DESCUBRIMOS O BARRO
DESPOIS DE QUE LÚA NOS ENTREGASE UN AGASALLO POR AULA, E DESCUBRIRAMOS MEDIANTE UNHA BÚSQUEDA DO TESOURO QUE ERA UNHA TELLA, QUIXEMOS SABER MÁIS SOBRE AS MESMAS.
POLO QUE AO NOSO COLE VEU DE VISITA UN TELLEIRO, QUE TIÑA UNHA MÁQUINA MOI CHULA PARA FACER TELLAS.
AÍNDA QUE OS MAIORES INVESTIGARON MOITO MÁIS SOBRE O TEMA, A NÓS ENCANTOUNOS VELO, E PODER TOCAR AS TELLAS RECIÉN FEITAS.
PERO COMO OS DE INFANTIL QUEDAMOS COAS GANAS DE MARCHAR AS MANS CON BARRO, VEU A VERNOS SUSO, CO CAL PASAMOS UNHA MAÑA MOI DIVERTIDA.
MENTRES NÓS CREAMOS CO BARRO, EL FÍXONOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL: UN INDIO E UN PIRATA AOS NENOS DE 4 E 5 ANOS, POIS SABÍA O MOITO QUE NOS GUSTABAN E CANTAS COUSAS ESTAMOS APRENDENDO DOS MESMOS.
AOS NENOS DE 3, FÍXONOS UNHA ESCULTURA COA CAL QUEDAMOS ABRAIADOS DAS COUSAS TAN BONITAS QUE SE FAN CO BARRO.
GRAZAS POR VIR SUSO, ESPERAMOS QUE VOLVAS PRONTO!