Prensa

O noso centro no Faro da Escola.

Durante este curso 23-24 o noso centro participou no Faro da Escola de Faro de Vigo. O alumnado foi quen de editar un xornal, para isto visitamos a sede de Faro de Vigo, e na escola editamos todas as noticias que tiveron que ver con nos. Noticias deportivas, de actividades no medio natural, do 50 aniversario, de Voz natura, conmemoracións etc.

Mestres do centro estiveron o día da súa impresión na rotativa.

E o día 20 de xuño recibimos no colexio a nosa publicación. Menuda emoción. 

Tamén recibimos 2 premios de Faro da escola. Mellor portada e mellor publicidade.

Grazas a Faro de Vigo por tanto.