Promocións
|
|
|
|
Xornada de Xogos Populares
Educación Primaria.
Luns 4 de outubro 2024.
O alumnado de primaria vivíu hoxe, unha estupenda xornada de xogos de antes, ensinados polos profes-alumnos de sexto, que con ilusión e agarimo fixeron posible que os mais cativos gozaran dunha xornada de xogos de antes para nenos e nenas de agora: O risco, a carreira de sacos, a billarda, a goma, foron moitos dos xogos que poideron practicar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promocións Deportivas
Xornada de Judo
Como todos os anos dende o equipo de deporte no 2 comezamos coas promocións deportivas onde diferentes clubes tudenses veñen a mostrar ao alumnado un anaco do seu deporte. Hoxe 12 de setembro de 2024 comezamos coa xornada de Judo, con Rubén un ano máis que ven do club tudense de Judo.
Animádevos a practicar Judo. Atoparedes máis información aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar
Xoves 20 de xuño de 2024.
O pasado xoves día 20 de xuño de 2024 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.
Unha xornada onde o alumnado coñeceu patrimonio, experimentou sensacións e investigou sobre o Camiño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tui en Ruta 24.
O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui, organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.
Dita actividade estivo destinada os/as 60 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.
A actividade tivo lugar o martes 18 e mércores 19 de xuño de 2024.
As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:
1ª Xornada: O día 18 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos visita de David Fernández, que nos falou das diferentes modalidades de ciclismo, un referente a no mundo do ciclismo a nivel mundial, finalizamos cunha ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei onde tivemos contacto coa pesca grazas á familia de Pedro Medina.
2ª Xornada: O día 19 de Xuño levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.
Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense e as distintas entidades que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aloiada 24
O C.E.I.P. Nº2, C.E.I.P. Nº1, C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei, C.E.I.P. de Caldelas e o CPR Hnos Maristas de Tui en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.
Dita actividade estivo destinada os/as 120 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.
En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 14 e o venres 15 de Xuño de 2024.
As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:
1ª Xornada: O día 14 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.
2ª Xornada: O día 15 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.
Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º gozamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Promoción de Piragüismo para o alumnado de 4º
Hoxe xoves día 13 de xuño de 2024 o alumnado de 4⁰ de primaria tivo unha xornada de piragüismo no Club kayak Tudense.
Somos afortunados de telo tan preto e de que o Club nos ofrecezca esta experiencia inolvidable, xa que a maioría puido disfrutar deste deporte por primera vez.
Piraguas, auga e a remar !
Pasárono en grande, moitas grazas @clubkayaktudense
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas Multideportivas.
C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.P ALTAMIRA.
14-05-24
O pasado martes día 14 de maio de 2024 tivo lugar no pavillón do CEP Altamira de Salceda, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 3ºB e 5ºB do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Salceda. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ruta en Patinete 4º.
Mércores 12 de xuño de 2024
O pasado mércores 12 de xuño de 2024, levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe durante a actividade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IX Edición Triatlón Tui-Porriño.
8-xuño-2024 17:00h.
O Equipo de voluntarios de Deporte no 2, participou un ano máis, na recollida da transición da IX edición do Triatlón Tui-Porriño. A zona de paso da proba de natación á proba de bicicleta,tivo lugar nas instalacións da Marina de Tui, lugar onde o nos equipo de voluntarios colaborou na recollida co Concello de Tui. Participar é importante colaborar é imprescindible, valores que van máis alá do deporte.
Grazas a todo o equipo e as súas familias por facer posibles momentos coma este.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada de Loita Escolar.
C.E.I.P Nº2, C.E.I.P N°1, C.E.I.P Randufe, C.E.I.P Guillarei, C.E.I.P Rebordáns de Tui e C.E.I.P Sobrada de Tomiño.
Hoxe venres día 22 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada de loita escolar na que participarón o alumnado de 4° de Educación Primaria do noso centro. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas!.
Preme na seguinte imaxe para ver os resultados e o video da proba.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas Multideportivas.
C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.I.P Goián de Tomiño.
14-03-24
O pasado xoves día 14 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 3ºA e 5ºA do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas Multideportivas.
C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.I.P Sobrada de Tomiño.
05-03-24
O pasado martes día 05 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 4ºA e 6ºB do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Milla
Febreiro 2024
ODS 8 e 9
Biodiversidade
O Piñeiro en Galicia.
Durante o mes de febreiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.
O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de febreiro coñecemos o ODS 8: Traballo decente e crecemento económico e o ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura.
Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. As madeiras son recollidas de restos de podas ou caidas.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer a influencia do piñeiro no Baixo Miño. O piñeiro foi usado para repoboar os montes de Galicia a comezos do S.XX, dando lugar ao nacemento dunha cadea industrial de aserradeiros e empresas madeireiras con traballo decente e favorecendo o crecemento económico daquela época tal como promoven o ODS 8. Na actualiade a industria, innovación e infraestructuras fan dos piñeiros un gran recurso en aproveitamento da resina,así como excelentes coutos micolóxicos, etc...tal como busca promover o ODS 9
Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de marzo, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación en Primeiros auxilios, para familias, docentes e población en xeral.
Onte martes día 30 de xaneiro de 2024 tivo lugar no CEIP N°2 de Tui unha Formación en Primeiros auxilios, para familias, docentes e población en xeral. Agradecer a boa disposición e profesionalidade do Doutor Elogio Eladio Pardo Lorenzo, a enfermeira Dna Mª Trinidad Ramos González y Protección Civil de Tui. Unha xornada onde nos formamos para a vida.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Milla
Febreiro 2024
ODS 6 e 7
Biodiversidade
A Sobreira en Galicia.
Durante o mes de xaneiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.
Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes.
O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de xaneiro coñecemos o ODS 6: Auga Limpa e o ODS 7: Enrxía Asequible e non contaminante.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer a sobreira no Baixo Miño. A sobreira atópase polos vales fluviais, no val dos Ríos de Tui e do norte de Portugal. A súa cortiza utílízase para facer corchos pra as botellas de auga e tapóns de todo tipo. Tamén se utiliza na elaboración das colmeas tradicionais ou cortizos. Na actualidade tamén se usa na elaboración de bolsos, carteiras, cinturóns, etc...
Hoxe en día a cortiza é un material moi interesante na construcción para o aillamento das vivendas evitando usar enerxías para quentar ou enfriar as casas. Como podedes comprobar a Sobreira seu aproveitamento identifícase moito co ODS 6 Auga Limpa e saneamento e o ODS 7 Enerxía asequible e non contaminante.
Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de febreiro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.
|
|
|
|
|
|