES ERAN OS INGREDIENTES QUE TIÑAMOS QUE EMPREGAR. POUCO A POUCO CREAMOS OS PRATOS DE COMIDA QUE ÍAMOS COMER, DESCUBRINDO QUE É IMPORTANTE PROBAR OS ALIMENTOS PORQUE MOITAS VECES ESTÁ MÁIS RICO DO QUE PARECE.