Seguimos o deporte

Partido de Fútbol España-Alemaña Balaidos Vigo

Partido de Fútbol España-Alemaña

Estadio de Balaidos ( Vigo)

18 Novembro 2014

O vindeiro martes 18 de Novembro de 2014, ás 21:00h, terá lugar no Estadio de Balaidos en Vigo, o partido amigable que disputará a Selección Española de Fútbol e a Selección Alemana. As dúas seleccións mellores do mundo teremos a oportunidade de velas aquí en Vigo. Se podedes e vos animades a disfrutar de este partido en directo, aquí vos deixamos máis información.

http://www.farodevigo.es/deportes/2014/10/08/entradas-espana-alemania-vigo-costaran/1108016.html

 

 

A Selección Española Feminina de Baloncesto Subcampeona do Mundo

Este domingo 5 de Outubro, a Selección Española Feminina de Baloncesto, proclamouse en Turquía  subcampeona do mundo fronte a todopodera selección de EEUU. Neste partido españa perdeu 64-77 o que lles permitía proclamarse subcampeonas mundiais. E a primeira vez da historia que a selección acada este resultado. Un resultado que lles sabe a victoria tendo en conta que as súas contrincantes foron as mellores do mundo.

 

A VOLTA ESPAÑA 2014 PASA POR TUI

A Volta Ciclista a España 2014 en Tui

O pasado Venres día 12 de Setembro, os/as nenos/as do Ceip Nº2 de Tui disfrutamos da antepenúltima etapa da Edición 2014 da Volta a Ciclista a España. Preparámos pancartas para animar aos nosos ciclistas favoritos e disfrutamos moito ao velos pasar a carón do colexio. Case todos animamos a Alberto Contador, que finalmente se convertiría no gañador de esta edición na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela o pasado Domingo 14 de Setembro.

Se queredes saber máis sobre a volta: www.lavuelta.com

 

 
   

 

 

Distribuir contido